O Edificio

Orixinalmente destinado a vivenda (1762), é unha construción de estilo predominantemente neoclásico. Trátase dun dos edificios máis representativos do barrio da Magdalena. Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación. 


En 1985 foi rehabilitado e restaurado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol: o "Ateneo Ferrolán".

O Ateneo Ferrolán disporá sen límite de tempo do edificio municipal do século XVIII que ocupa dende hai máis de 30 anos na ráu Magdalena 202.204

O Concello de Ferrol aprobou por unanimidade ceder en precario de forma indefinida ao Ateneo Ferrolán o edificio que ocupa de fai anos: un inmoble do século XVIII pertencente ao Concello e procedente do Legado Carbaja.

 No 2010 comeza unha nova rehabilitación do emblemático edificio, que dende o ano 2002 xa fora aprobada polo pleno municipal do Concello de Ferrol, acuciada polos problemas de espazo para almacenar os fondos patrimoniais do Ateneo Ferrolán e polo deterioro do inmoble polo paso dos anos.  

 




Máis fotografías no noso Facebook








Related Posts with Thumbnails