Comunicado da Xunta Directiva

O xoves, 17 de xaneiro de este ano 2008, un incendio intencionado (que se atopa baixo investigación policial), queimaba a porta de acceso ó Ateneo Ferrolán.
Pódense ver as fotos AQUÍ.

Desde ese mesmo día, o Concello de Ferrol (entidade propietaria do edificio) mostrou interés por arranxar os desperfectos; como aparece reflexado nesta nova da Voz de Galicia do 19 de xaneiro.
[....compromiso del gobierno municipal con el Ateneo y adelantó que los técnicos del Concello trabajarán «de xeito inmediato» para reparar los desperfectos que causaron las llamas. Con ese fin, ya el propio día del incidente, el concejal de Rehabilitación, Miguel Reimúndez se trasladó al Ateneo para conocer de primera mano el alcance de lo sucedido y analizar las acciones a acometer por parte del Ayuntamiento....]
Ainda que non saise na nova, a concelleira Beatriz Sestayo tamén pasou polas dependencias para ver in situ o acontecido. [www.lavozdegalicia.es]

O sábado pasado, 26 de Xaneiro, como consecuencia dos desperfectos, o Ateneo sufriu outro incendio froito dun cortocircuito, provocado polas luces queimadas que iluminaban ate o día 17 a entrada a esta entidade cultural.
O Presidente deste Ateneo leva case quince días insistindo para que o Concello arranxe a entrada, e ata o momento non se realizou.

O Ateneo Ferrolán é unha entidade cultural sen animo de lucro con 129 anos de historia, e durante os últimos trinta anos un referente socio-cultural da Comarca, "Un lugar de encontro para a Cultura" é o lema desta entidade.

O Ateneo Ferrolán desenvolve durante todo o ano actividades como:

E todo o que reflexa a súa Memoria de actividades.
É un lugar de encontro para moitas asociacións culturais, politicas e veciñais que atopan no Ateneo ese sitio onde facer moitas das suas actividades.

Baixo o noso punto de vista, O Ateneo, ten dúas cousas que o fan ainda máis valioso: Por unha banda, manter o posto de traballo de tres mulleres desde fai 25 anos e por outra ter no seu Patrimonio a única Hemeroteca da Comarca de Ferrolterra, que conta con exemplares editados en Ferrol no século XIX e principios do XX como Faro de Ferrol, El Eco Ferrolano, La Lucha, El Radical, La Democracia ou Diario Ferrolano dos que o Ateneo conserva os únicos exemplares.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán demanda do Concello de Ferrol que :
  1. Se arranxe de inmediato a entrada ó público. Pois nas condicións nas que se atopa, e logo do sucedido o sábado 26, periga tanto a vida das persoas, como a Hemeroteca-Bliblioteca, o Patrimonio da entidade e os edificios 202 e 204 da Rúa Magdalena.
  2. Se acometan as obras de REHABILITACIÓN tal e como esta contemplado no acordo de inversións (21 millóns de euros) que en Xullo do 2002 suscribiron o Goberno Local e a Xunta para a Rehabilitación do Barrio da Magdalena e Ferrol Vello.
  3. Se respete e se valore a unha Entidade Cultural con mais de 129 anos facendo Cultura con e para o noso pobo.
A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Ferrol, 29de Xaneiro do 2008

REHABILITACION DA SUA SEDE, XA !!!!


O Ateneo Ferrolán organiza un maratón de lectura

Como todos os anos, con motivo do DÍA DA PAZ, o próximo día 30 de xaneiro, convocamosvos a un Maratón de Lectura, este ano será a partir das 18:00hs. no Ateneo.
A convocatoria é aberta e de lectura libre de textos, poesía, teatro, escenificacións, .... só tedes que anotarvos na secretaría do Ateneo Ferrolán.

Animádevos!

Revista “ATENEA” nº30


Xa está na rúa o número 30 da nosa publicación, a revista “ATENEA”.

SUMARIO “ATENEA nº30”

EDITORIAL

SERVIZOS

  • Biblioteca-Hemeroteca
  • Breves historias da nosa BibliotecaHemeroteca (3)
XENTES
  • Xosé María Álvarez Blázquez: Día das letras galegas 2008
  • Xosé Fontenla Leal: “Fillo predilecto de Ferrol”
FALAMOS DE...
  • 150 Anos da concesión do título de Cidade á Vila de Ferrol
  • A Choiva do mundo” de J.M. Pacho Blanco. Premio Torrente Ballester
  • Pintar en Ferrol Vello
BREVES
  • Revista Retranca
  • A nosa lingua
  • REDestreas
OUTRAS ENTIDADES
  • Ciclo de conferencias ALGA de Antropoloxía Aplicada
PROGRAMACIÓN
  • Xaneiro, febreiro e marzo de 2008
TEATRO
  • VI Certame de teatro infantil e xuvenil "ATENEA 2008"
ARTIGOS
  • "Ateneo Ferrolán: A súa historia"
  • "O Ateneo Ferrolán e o espiritu do 'Legado Carvajal'" por Pilar Blanco Vidal
  • "A igrexa de San Martiño de Xuvia no 1776" por Fernando Dopico
  • "De puntillas polo Franquismo" por P. Veiga
  • Libro: "Contra Franco, testimonios y reflexiones" por VV.AA.
MULLER
  • Día Internacional contra a violencia de xénero
O PARNASO
  • Angel Ruíz de Velasco

"El Crimen de Cuenca" de Pilar Miró

Dentro do Ciclo "Censura e cine español", este martes 29 de Xaneiro às 19:30hs. proxectarase no Ateneo Ferrolán.

“EL CRIMEN DE CUENCA” de Pilar Miró (1979)

Intérpretes: Amparo Soler Leal, Héctor Alterio, Fernando Rey, Daniel Dicenta, José Manuel Cervino, Mary Carrillo, Assumpta Serna.
Duración: 92 min.
Sinopse: En 1913, Gregorio Valero Contreras e León Sánchez Gascón, amigos e veciños de Osa de La Vega (Cuenca) son detidos como autores da morte de José María Grimaldos López, pastor de oficio e compañeiro dos anteriores. O pobo acúsaos, incluso a muller de Gregorio reúne probas contra eles. Os dous homes confesan o crime logo de ser sometidos a torturas. Son xulgados en 1918 na Audiencia Provincial de Cuenca que, tras modificar a petición de pena capital, os condena a dezaoito anos de cárcere...

Entrada Gratuita

Comunicado da Xunta Directiva

Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán logo de condenar o atentado e case que superada a impresión e o medo pasado, queremos expresar o noso agradecemento (ante o acontecido o pasado xoves día 17 de xaneiro, o incendio na entrada deste Ateneo aínda sen aclarar), en primeiro lugar ao Corpo de Bombeiros pola súa rápida intervención e aos servizos de emerxencia (061, 092), aos diferentes colectivos, entidades culturais, ateneos de España e internacionais e ás diferentes persoas que nos mostraron o seu apoio e solidaridade.

Estamos á espera de que se acondicione por parte do Concello a entrada deste emblemático edificio do século XVIII patrimonio da cidade de Ferrol, ou tal e como apuntaba La Voz de Galicia do pasado 19.01.08, á espera da EXECUCIÓN DESAS OBRAS DE RESTAURACIÓN APROBADAS NO ANO 2002 deste edificio 202-204 na súa totalidade para albergar esta entidade con máis de cen anos de antigüidade (Fundada en 1879). Que, non podemos esquecer, conserva dentro do seu patrimonio a ÚNICA hemeroteca de Ferrol e da súa comarca.

Pendentes destas resolucións reiteramos o noso máis profundo agradecemento.
Ferrol a 24 de xaneiro de 2008.


A Xunta Directiva do ATENEO FERROLÁN

Exposición de Gravados no Ateneo Ferrolán


Nas instalacións do Ateneo, estarán expostos diversos gravados de Esperanza Campos, do 10 ao 30 de Xaneiro.

VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil ATENEA 2008


BASES:

As entidades Ateneo Ferrolán e Caixa Nova convocan o VI CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA” 2008, dirixido a Centros de Ensino, Entidades ou Sociedades Culturais que teñan sección infantil ou xuvenil de actividades, coa fin de promover entre eses primeiros segmentos da nosa cidadanía o interese, afección e amor ás letras e á representación escénica.

PARTICIPANTES
Poderán participar e optar ós premios que se establecen tódolos grupos teatrais, non profesionais, vencellados a Colexios Públicos e Privados, a Sociedades Culturais ou Veciñais, que se correspondan coas categorías que se establecen nestas bases.

CATEGORÍAS
Establécensecatro categorías para a participación neste Certame:

  • a) Grupos de Teatro Infantil
  • b) Grupos de Teatro Primaria
  • c) Grupos de Teatro Xuvenil
  • d) Educación Especial
A idade límite para participar como actor ou actriz será de 20 anos, salvo nos casos excepcionais que serán valorados polo xurado.

CONDICIÓNS BÁSICAS
  • a) Cada grupo participante só poderá presentar ao certame unha obra.
  • b) A duración da representación de cada obra estará entre 20 e 75 minutos.
  • c) Haberá unha distinción especial para aqueles grupos que presenten unha obra inédita.
PLICAS
Tódolos grupos que queiran participar deberán envia-las súas solicitudes ao Ateneo Ferrolán:
  • Enderezo: Rúa Magdalena, 202-204, 1º. Aptdo. 303. CP 15402 – Ferrol.
  • Apdo. Correos: 303 Ferrol
  • E_mail: a_ferrol@teleline.es
Nas solicitudes farán constar os seguintes datos: nome do colexio ou entidade e persoa responsable cos datos correspondentes ao grupo presentado (nome do grupo, nome da obra, número de actores e idades, duración da obra e espazo necesario).

PRAZO
O prazo de presentación para a participación no Certame remata o 22 de febreiro de 2008. Co gallo de facilita-la asistencia e traballo do xurado, xunto coa solicitude deberá achegarse unha copia do texto da obra. Os grupos, optativamente poderán presentar unha gravación da obra en formato DVD.

REALIZACIÓN
A representación das obras, na súa primeira fase, terá lugar nos meses de marzo, abril e maio do 2008, dentro dun programa que estará en función do número de participantes. O xurado fará unha selección de DOUS grupos nas categorías A, B e C, así como na categoría D haberá un só grupo seleccionado. O xurado valorará en cada representación os seguintes apartados:
  • a) Mellor posta en escena
  • b) Mellor representación
XURADO
O Xurado será nomeado, de mutuo acordo, entre o Ateneo Ferrolán e Caixa Nova.

PREMIOS
Dos grupos finalistas, como parte do premio, poderán ser seleccionados para unha representación o día da entrega de premios nun lugar a determinar pola organización. Tamén recibirán unha cantidade en metálico, igual para todos polo importe de douscentos cincuenta euros (250Є) que deberán ser destinados á adquisición de materiais para a formación e promoción das artes escénicas.

ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación a este concurso supón a plena aceptación destas bases. Tódolos imprevistos non contemplados nelas, serán resoltos polo xurado sen ningún tipo de apelación.

Concentración polo dereito ao aborto

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto.
Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:

  • VIGO diante do MARCO
  • CORUÑA no Obelisco
  • COMPOSTELA no Toural
  • FERROL diante do Edificio da Xunta
  • PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo
A Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres, reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.

ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!

Martes de Cine, Ciclo "Censura e cine español"

Dentro do Ciclo "Censura e cine español", este martes 22 de Xaneiro proxectarase no Ateneo Ferrolán.

DIARIO DE UNA CAMARERA de Luis Buñuel (1964)
Intérpretes: Jeanne Moreau, Michel Piccoli, Georges Géret, Françoise Lugagne, Daniel Ivertiel, Jean Ozenne, Gilberte Géniat.
Duración: 97 min.
Sinopse: Historia dunha doncela que entra a traballar para unha familia da aristocracia.

Queiman a porta de entrada do Ateneo Ferrolán


Arredor das 13:25 horas do día 17 de xaneiro de 2008, un fume denso que sae da porta de entrada, alerta á traballadora do Ateneo Ferrolán que ao abrir a porta ve como está ardendo a entrada.

Entrevista de Rádio FilispiM á trabalhadora do Ateneo Ferrolán

Descarga a entrevista en OGG ou MP3



Audio publicado en Más Voces : www.masvoces.org

Cultura e sociedade nun mundo global

O Ciclo de ConferenciasCultura e sociedade nun mundo global” estará en tres ocasións no Ateneo Ferrolán, esta é a primeira.

Dia: Xoves 17 de Xaneiro ás 18:00hs.
Lugar:
Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.
Organiza: ALGA (Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada)
Tema: “Sistemas Sexo/Xénero 'matriarcais' ”:
- Os Bijagós (Guinea Bissau)
- Os Zapotecas (México).
Imparte: Águeda Gómez Suárez (Socióloga naUniversidade de Vigo e membro de ALGA)
Presenta: Rosario Alabau Albors (Concelleira da Muller-Concello de Ferrol)

Zapotecas e Bijagós son dúas sociedades nas que as relacións, roles e identidades de xénero rompen cos estereotipos que dende Occidente debuxamos das chamadas “sociedades en vías de desenvolvemento”, articulando pautas de sexualidade e relacións de poder que permitiron a algúns antropólogos e sociólogos plantexarse a existencia do matriarcado nas mesmas. Nun mundo no que impoñemos unha visión etnocéntrica e monolítica do modelo de igualdade de xénero, Zapotecas e Bijagós permiten repensar a igualdade dende paradigmas respectuosos coa diversidade cultural.

Xá existe unha entrada na Wikipedia do Ateneo

O Ateneo Ferrolán non podia estar mais tempo sen unha entrada na Wikipedia, a enciclopedia libre en internet, se queres modificar ou ampliar a información, visita o apartado en: gl.wikipedia.org/wiki/Ateneo_Ferrolán

A Galipedia é a versión en galego da Wikipedia. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios e voluntarias, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír.

“EL VERDUGO” de Luis García Berlanga

O Ciclo "A Censura e o cine español", proxectará o Martes 15 de Xaneiro às 19:00hs.

EL VERDUGO” de Luis García Berlanga (1963)

Intérpretes: José Isbert, Nino Manfredi, Emma Penella, José Luis López Vázquez, Ángel Álvarez, María Luisa Ponte, María Isbert, Julia Caba Alba.
Duración: 87 min.
Sinopse: Jose Luis empregado nunha funeraria está a pensar en emigrar a Alemaña para converterse nun bo mecánico. Namorado de Carmen, filla de Amadeo, un administrador de xustiza, que parece ter solucións para todo, será sorprendido con ela na intimidade, polo que se vén obrigados a casar. Ante a afogante falta de medios económicos e a necesidade de buscar un piso, Amadeo convence a Jose Luis para que solicite a praza de vacante que quedará libre trala súa xubilación.

Entrada Gratuita

En xaneiro, Ciclo de Cine “A CENSURA E O CINE ESPAÑOL”

As proxeccións terán lugar todos os MARTES ás 19hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

8 de xaneiro: “SURCOS” de José Antonio Nieves Conde (1951)

Intérpretes:
Luis Peña, Maruja Asquerino, Francisco Arenzana, Marisa De Leza, Félix Dafauce, Francisco Bernal, Félix Briones, Rafael Calvo Revilla, Montserrat Carulla, Chano Conde, Ramón Elías, Casimiro Hurtado, Pilar Sirvent, Marujita Díaz

Duración: 89min.

Sinopse:
A familia Pérez trasladase dende o campo a Madrid coa esperanza de mellorar a súa vida. Sen embargo, a cidade tampouco lles ofrecerá unha vida máis fácil. Manuel, o pai, atopará traballo nunha fundición. Pepe, o maior dos fillos, dedicarase a turbios asuntos relacionados co estraperlo. Manolo o menor atopará traballo como chico dos recados e a Tonia, a irmán, lle buscarán traballo de asistenta.

IV Exposición Colectiva de Artes plásticas en pequeno formato

Do 14 de decembro de 2007 ao 15 de xaneiro de 2008

Inauguración:
  • Venres 14 de xaneiro ás 20hs.
Horario de visitas:
  • De luns a venres de 11hs. a 13:30 e de 17hs. a 21hs.
  • Sábados de 10:30hs. a 13:30hs.
Coa vocación de continuidade coa que comezamos no ano 2004 esta mostra de artes plásticas en Pequeno Formato para os socios e socias deste Ateneo Ferrolán, e dada a resposta de participación, é o desexo de tod@s, conseguir perpetuala de forma institucional.

No nome da Xunta Directiva, a visitantes e expositores, o noso agradecemento.

PARTICIPANTES ANO 2007-2008
TERESA ALONSO
ANXO ALVAREZ
MERCEDES ÁLVAREZ
CAROLINA FERNÁNDEZ
JUAN GALDO
PACO OTI
LUÍS RAPELA
RICARDO RILO
MERCEDES ROMERO
FERNANDO SÁNCHEZ CHAPELA
GUADALUPE SILVA
SPELA TROBEC

IV Sesión Vermú no Ateneo Ferrolán

O Colectivo Opaíí! organiza para este SÁBADO 5 de Xaneiro de 2008, a partir das 12:00 do mediodía, no Ateneo Ferrolán, a 'IV Sesión Vermú'.

Nesta ocasión contaremos coas actuacións en directo dos artistas ferroláns:



Haberá petiscos de balde pra @s asistentes e pra acompañalos, un estupendo vermú.
A 'IV Sesión Vermú' terá formato radifónico, sendo retransmitida en directo pola radio libre e comunitaria, Radio FilispiM, 93.9 FM.

A entrada será libre e gratuita, e alí estaremos até que o corpo aguante (ou se remate o vermú).

Related Posts with Thumbnails