A Nosa Terra cumple 100 anos.


A publicación A Nosa Terra celebra os seus 100 primeiros anos de vida coa edición dun libro e a realización de tres exposición coas que tentarán resumir este centenario de actividade.

O libro que editarán, que levará o nome Crónica da vida galega, realizará un percorrido pola historia das cabeceiras do xornal, que a día de hoxe conta cunha tirada de 30.000 exemplares.

A exposición Cen anos de xornalismo nacionalista percorrerá dende o mes de agosto as principais vilas e cidades de Galicia. Ensinaralles aos visitantes o papel que exercen as figuras intelectuais sobre os lectores ao publicar os seus escritos no xornal.
A segunda exposición, As capas que fixeron historia en A Nosa Terra pretende perfilar un retrato de Galicia a través das portadas máis significativas.
A última das exposicións, Historia de Galiza pretende ser "didáctica e pedagóxica" e así conseguir que as xeracións máis novas se impliquen neste proxecto.

O xornal foi recentemente galardoado coa Medalla Castelao.

A Nosa Terra renaceu en 1907 cun claro compromiso coa cultura e o idioma galego. Nestes 100 anos de vida publicou case 800 exemplares que teñen como obxectivo a defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas.

"A Nosa Terra" na Biblioteca - Hemeroteca do Ateneo Ferrolán

Sempre son agradables as celebracións, pero o é máis, cando é dun xornal, tendo en conta o que hoxe en día se le.

A Nosa Terra cumpriu 100 anos. Hoxe en día é estraño que algo dure tanto, que un xornal, aínda que non sexa diario, perviva 100 anos por iso debemos alegrarnos.

Desde a Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán facemos o posible para que a prensa mantéñase viva, e facémolo gardando e coidando para todos os cidadáns eses exemplares, que doutro xeito ou noutros sitios refúganse.

Por iso estamos orgullosos que na nosa Biblioteca-Hemeroteca gárdense todos os exemplares da Nosa Terra, 100 anos de historia, desde o nº 1 ata o máis recente; e seguiremos conservando todos os que se publiquen.

Deste xeito na nosa Biblioteca - Hemeroteca todos os cidadáns poden achegarse a unha publicación, xa histórica, e que forma parte da nosa extensa HEMEROTECA de máis de 400 cabeceiras de prensa, única na cidade e na comarca e aberta a todos

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails