Naturezas ambientais no Ateneo

“Naturezas ambientais”

  • Exposición de pinturas de Gustavo Sequeiro
  • Instalación Sonora de Sergio 74
Do 2 ao 14 de maio no Ateneo Ferrolán.

Inauguración o venres día 2 de maio ás 20:00 horas.

XLVII Aniversario Bahía de Cochinos


A primeira derrota do imperialismo ianqui en América Latina.

Falarán:

  • ALEJANDRO FUENTES
    Cónsul Xeral da República de Cuba

  • CARLOS ANXO PORTOMEÑE
    Secretario Xeral PCG
Mércores 30 ABRIL
No Ateneo Ferrolán, ás 20:30 horas

Fotos da I Sesión Vermú "Abril Solidario" no Ateneo Ferrolán.



Xá están listas as primeiras fotos da I Sesión Vermú do Ateneo Ferrolán, se tes fotos ou videos do que alí aconteceu, envia todo a este mail: ateneoferrolan[arrob]gmail.com

Se queres ver as fotos mais grandes, pincha AQUÍ

Revista Atenea nº31

EDITORIAL

SERVIZOS

  • Hemeroteca-Biblioteca
  • Historias da nosa Biblioteca-Hemeroteca (4)
OUTRAS ENTIDADES
  • Letras galegas 2009. "Artábria Fundaçom" sigue pulando por Carvalho Calero.
XENTES
  • Centenario da Morte de Curros Enríquez.
FALAMOS DE...
  • O "Juan Carlos I" Un buque espectacular.
  • 30 de Xaneiro "Día da Paz". Maratón de lectura no Ateneo Ferrolán.
  • Galicia non se vende.
  • "A Nosa Terra" ven de cumplir cen anos.
PROGRAMACIÓN
  • Abril-Maio-Xuño.
  • Literatura e Cine.
CONVOCATORIAS
  • Certame fotográfico "Medio Ambiente" 2008.
BREVES
  • Manifesto "Día Mundial do Teatro" 27 de Marzo.
  • Faleceu Carmelo Teixeiro
  • "Polo dereito de vivirmos en galego". Manifesto 18 de Maio de 2008.
  • Rehabilitación do Ateneo Xa!.
LEMBRANZAS DE...
  • Ricardo Pena
  • O parnaso
  • Curros Enríquez

Conferencia: Cultura e Sociedade nun mundo global

A Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada ALGA, presentará o 25 de Abril, ás 20:00hs., no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán a conferencia a cargo de Luís M.J. Cunha (universidade de Minho) con o títilo "O 25 de Abril e a revolución dos cravos na conciencia das novas xeracións portuguesas", esta conferencia está dentro do ciclo "Cultura e Sociedade nun mundo global".

Sesión Vermú e Solidaridade no Ateneo Ferrolán

Podes baixar o audio desde AQUÍ
Abril solidario co Ateneo Ferrolán

REXURDIREMOS!!

Ca vosa colaboración o Sábado 26 de Abril, ás 12 da maña!!

Sesión Vermú
Pinchos e vermú para todos e todas.

Música en directo

  • Fefi, cantautor.
  • Óscar Fernández Sanjurjo, zanfona.
  • apúntate e ven co teu instrumento...
ás 2 da tarde, entregarase o premio da RIFA SOLIDARIA.

Estades convidad@s!!!!
Coa colaboración desinteresada dos músicos e do Colectivo OPAII que realizará a emisión dun programa especial de radio EN DIERCTO no 93.9 da FM

3º Hack Meeting [GNU/Linux]

Estes Sábado 26 e Domingo 27 de Abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria.

Sábado 26
Mañá

  • 11:00hs. - Presentación das Xornadas. "Que é o Software Libre?"
  • 11:15hs. - Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
    Como empezar con GNU/Linux, vantexes e dificultades....
  • 12:00hs. - INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartindoo ou non con Windows.
    Se queres instalar GNU/Linux no teu computador podes traelo e axudámoste a poñelo a punto para que te inicies neste sistema operativo... Trae tamén cable de rede ou conexión wifi e os cables e enchufes necesarios para poñer todo a funcionar...
Tarde
  • 16:30hs. - Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus...
    Fai deseño gráfico e retoque fotográfico libremente e con programas libres!!!. O Gimp é un gran programa para tratamento de imaxes e debuxo, o Inkscape para facer gráficos vectoriais e o Scribus para maquetar con gran calidade todo tipo de publicacións, carteis, e o que queiras!!
  • 19:00hs. - Ferramentas libres para streaming de audio e video.
    Tamén con programas libres podes facer que a túa voz se escoite e montarte unha emisora de redio por internet. Os teus berros e imaxes chegarán moi lonxe...
Domingo 27
Mañá
  • 11:00hs. - LTSP: Reciclaxe de computadores como terminais lixeiras en GNU/Linux.
    Tes un computador vello? Non o tires. Con GNU/Linux e o servidor de terminais lixeiras LTSP podes poñelo a funcionar coma se fose novo. Tan rápido coma un raio. Que non o cres? Pois ven a velo!!!
  • 12:00hs. - A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo.
    Eres desas persoas as que lles gusta fozar en canta máquina encontra. Es un ou unha manitas? Pois esta é a túa oportunidade.
Tarde
  • 16:30hs. - Edición de video con Cinelerra e proxección de video GNU/Linux.
    Un dos mellores programas para montar vídeos con todo tipo de posibilidades e efectos. E con calidade profesional!!!
Ven co teu computador!!!!

Organiza:
Unión Libertaria
Colaboran: Ateneo Ferrolán, Kalimera, Hacktreu e Olholivre.

Máis info: http://linuxferrol.org/hackmeeting_ferrol_08.jpg

Exposición Julia López Ameijeiras “JULY”

Exposición pinturas de Julia López Ameijeiras “JULY”
Do 18 ao 30 de abril na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán.

Inauguración o venres día 18 ás 20:30 horas.

Presentación da longametraxe "Pradolongo"



A presentación será o Venres 18 de Abril ás 18:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán asistirán o director do filme Ignacio Vilar e os seus tres protagonistas:

  • Rubén Riós (Libro de Familia)
  • Tamara Canosa (Mareas Vivas, Heroína, Días Azuis, Valderrei)
  • Roberto Porto
A presentación consistirá na proxección do trailer da película (4min) e un coloquio posterior no que se falará de como se roda unha película, da equipa que fai falla para levala a cabo, de como se fai o casting para encontrar os actores, ... e respostarán ás preguntas do público.



Mais Info.: www.pradolongo.net

Abril, mes dos libros no Ateneo

Mércores 16 de Abril ás 12 horas - Contacontos

Mª Xosé Doce e coa participación de alumn@s de secundaria do Colexio Jesús Maestro de Ferrol.
ACTO ABERTO
Interpretarán un conto da Colección Contos de Vicentiño, "O paxaro do río Miño" :

Contos de Vicentiño, paxaro do Río Miño
Nos tempos da marea negra do Prestige e da guerra de Iraq, un contacontos e un paiaso con tres nomes, cunha carauta de papel reciclado coa imaxe dun paxaro que chamaron Vicentiño, partiron a mais dun cento de escolas da Costa da Morte, de outros lugares da Galiza e do Norte de Portugal para cos seus contos parar as guerras e as mareas negras, estes son algún de eses contos.
“AS ÁRBORES DA PAZ”
Mais Info.: www.contossolidarios.org

Venres 18 de Abril ás 20 horas – Mesa Redonda

“O Libro ante as novas tecnoloxías”

Participan:
Elisa Montañés (Mestra) – Moderadora
Mako Valle (Libreira)
Spela Trobec (Ilustradora)
Miguel Toval (Editor)
ACTO ABERTO

Polo dereito a vivirmos en galego

O Ateneo Ferrolán declara o seu apoio ao Manifesto Polo Dereito a Vivirmos en Galego

As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, ás 12 da mañá na Alameda de Santiago de Compostela, declaramos:

  • 1) Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.
  • 2) Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.
  • 3) Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.
  • 4) Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.
Envía o teu apoio á Mesa pola Normalización Lingüística, Aptdo 247, 15700 – Santiago de Compostela, ou por correo electrónico a amesa@amesanl.org (antes do 14 de maio)

Exposición 75º aniversario. II República Española

Unha exposición itinerante do Ateneo Republicano de Galicia que se poderá visitar do 7 ao 21 de abril na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán (1ª planta)

A mostra está formada por un conxunto de 23 paneis con contidos documentais e pedagóxicos.

Cada panel integra a reprodución dun conxunto de documentos gráficos orixinais (fotos, imáxenes, deseños, prensa, artigos) e textos propios explicativos. Os paneis inclúen un deseño de lectura fácil e atractiva con definicións de identificación unitaria.

A temática é a seguinte:

  • 01. Tradición republicana en España: Iª República. Os republicanos na restauración.
  • 02. A tradición republicana en Galicia: Iª República. Os republicanos na restauración.
  • 03. Pacto Lestrove, pacto San Sebastián e rebelión de Jaca.
  • 04. A proclamación da IIª República: o 14 de abril de 1931.
  • 05. Galicia: A proclamación da IIª República.
  • 06. Os construtores da IIª República Española.
  • 07. Galicia: as forzas republicanas.
  • 08. O Bienio reformista.
  • 09. A Constitución republicana do 9 de decembro de 1931.
  • 10. Políticas da familia: infancia, muller, divorcio?
  • 11. Políticas sociais: seguros, traballo, hixiene?
  • 12. Políticas educativas: escola, universidade, pedagoxía?
  • 13. Políticas económicas: facenda, capital, moeda.
  • 14. Políticas territoriais: concellos, provincias, autonomías.
  • 15. Políticas culturais: patrimonio, creación, equipamentos?
  • 16. Políticas internacionais: Sociedade das Nacións, colonias, relacións?
  • 17. O Bienio de dereitas.
  • 18. A Fronte Popular de febreiro de 1936.
  • 19. Galicia: Historia da IIª República.
  • 20. Galicia: O Estatuto de Autonomía de 1936.

Todos aqueles Concellos, Institutos, Universidades, e demais institucións e asociacións que estean interesados en expor esta mostra podrán facelo de forma gratuíta. Deberán porse en contacto co Ateneo Republicano no teléfono 981 263 400 ou mediante correo electrónico a:
ateneorepublicanodegalicia@mundo-r.com

Xornadas sobre agrocombustibeis


Ferrol, 4, 11, 18 e 25 de abril de 2008.

Programa das Xornadas

  • 1ª xornada, 4 de abril
· 18hs. Miguel García Guerrero (Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Sevilla): As microalgas como fonte alternativa de biocombustibeis.
· 19hs. José Santamarta Flórez (director da revista World Watch).
· 20hs. Coloquio.
  • 2ª xornada, 11 de abril no ATENEO FERROLÁN
· 18hs. Lidia Senra Rodríguez (Sindicato Labrego Galego, coordinadora europea de Vía Campesina, labrega, ecoloxista e feminista). Os cultivos agroenerxéticos e a súa relación coa soberanía e a seguridade alimentaria.
· 19hs. Luis Costal Andrade, (Enxeñeiro agrónomo e Técnico da Dirección Xeral de Investigación agroforestal). O papel da agricultura galega na produción de biocarburantes.
· 20hs. Coloquio.
  • 3ª xornada, 18 de abril
· 18hs. Antonio Dorado, (Xefe da Área de Renovabeis do Instituto Enerxético de Galicia). Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovabeis no medio rural. Axudas.
· 18:45hs. Tom Kucharz (xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción): Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecimento Económico.
· 19:30hs. Alejandro Arizkun Cela (profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra): Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis.
· 20:15hs. Coloquio.
  • 4ª xornada, 25 de abril
· 18hs. Audiovisual 1.
· 19hs. Audiovisual 2.
· 20hs. Coloquio e ágape con produtos ecolóxicos.
Mais Información en:
Agrocombustibeisadebate.blogaliza.org

Pinturas de Tonia Vázquez

Exposición de pinturas de Tonia Vázquez, do 4 ao 16 de Abril na segunda planta do Ateneo Ferrolán

Related Posts with Thumbnails