Publicado por
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
o día
10.2.09
Ossobucco nace como consecuencia dun cúmulo de casualidades, sen premeditación, case sen querer en Madrid no verán de 2002 e é froito dun traballo que foise macerando co tempo. Nun principio desenvolvense nun formato puramente acústico, incidindo na esencia das propias cancións para posteriormente evolucionar cara un son máis eléctrico e electrónico conseguindo os contrastes que hoxe representan a base do seu son.
Ossobucco utiliza os directos para mostrar puntos concretos dun proceso que vaise transformando continuamente, facendo que cada concerto sexa moi distinto un doutro, esta circunstancia explica o espaciado das súas actuacións.
Ao longo deste tempo coñecen a Pablo Sbaraglia, músico e produtor arxentino colaborador habitual de artistas da talla de Andrés Calamaro, Andy Chango e actualmente membro da banda do Indio Solari. Participa nalgunha das actuacións de Ossobucco, comezando así unha relación profesional que frutificará na gravación e produción do presente traballo.
Este disco foi gravado en Bos Aires no verán de 2006 en tan so once días. A falta de tempo obrigoulles a pactar unhas regras de xogo que marcaron definitivamente o rumbo que adquiriría todo; reflexo de isto é que o disco está repleto de primeiras tomas que aportan frescura e determinación a unha obra que require escoitar para apreciala plenamente.
O concerto será o próximo XOVES día 12 de febreiro ás 20 h. no Salón de Actos
Colabora na autoxestión: Cajamar ES72-3058-6402-9527-2000-5350 Titular: Ateneo Ferrolán
ATENEO FERROLÁN
A sede do Ateneo Ferrolán, esta ubicada nun edificio histórico do século XVIII, enclavado no Barrio da Magdalena.
En 1986 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século XVIII (1762) trátase dun dos edificios máis representativos do Barrio da Magdalena.
Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación.
Magnificamente restaurado e habilitado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol e para o desenvolvemento das súas actividades culturais dentro do histórico Barrio da Magdalena.
0 comentarios :
Publicar un comentario