O Ateneo Ferrolán participa na semana do Audiovisual Galego dentro da programación de Cinemas Dixitais

A Semana do Audiovisual Galego naceu co obxectivo de complementar e consolidar os galardóns Mestre Mateo, os máis importantes do sector audiovisual e que concede a Academia Galega do Audiovisual, coa súa divulgación na sociedade galega a través do circuito de Cinemas Dixitais e e coa organización da propia Academia.

Coa axuda dos patrocinadores e colaboradores na iniciativa, prepárase un programa extenso de proxeccións dos traballos finalistas nun amplo número de localidades galegas. Esta Semana do Audiovisual Galego celébrase ao longo de toda a semana, do 20 ao 25 de abril, previa á gala da engrega de premios que terá lugar na cidade de Pontevedra, formando parte do 6º ciclo do programa de Cinemas Dixitais.




20 de ABRIL as 19 h. no ATENEO FERROLÁN

O PINTOR DE CEOS (2008)

Equipo técnico
  • Director/a: Jorge Morais Valle
  • Guión: Jorge Morais Valle
  • Productor/a: Jorge Morais Valle
  • Director/a de fotografía: Jorge Morais Valle
  • Director/a de arte: Jorge Morais Valle
  • Director/a -Xefe de produción: Jorge Morais Valle
  • Montaxe: Jorge Morais Valle
Outros datos
  • Formato: Curtametraxe
  • Xénero: Fantástico
  • Modalidade: Animación
  • Convocatoria: Curtametraxes
  • Formato gravación: Betacam
  • Duración: 25 min
  • Idioma gravación / Rodaxe: Galego
Descrición
O soño de transformar o ceo, consegue que esta historia fantástica, transmítanos o sentimento dun home marcado por un escuro pasado.
Deseñado cunha estética barroca estilizada e dando unha vital importancia a iluminación así coma ao deseño do conxunto, o universo do pintor de ceos transportaranos a unha Galicia salvaxe, un mundo pictórico, fantástico e asolado por monstruosos acantilados e agonizantes treboadas.
A curtametraxe mostrara a convivencia de dous galegos, o pintor e o seu compañeiro inseparable Amádeo, xuntos embarcaran o espectador nun dos acontecementos mais fermosos do mundo.

Argumento
O pintor de ceos conta o que lle aconteceu a un mariñeiro que un día perdeu a súa familia nunha noite de treboada, desolado polo pesar, reconstruíu a súa vida apoiado na pintura, co desexo de vingar a morte dos seus queridos. Ordenoulle aos magos e arquitectos da época que construiran unha casa coa cheminea máis máxica do mundo que lle permitía plasmar no ceo todo o que pintara.
Mais para este propósito non ía estar so, un homiño que vivía nun convento decidiu unirse o pintor e acompañalo ata o fin dos tempos.
Xuntos pasarán anos e anos naquela casiña, sen ningunha compañía máis cá das gaivotas que habitaban naqueles ameazantes acantilados.
Unha noite fortuíta, o pintor, nun arrebato desesperado encontra no seu diario algo que chama a súa atención e que lle indicará o camiño para conseguir o seu desexo e teñir o ceo brillantes cores, dando vida o fermoso arco da vella.

Localización Animación 3D


20 de ABRIL as 20 h. no ATENEO FERROLÁN

VIVIR A DESTEMPO (2008)

Equipo técnico
  • Director/a: Rita Romero García
  • Productor/a: Susana Maceiras Montero
  • Director/a de fotografía: Luis Longueira
  • Director/a -Xefe de produción: Susana Maceiras Montero
  • Montaxe: Rita Romero García
Produtoras
  • Adivina Producións
  • Televisión de Galicia
Outros datos
  • Formato: Longametraxe
  • Xénero: Sociedade
  • Modalidade: Documental
  • Convocatoria: Non subvencionado
  • Formato gravación: DV pro
  • Duración: 49 min
  • Idioma gravación / Rodaxe: Galego
  • Ano de produción: 2008
Argumento
Vivir a destempo” é un documental de 54 minutos de duración que ten como obxectivo plasmar a micro sociedade nocturna, aquela que existe, discreta e silenciosamente, namentres o resto da cidade descansa. A actividade desenvólvese nunca soa xornada laboral. A través de diferentes sectores, trazaremos unha radiografía urbana nocturna Un farmacéutico, un panadeiro, un basureiro, unha teleoperadora, un locutor de radio ou a rotativa dun xornal: actividades precisas non só para facer mais doada a noite, senón para poñer a punto un novo día.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails