APOIO e ADHESIÓN aos diferentes actos e mobilizacións polo "Dia das Letras Galegas"

O Ateneo Ferrolán por medio da súa Xunta Directiva, quere mostrar o seu APOIO e ADHESIÓN aos diferentes actos e mobilizacións que se están a desenvolver na nosa Comarca ao redor do Día das Nosas Letras e na defensa do Galego e a grande Mobilización Nacional de Compostela.

Como dicía Ramón Piñeiro, a quen se lle dedica este ano a Festa das Letras,...
"A lingua sangue do esprito, a lingua vén a ser a alma viva do pobo que a fala."

É por iso polo que imos participar e chamamos a que se participe, este Sábado, 16 de Maio, ás 12 do mediodía, en Ferrol, na Praza Rosalía de Castro, no Acto Aberto e Unitario que vai ter lugar, co obxectivo que nos une: a defensa do Galego, a lingua propia da Galiza e o domingo 17 de Maio, Día das Nosas Letras, tamén ás 12 do mediodía, vai ter lugar unha grande mobilización en Compostela.

Dúas Plataforma con múltiples apoios chaman á cidadanía a manifestarse nunha marcha que percorrerá as rúas de Compostela desde a Alameda, enchendo a cidade de cor e reivindicación do Galego como lingua nacional, como lingua con dereitos inalienábeis que imos defender.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails