A exposición fotográfica Latinoamérica portas abertas I do fotógrafo venezuelano Federico Fernández Ackerman no Ateneo de Ferrol do 2 ao 15 de novembro.
Organizado pola Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados co apoio de Confederación Intersindical Galega-Migración apreséntase no Ateneo Ferrolán a escolma fotográfica Latinoamérica portas abertas I do Premio Nacional de Fotografía en Venezuela en 1995 e un dos máis importantes fotógrafos de Latinoamérica, está exposición é un avanzo do próximo catálogo recopilatorio da obra do fotógrafo que coa axuda da Deputación da Coruña e o Departamento de Migración da CIG a Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados quere editar o vindeiro ano 2010 para acompañar a exposición itinerante por toda Galiza.
"Latinoamérica portas abertas I" do fotógrafo Federico Fernández Ackerman
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 30.10.09Etiquetas: Exposicións, Novas
Final da 19º Edición do Constantino Bellón
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.10.09Os días 8 e 9 de novembro de 2009 no Teatro Jofre de Ferrol realizarase finalmente o XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN", o certame que foi suspendido en agosto ante a retirada dalgúns dos apoios económicos que viña recibindo, finalmente celebrarase en novembro ao obter o apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Ferrol.
O día 8 poñeranse en escena as obras gañadoras de COMPOSICIÓN
O día 9 acollerase a FINAL dos GAITEIROS SOLISTAS.
Axuntamos ACTAS coa relación dos gañadores e finalistas para esta 19ª edición.
Acta de Composición.
Acta de Gaiteiros Solistas.
Etiquetas: Constantino Bellón, Novas
Estás convidad@ á VII Sesion Vermú no Ateneo Ferrolán, que organizan o Colectivo OPAII-RFM e o Ateneo Ferrolán para presentar a nova grella da tempada 2009-2010 de Rádio FilispiM.
Con a retransmision dun Programa Especial ao vivo e a colaboración-actuación do grupo da Terra de Trasancos BOJ.
Haberá pinchos e música de balde!!
O Sábado 31 de Outubro a partir das 12:00hs. no Ateno Ferrolán
Descargar o arquivo
Etiquetas: Novas, Sesión Vermú
Xornadas GNU/Linux no Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.10.09Mércores 28 de 17hs. a 21hs.: "Sen medos que é libre"
- O proxecto GNU e o kernel Linux: GNU/Linux.
- Software libre: filosofía e licenzas libres.
- A comunidade: grupos de usuarios e participación.
- Ventaxes e compatibilidade: en ocasións non todo funciona.
- Distribucións: a variedade está chea de posiblidades.
- Entendendo GNU/Linux: usuarios, grupos, permisos, sistema de ficheiros, carpetas...
- Escritorios: Gnome, Kde e moitos outros...
- Recursos en rede: Descarga, instalación e actualización.
- Trae o teu ordenador e un cable de rede e instala GNU/Linux compartindo espazo con windows ou mellor aínda, soamente GNU/Linux.
- Se non podes traelo, podes ver e aprender a instalalo.
- Instalación de aplicacións e repositorios.
- Libre ou non libre: codecs, drivers e engadidos.
- Aplicacións e equivalencias libres: ofimática, redes, gráficos, multimedia, xogos... e todo o que precises.
- Configuración de redes con e sen fios.
- Emuladores e máquinas virtuais.
Etiquetas: Xornadas
"Latitudes" na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 19.10.09Hugo Ariaslobo (Colombia), Óscar Cabana (A Coruña), Pacho Díaz- Selectos (Colombia), Lola España (A Coruña), Ramón Lugo (Colombia), María Pensos (A Coruña), Mely Secas (Ourense) son sete artistas que exhiben as súas obras na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán.
Inaugurada o pasado día 17 no Ateneo, recibiu o respaldo do numeroso público que asistiu á presentación destes artistas, pintores e escultores, na cidade.
Permanecerá na Sala do Ateneo até o 28 de outubro.
Etiquetas: Exposicións
Martes de Cine: Imaxes contra o esquecimento
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.10.096 OUTUBRO
• ESPAÑA ÚLTIMA ESPERANZA
- Director : Karin Helml, Hermann Pesecks
- Duración : 83 minutos
13 OUTUBRO
• MUERTE EN EL VALLE
- Director : Christina Hardt.
- Duración : 50 minutos
- Director : David Baute y Cirilo Leal
- Duración : 40 minutos
20 OUTUBRO
• LA MALA MUERTE
- Director : José Manuel Martín y Fidel Cordero
- Duración : 100 minutos
27 OUTUBRO
• LA COLUMNA DE LOS OCHO
- Director : Ángel Hernández García, Fernando Ramos, Francisco Freire
- Duración : 66 minutos
- Director : Katie Halper
- Duración : 58 minutos
3 NOVEMBRO
• PRESOS DEL SILENCIO
- Director : Mariano Agudo y Eduardo Montero
- Duración : 58 minutos
- España. 2005. 47 min. Color.
- Director : Carlos Ceacero y Guillermo Carnero Rosell
- Duración : 47 minutos
10 NOVEMBRO
• SANTA CRUZ ... POR EJEMPLO
- Director : Günter Schwaiger y Hermann Peseckas
- Duración : 65 minutos
17 NOVEMBRO
• LOS HEROES NUNCA MUEREN
- Director : Jan Arnold
- Duración : 87 minutos
19 NOVEMBRO [Xoves]
• AS MISIÓNS PEDAGÓXICAS (1931 – 1936)
Etiquetas: Proxeccións