Concerto acústico de Fito Mansilla e Marcos Mella

Concerto acústico de Fito Mansilla e Marcos Mella o sábado 6 de Febreiro às 20hs. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

Proxección do documental: A CIDADE DA SELVA



Mércores día 27 de xaneiro ás 19 horas.
Proxección do DOCUMENTAL: A CIDADE DA SELVA. Presenta Bernardo Maiz.

A cidade da selva era o nome dun refuxio para os guerrilleiros antifranquistas ubicado no Barco de Valdeorras. Este documental recolle, a través dos testemuños dos protagonistas, a historia da guerrilla e dos fuxidos en Galicia. A película abrangue desde os tempos da República até a morte do último guerrilleiro, no ano 1954.

Os seus nomes chegaron a ser case míticos. Apúñanselles tanto as maiores fazañas como as falcatruadas máis grandes. Deixaron unha fonda impresión na memoria popular que se mantivo durante anos asociada ao medo de falar deles. Son os guerrilleiros, personaxes históricos e seres míticos que agora van xurdindo en certo xeito do seu esquecemento. Agora, o documental "A cidade da selva" recupera esta memoria directamente da voz dos seus protagonistas.

Sinopse:
Detrás da figura dun guerrilleiro había biografías do máis dispar. Desde labregos que nalgún momento participaran nas loitas agrarias, mariñeiros vencellados ao daquela poderoso sindicalismo do sector, mestres perseguidos, obreiros comunistas e mesmo liberais partidarios da república a quen un día se lles deu o aviso de que a súa vida corría perigo. Coñecidos nun primeiro momento como "fuxidos", comezaron unha existencia clandestina e a miúdo solitaria na que o principal obxectivo era a supervivencia. Aos, poucos cristalizou coma noutros lugares do Estado, a formación dun movemento organizado cunha ampla rede información e de apoios que lle que permitiría sobrevivir á propia Guerra Civil. Foi en 1944 canso se creou o Corpo de Guerrillas de Castela e León, promovido polo PCE e con catro agrupacións organizadas. Canda a elas sobreviviron aínda outros fuxidos fóra da órbita comunista. A presión policial e militar, canda a decisión do PCE en 1949 de abandonar a estratexia guerrilleira foi afogando este colectivo. De calquera xeito foi en 1965 cando caeu o último destes fuxidos, o famoso "Piloto".



Revista ATENEA nº36


Xa están a rúa o número 36 de “ATENEA” a revista trimestral do ATENEO FERROLÁN

SUMARIO ATENEA  36


EDITORIAL

XENTES
  • FRANCISCO AYALA
FALAMOS DE ......
  • SERVIZOS ATENEO : QUERES EXPOÑER, QUERES ACTUAR. ESPAZOS LIBRES.
BREVES
  •  FAITE SOCI@
  • CALDERETA DE HONRA 2009
  • ACTA FINAL CONSTANTINO BELLON 2009
ARTIGOS
  • CRONICAS: “ENSINO PUBLICO NAS FAVELAS” (3) por CARLOS CASTRO PIÑÓN
  • LITERATURA por JOSÉ LUÍS FORNEIRO
PROGRAMACIÓN
  • PROGRAMACIÓN XANEIRO-FEBREIRO-MARZO 2010
  • MARTES DE CINE
ARTE
  • LUIS RAPELA
MULLER
  • 25 DE NOVEMBRO - CARTEL
O PARNASO
  • ALFONSO RODRIGUEZ
  • FERNANDO PESSOA
  • MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ
  • FERNANDO VILABOA

Ciclo de cine: "O cine arredor de foise co vento"


As proxeccións serán os MARTES ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán con entrada de balde. durantes os meses de Febreiro e Marzo de 2010.

Ciclo de cine: "O cine arredor de Foise co Vento"
Os 70 anos do mellor ano do cine: 1939



Adeus Mr. Chips (1939) – Martes 2 febreiro
  • Director: Sam Wood
  • Intérpretes: Robert Donat, Greer Garson, Terry Kilburn
  • Sinopse: No corazón de Inglaterra está enclavada a escola de Brookfield. A ela chega, a finais do século pasado, o novo profesor Mr. Chips. Nela transcorrerá toda a súa vida profesional como mestre de varias xeracións.
Cabaleiro sen espada (1939)Martes 9 febreiro
  • Director: Frank Capra
  • Intérpretes: James Stewart, Jean Arthur
  • Sinopse: Jefferson Smith, un home sinxelo dunha pequena cidade, é enviado como senador a Washington por un grupo de políticos que queren convertelo nunha marioneta ao servizo dos seus intereses. Smith iniciará unha batalla en solitario contra a corrupción e un grupo de senadores sen escrúpulos. James Stewart, nunha interpretación maxistral, Jean Arthur e Claude Rains protagonizan este clásico da historia do cine.

Ninotchka (1939) – Martes 23 febreiro
  • Director: Ernst Lubitsch
  • Intérpretes: Greta Garbo, Melvyn Douglas, Ina Claire
  • Sinopse: ¡Garbo fala! Anunciábase cando a estrela do cine mudo Greta Garbo debutou no cine sonoro. Nove anos e doce clásicos da pantalla despois, a talentosa lenda do celuloide estaba preparada para outro cambio. ¡Garbo ri! Anunciaba a publicidade da súa primeira comedia, un conto espumoso sobre unha austera enviada rusa que antepón a súa condición de muller ao seu patriotismo soviético, até que se namora dun amable e sofisticado parisiense (Melvyn Douglas).

Terra de audaces (1939) – Martes 2 marzo
  • Director: Henry King
  • Intérpretes: Tyrone Power, Henry Fonda, Nancy Kelly
  • Sinopse: Esta incrible narrativa recolle a historia do pistoleiro máis tristemente famoso do Oeste americano, Jesse James (Tyrone Power), e o seu irmán Frank (Henry Fonda), desde a súa infancia nunha granxa de Missouri, até a súa idade adulta, narrando as súas aventuras como salteadores de trens e bancos.
    Entre ficción e realidade, esta impresionante narración das súas lendarias actividades delituosas está cargada de suspense e de romanticismo e apoiase nuns personaxes sabiamente debuxados, como o interpretado por Randolph Scott, magnífico coprotagonista que dá vida a un dos máis pintorescos personaxes do Salvaxe Oeste.

Os violentos anos 20 (1939)Martes 9 marzo
  • Director: Raoul Walsh
  • Intérpretes: James Cagney, Priscilla Lane, Humphrey Bogart
  • Sinopse: Clásico do xénero que relata os diferente destinos de tres veteranos da Primeira Guerra Mundial que, tras coñecerse no campo de batalla, regresan a América tras loitar polo seu país. A pesar do desemprego e das difíciles condicións económicas, Lynn irá polo bo camiño, pero Cagney, amargado por non ter traballo nin futuro, unicamente atopa unha oportunidade no contrabando ilegal de licor. Bogart é un implacable gánster nun mundo onde a violación da lei seca implica entrar no mundo do crime.

Cumes borrascosos (1939) Martes 16 marzo
  • Director: William Wyler
  • Intérpretes: Merle Oberon, Sir Laurence Olivier
  • Sinopse: Perdido nunha tormenta de neve nun rochoso páramo inglés, un estranxeiro atopase con Cumes Borrascosos, a lóbrega mansión do misterioso Heathcliff, un home tan torturado por un amor non correspondido que perdeu o desexo de vivir. Mentres a treboada roxe no exterior, o esgotado camiñante escoita fascinado a triste historia de Heathcliff -o antigo mozo dos cabalos- e o seu inocente amor por Cathy, un espírito libre que nunca chegou a facer realidade a súa paixón, porque cando Heathcliff volveu na súa busca logo de moito tempo tentando facer fortuna, atopouse a Cathy xa casada cun mozo da alta sociedade.

O 21 de Xaneiro: paremos o decretazo contra o galego


A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego.
A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na contestación social.

Por que rexeitamos este decretazo?

1) Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.
Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega.
O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos nos centros.
A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) Porque a Xunta se burla da cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.

O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar  propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos.

5) Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.
O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.
Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, as comunidades educativas e o conxunto da sociedade galega reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O  seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.

O 21 DE XANEIRO PARAMOS O ENSINO EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO.
MANIFESTACIÓN NACIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA ás 11.30 DA MAÑÁ NA ALAMEDA

HABERÁ AUTOBUSES:


Zona
Lugar e hora
Apuntarse
FERROL
Teatro Jofre.
Saída de Ferrol ás 10 h.
Saída de Santiago ás 14 h.

981 35 87 50 -local comarcal da CIG-
 689 39 28 61 -Ana-

AS PONTES-PONTEDEUME
 Saída As Pontes:
ás 9.30 lo local da CIG
-Parada en Pontedeume

981451510 Local CIG As Pontes:
689392861 (Ana).

Infórmate en queremosgalego.org

A Paz Cuestión de Fondo. Exposición na que se afonda en temas como a pobreza, o racismo e a violencia.


Do 18 ao 20 de febreiro de 2010 a exposición estará na sala de exposicións da primeira planta do Ateneo Ferrolán.

As láminas, que presentan dous debuxos en cada un dos paneis, son obra de 28 autores procedentes de 16 países diferentes. En clave visual e, nalgúns casos verbal, as caricaturas móstrannos os prexuízos que operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra. Verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporánea é a proposta desta exposición colectiva internacional, que non só serve de repaso á realidade actual, senón tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade.

A pobreza é unha forma de inxustiza social, un xeito de violencia estrutural que nega as condicións mínimas de desenvolvemento humano e xera situacións de exclusión, racismo e violencia. A pobreza debuxa un mapa de continuos conflitos entre os seres humanos, o cal provoca un maior afastamento da posibilidade de convivir en paz. Así mesmo, a falta de oportunidades impide á sociedade medrar en condicións de dignidade, o que aumenta as diferenzas sociais e agudiza o abismo entre pobre e ricos. De aí se desprende que máis da cuarta parte da poboación mundial viva en situación de pobreza e que os países industrializados a sufran dun xeito insistente e en continuo crecemento.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que o desenvolvemento sostible non é posible nun contexto de pobreza, violencia e racismo. Por iso, con esta exposición quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.

Música ó vivo no Ateneo Ferrolán con JOCKEYS


O sábado día 16 de xaneiro de 2010 ás 20hs. e con entrada de balde, o grupo JOCKEYS ofrecerán un concerto no que interpretarán temas propios e tamen versións da música pop-rock dos anos 60, 70 e 80, e se cadra algún que outro mais recente: 90, 2000, etc.

JOCKEYS fundouse no ano 1968, permanecendo en activo ata o ano 1973. O seu repertorio compoñíase de versións do por-rock da época e de temas propios. Algúns dos grupos versionados eran: Los Salvajes, Los Mitos, Los Mustang, Lone Star, entre os españois, e polo que respecta os extranxeiros: Beatles, Rolling Stones, Schocking Blue, Credence Cleawater Revival, The Animals, Moddy Blues, Ohaio Express, etc. Os temas propios caracterizábanse por seguir a mesma línea que a música pop-rock que se facía na época dos 60 e 70, e son, nunhos casos, cancions melódicas tipo baladas e noutros temas alegres e movidos. No ano 2006, catro dos primeiros compoñentes, xunto con dous novos compañeiros, deciden retomar novamente o grupo, có obxetivo de recordar, interpretando en vivo e totalmente en directo, a música da primeira época do mesmo, así coma compoñer novos temas propios, algúns deles en galego. Ademaís nas suas actuacións van incorporando versións de grupos do pop-rock de épocas maís recentes: Dire Straits, Los Secretos, La Guardia, Fito y Fitipaldis, etc.

Manuel Ameneiros Rodríguez (Jockeys), Tel. 650 409 927.
www.myspace.com/grupojockey39s

Ateneo Ferrolán
Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 - FERROL (A Coruña) | Apdo. Correos: 303



Related Posts with Thumbnails