Especial Curtas: “TRES MUNDOS”

O martes día 30 de marzo ás 19 horas, proxectarase no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán tres curtametraxes baixi o título "Tres Mundos".

“YANINDARA” de LLUIS QUÍLEZ (2009) – 20’

  • Dirección: Lluis Quílez (Cun amplo recoñecemento internacional no terreo das curtas dirixe este traballo, unha traxedia romántica con pinceladas de cine fantástico, rodada cun elenco de non actores de etnia xitana).
  • Intérpretes: Camelia Paun, Bulgar Turcanu, Tinica Chixcaru, Gilbert Bosch, Alba Ferrara.
  • Sipnose:Un poblado xitano. Inmigrantes rumanos que acamparon as súas caravanas e tendas nas aforas dunha cidade calquera. Cheira a sudor, animais e polvo. Chega un coche. Do seu interior baixa un estrano, vai en busca do milagre, vai en busca de Yanindara.

“SI SABES DECIR HELLO” de SERGI GONZÁLEZ (2009) – 16’
    • Dirección: Sergi González (Logo de varias curtas, dende 2006 e variospremios e recoñecementos, preséntanos esta curta documental).
    • Intérpretes: Juan Miguel Meseguer e Anabel Martínez.
    • Sipnose:Juan Miguel ten sonos, como todos, incluso ten noiva .... bo aí xa non é como todos, pero el a ten. E a quere. E querese casar e ter un fillo, ou dous ... ou dezaseis. Juan Miguel ten 18 anos e síndrome de down.


    “QUIERO SER UNA GACELA” de ANA RODRÍGUEZ ROSELL (2009) – 29’

    • Dirección: Ana Rodríguez Rosell (Diversos premios e recoñecementos en Festivais avalan a esta nova cineasta).
    • Sipnose:Adentrámonos na escola Mariama Ba, na illa de Gorée, onde estudan as nenas máis intelixentes de Senegal, e coñecemos ás que nun futuro serán as líderes do seu país.

      Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro

      Por María Xosé Queizán

      Moitas persoas non poderíamos vivir sen a cultura, sen o coñecemento e o pracer que nos facilita a lectura, o teatro, a música, o cine... Pero, ademais sabemos por fiables e recentes estudos que a cultura en Galiza xera un PIB de case un 2%, está por riba do sector téxtil, do naval e do químico. É, daquela, tamén un ben económico, un sector produtivo. As Institucións e as Autoridades, pois, ademais de estaren interesadas polo fomento da cultura no país, saben que é un sector estratéxico que crea riqueza. Son conscientes de este importante e amplo valor.

      Entre as que máis progresaron ultimamente están as artes escénicas. O público asiste cada vez máis ao teatro confirmando as ansias de participación cívica. O teatro é un xénero político por excelencia, e leva a cabo unha actividade pública que mantén o compromiso coa realidade. Unha arte na que o proxecto é imprescindible. Para facer teatro é preciso ter unha historia, un conflito, uns personaxes e un método sistemático para desenvolver a trama. Achegase máis que outros xéneros a un traballo científico.

      Na comunicación directa co público é necesaria a comprensión. O teatro é a escola do mundo moral, ten unha gran responsabilidade ética. No escenario créase tensión, hai conflitos como na vida mesma. Ten carácter dialéctico, orixina unha oposición discrepante, un debate de ideas e de comportamentos.

      Na acción escénica hai necesariamente movemento. O escenario é o espazo de aparición. Os personaxes son axentes transformadores que fan pensar en común ao público asistente, unido polos mesmos criterios e acontecementos. O teatro é público e move a conciencia colectiva, ten un carácter interactivo. Non é unha arte que se goce individualmente. É unha vibración común e pública. No teatro únese pensamento e acción; política e liberdade.

      Velaí, clan do teatro, amigas e amigos do teatro, o gran papel que tendes nas vosas mans, nesta sociedade que tanta necesidade ten de acción, de progreso e de transgresión.

      Revista ATENEA nº37

      Xa están a rúa o número 37 de “ATENEA” a revista trimestral do ATENEO FERROLÁN

      SUMARIO ATENEA  36


      EDITORIAL
      BIBLIOTECA - HEMEROTECA
      • Novidades Biblioteca – Hemeroteca Marzo 2010
      XENTES
      • LETRAS GALEGAS: UXÍO NOVONEYRA
      FALAMOS DE ......
      • MIGUEL HERNÁNDEZ
      • A NOITE DE SAN XOAN
      • CASTELAO 60 ANOS DESPOIS. UNHA PEQUENA LEMBRANZA
      • REAL ACADEMIA GALEGA
      ARTIGOS
      • “Na sombra íntima de Uxío Novoneyra” (1) por Rosa Méndez Fonte
      • ELISEO FERNANDEZ “CENTENARIO DA CNT”
      • MANIFESTO ROSALÍA
      • HURBINEK por ALBERTO SUCASAS (Profesor Filosofía na Universidade da Coruña)
      • A AUDIENCIA DESOBEDECE E TOMA OS MEDIOS por DAVID FERNANDEZ GARCIA
      • Unha lección de supervivencia a través da Música de Gaita por Ana Martín García. Licenciada en Xeografía e Historia e en Xornalismo
      PROGRAMACIÓN
      • PROGRAMACIÓN ABRIL – MAIO – XUÑO 2010
      • MARTES DE CINE
      • CONVOCATORIA CERTAME MEDIO AMBIENTE
      MULLER
      • “A Guerra dos Corpos” por LUPE CES
      O PARNASO
      • UXÍO NOVONEYRA
      • MIGUEL HERNÁNDEZ


      CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
      María Xosé  Villar Corral DESEÑO, MAQUETACIÓN e ILUSTRACIÓNS
      Cocinanegra  COLABORACIÓNS:  Rosa Méndez Fonte, Eliseo Fernández, Alberto Sucasas, David Fernández García, Lupe Ces, Ana Martín García. 

      Temos entradas para o concerto de Queremos Galego

      Xa están á venda as entradas para o MacroFestival en defensa da lingua que organiza a Plataforma Queremos Galego.

      O festival será en Ponteverda, no Recinto Feiral o 17 de Abril ás 19:30hs. o prezo da entrada é de 12€ na taquilla e 10€ anticipada.

      No festival estarán Berrogüetto, Ruxe-Ruxe, Luar na Lubre, Zurrumalla, Fuxan os Ventos, Os 3 Trebóns, A Quenlla, Fía na Roca, García Mc, GalegoZ, Lamatumbá, Os Carunchos, Espido, Uxía Senlle e a Asociación de Gaiteiros Galegos.

      Podes mercar a túa entrada no Ateneo Ferrolán ou consultar aquí os puntos de venda: Queremosgalego.org

      Presentación da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra no Ateneo Ferrolán

      O venres 12 de marzo, às 20:00hs., terá lugar a presentación no Ateneo Ferrolán, da reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores na homenaxe de hai dez anos.

      Esta reedición da carpeta está editada por Rei Zentolo, con motivo da adicatoria a Uxio Novoneyra do Día das Letras Galegas 2010.

      No acto contaremos coa participación de seu fillo, Uxío Novoneyra Rei.

      Concerto de "ABRIL Fado Atlántico" no Ateneo.


      O sábado día 6 de marzo de 2010 ás 20,30 horas, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, teremos a actuación de ABRIL Fado Atlántico.

      ABRIL Fado Atlántico é un proxecto musical de fado e outras músicas relacionadas coa cultura atlántica galego-portuguesa que experimenta sobre a fusión das influencias europea, indíxena e africana que deron como resultado estilos propios e definidos como o fado o tango ou o chorinho.

      Exposición de pintura de Marco A. Cerrón


      A exposición de pintura de Marco A. Cerrón, estará na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán, do 5 o 17 de marzo de 2010.

      A inauguración será o venres día 5 de marzo ás 20 horas no Ateneo Ferrolán.

      Related Posts with Thumbnails