CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Benquerido socio/a:

Este comunicado é para informar aos socios e socias desta entidade dos motivos polos que a maioría da Xunta Directiva presentou a súa dimisión e por tanto a necesidade de convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria coa fin de que sexan os socios e socias @s que se pronuncien e decidan, mentres manteremos o noso compromiso e responsabilidades con esta entidade e estaremos en funcións.

Os motivos que levan a esta situación son o “incumprimento reiterado polo Presidente desta entidade dos acordos adoptados en Xunta Directiva” actitude que provoca a dimisión de:

Mª Dolores Oruezabala Romero, Vicepresidenta; Mónica García Montero, Secretaria; Mª José Doce Rey, Bibliotecaria e Víctor Fernández Gabeiras, Vocal.

A Tesoureira, Paula Meizoso Alonso, xa dimitira meses atrás, allea a esta decisión tomada actualmente pola Xunta Directiva.

Polo que por medio da presente CONVOCÁMOSTE á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará na Capela do Centro Torrente Ballester, o mércores día 28 de setembro ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, co único punto na Orde do Día:


1.- Dimisión da maioría da Xunta Directiva actual.

        Asdo.- Mónica García Montero
        Secretaria en funcións.

Acta do XX CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” 2011

En Ferrol a 31 de agosto de 2011, no Teatro JOFRE, o XURADO cualificador do XXº Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega  “Constantino Bellón”, integrado por :
  • Víctor Fernández Gabeiras 
  • Xabier Rodríguez Fariñas 
  • Pablo López Torneiro 
  • Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas  a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas.

Acordan outorgar o Premio SEIVANE que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición (punto g) correspondente ao  “Gaiteiro de Soutelo” a :

Xosé Antonio Constenla Martínez

Acordan outorgar dous accésit de 1.000 € cada un a:

Pedro Álvarez Fariñas
Daniel Lumbreras Rodríguez

Así mesmo, ACORDA  por unanimidade, concederlle o PREMIO ÚNICO de 3.000 € deste 20º Concurso de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón” a

Pablo Devigo Vázquez

O Xurado quere facer constar o importante nivel de calidade acadado por tódolos finalistas seleccionados para este Concurso internacional de Gaita Galega na súa vixésima edición.

Asdo.
Victor Fernández Gabeiras
Xabier Rodríguez Fariñas
Pablo López Torneiro
Xoán Rodriguez Silvar
                                              
Cristina Meizoso Alonso (Secretaria sen voto)


Related Posts with Thumbnails