A celebrar os días 19, 20 e 21 de decembro do 2012
XII Xornadas "Mostra de Curtametraxes"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.11.12A celebrar os días 19, 20 e 21 de decembro do 2012
Etiquetas: Xornadas Curtametraxes
Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.11.12O Ateneo Ferrolán e a A.C. Fuco Buxán, organizan unha HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO no seu centenario.
O martes, 20 de novembro, ás 19,30h. na Galería Sargadelos de Ferrol.
Interveñen:
- Enrique Barrera Beitia, Historiador
“O contexto político-social da época” - José Luis Forneiro Pérez, Profesor de Filoloxía Galego-Portuguesa da USC.
“Vida e obra de Celso Emilio”
Entrada libre.
O Martes, 27 de novembro na Galería Sargadelos haberá un Recital Poético – Musical e Exposición Bibliográfica da obra de Celso Emilio Ferreiro
@s Traballador@s do Ateneo Ferrolán responsabilizamos ao Alcalde Rey Varela
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.11.12Os traballadores do Ateneo Ferrolán COMUNICAMOS que, hoxe día 7 de novembro ás 12,30 quedaba lista, probada e funcionando a instalación que estaba pendente da acometida do gas no edificio do Ateneo Ferrolán según nos confirmaron os operarios que levaban a cabo dita obra; de feito as rúas Méndez Núñez e Magdalena abertas e cortadas ao tráfico xa presentan o seu aspecto habitual, logo de máis de 10 días abertas para tal acometida.
O pasado mes de setembro, logo da reunión mantida co alcalde Rey Varela e os Presidentes históricos desta entidade centenaria, se nos comunicou que volverían a habilitar un espazo onde poder exercer o noso traballo no edificio do Ateneo Ferrolán, logo de 2 anos de obras de rehabilitación nas que estivemos dentro do inmoble desenvolvendo as tarefas administrativas desta entidade e que tivemos que deixalo en xuño para facilitar o remate das obras, estando xa no mes de novembro é urxente normalizar a nosa situación administrativa, tal e como quedou comprometido o Alcalde na citada entrevista.
Os traballadores do Ateneo responsabilizamos ao alcalde Rey Varela que, pola demora na recepción da obra, estase a poñer en perigo os nosos postos de traballo. O Alcalde Rey Varela non contestou ás nosas comunicacións presentadas por rexistro no Concello, non lle interesa nin lle importa a perda de máis postos de traballo nesta cidade.
Xa non hai máis desculpas ... a instalación do gas está rematada!
Sr. Alcalde Rey Varela queremos traballar, recepcione xa as obras da sede do Ateneo Ferrolán!
Asinan:
Mª Soledad Fontenla Fuster
Cristina Meizoso Alonso
Fernando Rivera García
Etiquetas: Novas