CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA o 10 de xaneiro de 2014




Ferrol  10 de decembro de 2013


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerido socio e socia:


Por medio da presente convocámoste por acordo da Asemblea Xeral celebrada o 10 de decembro de 2013 á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o venres día 10 de xaneiro de 2014 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Elección da nova Xunta Directiva

O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:

                                   
16 de decembro -          Último día para presentación de Candidaturas

17 de decembro -          Proclamación de Candidaturas

18 de decembro -          Inicio da Campaña Electoral

10 de xaneiro -              Elección da nova Xunta Directiva

No período da Campaña Electoral (entre os días 18 de decembro e 9 de xaneiro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolve-la súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,




Asdo.- RAMÓN VELOSO RODRIGUEZ
Presidente





0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails