Concurso de Composición para Gaita Galega Solista 2013

Concurso de Composición para Gaita Galega Solista
Punto nº 9 do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega
“CONSTANTINO BELLÓN” 2013
 En Ferrol, o día 28 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO

ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
 DANIEL ROMAR SAMBADE
pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda”.


Así mesmo acordan conceder os accésit a:
JAVIER Mª LÓPEZ RODRÍGUEZ pola obra “The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do 5  con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo)
LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.
(Para gaita solista e corda)

Mención Gaita de Ouro "Constantino Bellón" 2013






Témolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán, na modalidade de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” e a concesión da mesma.

A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará  o próximo sábado día 31 de agosto, as 20 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega  “Constantino Bellón”,.

O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención Gaita de Ouro

“Constantino Bellón” correspondente ao ano 2013  a:



PABLO CARPINTERO

pola súa labor desenvolvida como gaiteiro, investigador e artesán.



Pablo Carpintero naceu en San Cristobo de Castro, no concello de Carballedo, na provincia de Lugo en 1969. É gaiteiro desde os oito anos e estudou ciencias biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela onde, en 1992, acadou o grao de  doutor. Nesta mesma universidade obtivo o diploma de estudos avanzados en musicoloxía no ano 2006.



Hai máis de vinte anos que se dedica a estudar e difundir os nosos instrumentos musicais, para o que ten feito traballo de campo en toda Galicia, Asturias, Portugal e o Bierzo, estudando principalmente a gaita de fol e a súa música. Froito deste traballo é a súa obra de investigación máis destacada: “Os instrumentos musicais na tradición galega”, onde se dá conta de máis de 150 instrumentos musicais empregados na Galicia tradicional. Ten editado tamén numerosos traballos discográficos, ben cos seus grupos “Ultreia” e “A Requinta de Xián”, ben con gaiteiros de idade para consevar os seus orixinais sons.



Pablo Carpintero é membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e forma parte da comisión do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega. Traballou seis anos como técnico do proxecto Ronsel para a posta en valor do Patrimonio Cultural de Galicia e, en 2011, foi escollido para formar parte do comité da UNESCO que avalía as candidaturas á Lista Representativa de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, tarefa que segue a realizar na actualidade.

Hai máis de dez anos que colabora na sección “O Recuncho da Palleta” dentro do programa “Lume na Palleira” da Radio Galega, e desde hai tres anos realiza unha sección dentro do programa “Luar” dedicada á nosa música máis tradicional.

Na actualidade dedícase á fabricación de gaitas de fol, percusión, requintas e frautas no seu obradoiro de Santiago de Compostela, sendo a súa principal teima a réplica de gaitas de fol antigas e a recuperación dos seus sons.      
 



Conexión con Pablo Carpintero en directo dende o Teatro Jofre.

XXI Concurso de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”




O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do
 XXI Concurso de Composición e Gaita Galega
 “CONSTANTINO BELLÓN”
  
Data: sábado día 31 de agosto de 2013

HORARIO: 20 h.    LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.


Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013



XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega
“CONSTANTINO BELLÓN” 2013

Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013


En Ferrol, o día 16 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204 o XURADO do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
                                  

                                   D. Víctor Fernández Gabeiras
                                   D. Xesús Vaamonde Manteiga
                                   D. Xavier Rodríguez Fariñas
                                   D. Pablo López Torneiro
                                   D. Xoán Rodríguez Silvar


e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:


  1. David Fernández Vaamonde          Coruña.
  2. Pablo Devigo Vázquez                   Castro Caldelas - Ourense.
  3. Carme López Fernández                Lugo. 
  4. Daniel Fernández López                 Lugo. 
  5. Serafín Santamariña Sanmartín      Fene – A Coruña. 
  6. Walter Andrés Almirón García         Arxentina “GAITEIRO DE SOUTELO” 
  7. Daniel Lumbreras Rodríguez           Donosti “GAITEIRO DE SOUTELO” 
  8. Raquel García Martínez                   Valencia “GAITEIRO DE SOUTELO”





Related Posts with Thumbnails