Ven a probar .... ioga no Ateneo!


En novembro comenzamos as clases de ioga no Ateneo Ferrolán

O mércores 30 de outubro ás 19.30 hs no Ateneo Ferrolan haberá unha clase de portas abertas a toda a comunidade. Xa está aberto o prazo para inscribirse e as prazas son limitadas!!
 

 Agardámosvos!

Ciclo de Conferencias: "Ferrol: Rexeneración urbana e recuperación económica"

Dende hoxe 23 de outubro no Ateneo Ferrolán a Federación de Asociacións de Veciños Roi Xordo e a delegación ferrolá do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia –COAG– porán en marcha unhas xornadas sobre rexeneración urbana e recuperación económica ao longo dos meses de outubro e novembro, coas que pretenden facer reflexionar aos colectivos e aos veciños en xeral sobre as posibilidades que ten unha cidade como Ferrol.

SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS. Venres 25 ás 20 h.

O Venres 25 no Ateneo Ferrolan, a partir das 20h. ultima sessiom da SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS con Eduardo Romero, Carlos Piñeiro e Maite Bustamante.

 Durante esta semana unha serie de colectivos sociais (Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, Grupo de Axitación Social, ODS-Coia e Liga Estudantil Galega) organizan a Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, con actos en Vigo, Compostela, Ourense, A Coruña e Ferrol (en Ferrol será o venres 25 a partir das 20h. no Ateneo Ferrolán), e que contará coa participación de Eduardo Romero, integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro ¿Qué hacemos con las fronteras? (AKAL), que presentará en todas as cidades.


En Ferrol estarán Eduardo Romero, Carlos Piñeiro (Profesional do SERGAS) e Maite Bustamante baixo o título "Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusion de dereitos."

"O noso obxectivo nesta Semana é denunciar a situación que permanece máis invisible, desas fronteiras que están no cotián. Para nós a exclusión de dereitos é unha fronteira invisible". Mari Fidalgo, do Foro Galego da Inmigración.

Mais información e entrevistas en:


Estades convidad@s!


XIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” A celebrar os días 18, 19 e 20 de decembro do 2013

XIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” 
ATENEO FERROLÁN
A celebrar os días 18, 19 e 20 de decembro do 2013

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da ficha cumprimentada antes do día 5 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Os días 18, 19 e 20 de decembro de 2013, levaranse a cabo ás  XIII XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes trece anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Obradoiro "Patrimonio Arquitectónico Ferrolán"

Axuntamos información sobre o curso que estará impartido por Miguel Reimundez.
Grazas pola difusión.


FilispiM vai... ao Ateneo Ferrolán



O venres 18 de Outubro a partir das 20h. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán na rúa Magdalena 202-204 (Ferrol), o novo programa de Rádio FilsipiM (FilispiM vai...) estará no Ateneo com rádio ao vivo e música a cargo de Rubén Artabe, falaremos do Ateneo Ferrolán com entrevistas e mais sorpresas.

Que se coce no Ateneo?
Tamén podes seguir o programa por internet en:

Curso e Obradoiros en outono



¡¡¡ Curso e Obradoiros 
do Ateneo Ferrolan en outono !!!

Máis información: 981.357.970 e secretaria@ateneoferrolan.org

Curso Fotografía nocturna e Light Painting con Mario Rubio

http://www.fotografonocturno.com/ferrol.pdf






Curso Debuxo e Pintura todos os xoves de 18 a 20 h.




Presentación do libro FENYA (1941-1961) xoves día 3 de outubro ás 20h.

O xoves día 3 de outubro ás 20 horas terá lugar no Ateneo Ferrolán a presentación do libro:

 FENYA 1941-1961 
(Fabricaciones Eléctricas Navales y Artilleras  - La fábrica de Canido y sus patentes )  do autor Justino Fernández.

O libro reconstrúe a historia da primeira etapa da fábrica, caracterizada pola fabricación de teléfonos e máquinas eléctricas: motores e xeradores. Esta fábrica ten a peculiaridade de iniciar a fabricación con modelos propios que con anterioridade foron rexistrados como patentes.
Algún destes modelos e os soportes tecnolóxicos ( desenvolvemento da patente e planos da Oficina Técnica da Fábrica  formarán parte da exposición do traballo. -

Tres Exposicións do "Outono Fotográfico". Outubro 2013

O Ateneo Ferrolán albergará durante o mes de Outubro tres exposicións de fotografía da sección oficial do Outono Fotográfico.

O mércores día 2 farase un pequeno acto inaugural as 20:00 h.

As mostras son as seguintes:

"Australian Dream" de David Simon Martret
"Malaysian Primary School" de Leafhopper
"Augas de Galicia" de Fran Nieto

Esperamos contar coa vosa presenza
!

Related Posts with Thumbnails