CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA o 10 de xaneiro de 2014




Ferrol  10 de decembro de 2013


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerido socio e socia:


Por medio da presente convocámoste por acordo da Asemblea Xeral celebrada o 10 de decembro de 2013 á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o venres día 10 de xaneiro de 2014 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Elección da nova Xunta Directiva

O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:

                                   
16 de decembro -          Último día para presentación de Candidaturas

17 de decembro -          Proclamación de Candidaturas

18 de decembro -          Inicio da Campaña Electoral

10 de xaneiro -              Elección da nova Xunta Directiva

No período da Campaña Electoral (entre os días 18 de decembro e 9 de xaneiro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolve-la súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,




Asdo.- RAMÓN VELOSO RODRIGUEZ
Presidente





Sesión Vermú: Rexurdimento do Ateneo. Sábado día 28 ás 12 h.

O sábado día 28 de decembro ás 12 do mediodía, vén a 
Sesión Vermú: Rexurdimento do Ateneo.

Petiscos, bon ambiente e actuación especial de 
ROGER DE FLOR
Deixa atrás a inocentada e vén ao rexurdimento do Ateneo.
Hai un lugar do norte que se chama Ateneo, vén. 

Escoita a cunha en Radio Filispim 93.9 da FM

Programa da XIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” ATENEO FERROLÁN



Programa XIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” ATENEO FERROLÁN

18, 19 e 20 de decembro do 2013


Mércores, 18 de decembro 19.30h SESIÓN APERTURA (duración sesión: 2h08m)
            19.30h ANIMACIÓN (duración sesión 1h01m)
-        Cousa de meigas, de Iván Fernández 8'
-        Sr. Barrientos, de Kike Florido 5'
-        Eideann, de Álvaro Granados 5'
-        Gneisenau, de Antonio Meliveo 9'
-        El ruido del mundo, de Coke Riobóo 13'
-        Internal love, de  José Esteban Alenda e César Esteban Alenda 6'
-        Candy Hearts, de Joan Martín Giménez 15'

            20.30 h. «RELACIÓNS» (duración sesión: 1h07m)
-        Penalti, de Oliver Cuervo y José Ramón Sanz 4'
-        Mensaje post-itivo, de Alfredo Alegría 6'
-        La producción, de Nuria Machado Siemens e Germán Pérez Tavío 4'
-        Wade in the water, de Stefano Ridolfi 12'
-        Rutina, de Ana Ortiz 13'
-        Mano a mano, de Ignacio Tatay 8'
-        El hermoso perfil del hombre cobarde en su único acto de valentía, de Giovanna Torres Arteche 20'

Xoves, 19 de decembro 19.30h SESIÓN DRAMA/THRILLER/GORE (duración sesión: 2h01m)
-        La gallina, de Manel Raga 18'
-        Reveal, de Ignacio Estaregui 14'
-        El paraguas de colores, de Edu Cardoso 8'
-        Lluvia, de Javier Arellano e Ignacio Martín Lerma 18'
-        Walkie Talkie, de Rubén Pérez 16'
-        KOAN, de Omar Rabuñal Varela e Daniel Viqueira 15'
-        Mr. Bear, de Andrés Rosende 14'
-        La carne cruda, de Samuel Lema 18'

Venres, 20 de decembro 19.30h SESIÓN CLAUSURA (duración sesión: 1h59m)
-        España is different, de Salvador Guerra 4'
-        Libre directo, de Bernabé Rico 14'
-        Chorima, de José Antonio Jiménez 7'
-        Formen fila, de Raúl Mancilla 8'
-        Nebra, de Marisa Otero 13'
-        Freud & Co, de Xabier Marqués Solla 8'
-        O Regato, de José Antonio Jiménez 8'
-        Adri, de Estíbaliz Urresola Solaguren 16'
-        Latitud, de Adrián Navas Santo-Tomás 16'
-        La máquina de los rusos, de Octavio Guerra 10'
-        Abstenerse agencias, de Gaizka Urresti 15'

Charla sobre "A lactancia materna na sociedade"

O Ateneo Ferrolán acollerá unha Charla sobre 
"A lactancia materna na sociedade" 

o luns día 16 de decembro de 2013 ás 17 horas

Entrada de balde

Presentación do libro "Pescanova Crimen Perfecto. Outra estafa piramidal"

O xoves día 12 ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán

Presentación do libro:
 "Pescanova Crimen Perfecto. Outra estafa piramidal"

Coloquio a cargo do autor Valentín Carrera e Yolanda Díaz

Entrada de balde

Curso de Fotografía Nocturna e Light Painting. Sábado día 7 ás 17 h.

Sábado día 7 de decembro ás 17 h. no Ateneo

Curso de Fotografía Nocturna e Light Painting
Teoría no Ateneo e prácticas nocturnas pla costa de Cobas
Imparte: Simón López Fernández

Exposición Fotográfica "Metáforas visuais"

Inauguración o xoves día 5 de decembro ás 20,30 h. da exposición fotográfica 
"Metáforas visuais" de Román Montesinos

Dende o día 5 ao 31 de decembro na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán

Máis info:  


Related Posts with Thumbnails