Polo rexurdimento do Ateneo!

Polo rexurdimento do Ateneo Ferrolán!!!
Faite SOCI@!  
¡¡¡ Se xa o es tráete a un amig@ !!!!

Presentación do Caderno Republicano nº 3: O 'CAMARADA FRAGA' E AS VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA.







COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA
Presentación do Caderno Republicano nº 3:
O 'CAMARADA FRAGA' E AS VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA.

Xoves, 6 de febreiro, A PARTIR DAS 19,30 h., no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

Participarán nesta presentación:

* Bernardo Máiz Vázquez, historiador
* Fernando Souto Suárez, Presidente da CRMH da Coruña.
* Manuel Monge González, autor do Caderno Republicano nº 3, e ex-presidente da CRMH da Coruña.

Presentación do libro: "Perlío no pasado"


O libro "Perlío no pasado" dos licenciados en Xeografía e Historia María Xesús Arias e Henrique Sanfiz, pretende recoller a historia desta parroquia de Fene desde a época dos castros ata a rotura da ponte das Pias o 13 de xaneiro de 1998. 

O acto de presentación do volume celebraráse o
mércores 5 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
 
As primeiras referencias escritas de Perlío datan do ano 1083, cando Ermesenda, irmá do conde de Traba Pedro Froilaz, doa ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, a vila de Perlío. Poucos anos máis tarde repítense as doazóns da vila do castro de Perlío e da igrexa do Santo Estebo, ao citado cenobio.
 
Os Andrade de Perlío. O volume tamén fai referencia ao señor de Ferrol, Pontedeume e Vilalba entre 1397 e 1404 Pedro Fernández de Andrade IV, quen reside en Perlío, ao menos parte da súa vida e con toda probabilidade recibe sepultura na igrexa de Santo Estebo, pertencendo á súa tumba a lápida atopada no templo coa inscrición "Pedro Fernandes dandrade, señor da casa de Andrade". Os Andrade eran membros da aristocracia, grupo ou clase social con privilexios na orde xurídica, cun alto status e unha fortuna patrimonial consolidada.Pedro Fernández era sobriño de Fernán Pérez de Andrade, o Boo, Con Pedro Fernández, que casa con Mencia de Meyra, volven unificarse as herdanzas dos Andrade. Sucedeo no señoría o seu fillo Nuño Freire III, quen terá máis problemas para consolidar o seu señorío. A permanente loita de Ferrol pola súa liberdade foi premiada polo rei Xoan II, coa ratificación dos privilexios de reguengo en 1412.
 
"Perlío no pasado" tamén se detén na historia empresarial e do movemento obreiro de Astano, adicandolle igualmente atención ao labor do Círculo de Perlío como faro da cultura galega nas décadas dos sesenta e setenta do século pasado.

"Bono Axuda" do Ateneo Ferrolán

O número premiado foi o
nº 217

Cal é o obxectivo?
Dentro do proceso de rexeneración e reactivación do Ateneo Ferrolán, realizamos esta actividade con o obxectivo de recaudar fondos para recuperar a entidade.

Que se sortea?
Sorteamos un debuxo original, cedido e creado para a ocasión, do artista ferrolán Suso Basterrechea.
Imaxe do Debuxo de Suso Basterrechea.

Como se Participa?
Para axudar e participar no sorteo, debes mercar un dos "Bono Axuda" que emitiu o Ateneo Ferrolán, existen 3 tipos de "Bono Axuda", o de 3€ terá un número, o de 5€ dous números e o de 10€ cinco números para o sorteo.
Os bonos poderanse mercar a partir do 10 de Febreiro de 2014 no mesmo Ateneo Ferrolán, só venderanse na secretaría como único punto de venda.

Imaxe dos tres tipos de "Bono Axuda"

Cando e donde é o sorteo?
O sorteo do debuxo realizarase durante o transcurso dunha Sesión Vermú no Ateneo Ferrolán que se celebrará no mes de abril, de non estar presente a persoa con o número gañador, publicaremos o número na web do Ateneo (neste mesmo post) durante un mes. No caso de non ser recollido o premio, este pasará a formar parte do patrimonio do Ateneo Ferrolán.



Espectáculo Teatral de Improvisación


O sábado día 1 de febreiro ás 20,30 h. no salón de actos :

Espectáculo Teatral de Improvisación 

Tres actores coa axuda do público crearán historias irrepetibles,
efímeras e únicas a través do teatro improvisado.
Disfruta do teatro en presente con ........  de momento impro.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Ferrol a 24 de xaneiro de 2014

Benquerido socio e socia:
Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o luns día 10 de febreiro de 2014 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Presentación e aprobación das contas da directiva saínte ano 2013.
3-. Presentación e aprobación orzamento ano 2014.
4.- Presentación e aprobación plan de saneamento ano 2014.
5.- Presentación e aprobación plan de actividades ano 2014.
6.- Ruegos y preguntas.
Nota: Arquivos á disposición d@s soci@s na secretaría do Ateneo Ferrolán.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,


Asdo.- Eliseo Fernández Fernández
Presidente

Convocatoria da XXII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

Convocatoria da XXII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra – Sábado 25 de xaneiro de 2014

CONVOCATORIA DA PRIMEIRA ASEMBLEA DE 2014 DO ENCONTRO SOCIAL DE FERROL TERRA.-

Proposta de obxectivos e orde do día para a XXII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra, acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Sábado 25 de Xaneiro.
Hora: 18:00 horas.
Duración: Dúas horas (Aproximadamente).
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204).

Tipo de Asemblea: Polas circunstancias organizativas que estamos atravesando, o carácter desta Primeira Asemblea Plenaria será deliberativo.

Obxectivos da Asemblea: Analizar erros e acertos do feito, avaliar o aprendido, e deseñar colectivamente un plan de futuro do seguinte proceso de construción do Encontro e a Rede.

Orde do día:
1.- Nomear moderador ou moderadora.
2.- Aprobar ou modificar a orde do día e outras circunstancias da Asemblea.
3.- Abrir unha quenda rotatoria de palabras.
4.- Abrir unha segunda quenda rotatoria de palabras.
5.- Abrir unha terceira e última quenda rotatoria de palabras.
6.- Nomear unha comisión para elaborar o relatorio coas conclusións da Asemblea.
7.- Fixar data, hora, lugar e contido da seguinte Asemblea.

Compañeiras e Compañeiros:

En Maio de 2011, antes das eleccións municipais, miles de persoas tomaban as prazas de moitas cidades no territorio do, polo de agora, Reino de España.  Nacía o Movemento 15M [1], outra forma de encontrar-se, outra forma de debater, outra forma de acción, outra forma de denuncia, outra forma de organización: asemblea e autoxestión. Perante un mes as prazas converteron-se nun crisol de ideas, nunha denuncia integral do sistema, ... nunha asemblea permanente de construción colectiva, nun congreso amplo e sostido no tempo de elaboración de alternativas.

Meses máis tarde, o 23, 24 e 25 de Setembro de 2011, tiña lugar o primeiro Foro Social de Ferrol Terra [2], unha sección local do Foro Social Mundial [3] e irmán do Foro Social Galego [4]. Realizouse cos obxectivos de “fomentar diálogos, propiciar dinámicas de colaboración, criar alternativas e redes para a acción local”. Foron tres días intensos e frutíferos. “Un outro mundo é posíbel”, “Actuando no local, pensando no global”, “Outra Comarca, Outra Democracia, Outra Vida, ...”, eran os seu lemas mais destacados.

O Consello Local deste Foro Social de Ferrol Terra estaba integrado pola Marcha Mundial das Mulleres, A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21, Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Foro Galego de Inmigración, Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia, Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente - Rádio Filispim), Asociación Veciñal de Esteiro, Rede de Converxencia Social 'Praza Pública' e varias persoas a nivel individual.

Unhas semanas máis tarde, varias persoas do Consello Local asisten, na localidade de Teo, a un chamamento para formar o I Encontro Social Galego, o 5 de Novembro de 2011. Desenvolvendo-se este, nun clima de concordia, coincidencia e vontade de profundar no proceso de construción dun espazo de diálogo e acción en común, onde se estableceu, no seu transcurso, un diagnóstico común e comezou-se a deseñar algunhas propostas [5] de moito interese. Mágoa de non ter continuidade.

Para poñer en práctica o aprendido no Foro Social de Ferrol Terra, tanto durante o proceso de preparación como neses tres días intensos nos que se desenvolveu o Foro, decídese convocar,  un Encontro Social de Ferrol Terra onde se sintetizara o aprendido do Movemento 15M e do Altermundismo que emana da experiencia do Foro Social Mundial -FSM. A proposta inicial tiña unha forma de esquema xeral [6], onde se resumían as consecuencias das políticas neoliberais e por outra banda as respostas alternativas.

A primeira Asemblea do proceso de constitución do citado Encontro, foi o 27 de Decembro de 2011. A última asemblea do Encontro tivo lugar o 28 de Maio de 2013. Foron 21 asembleas ordinarias que conformaron a primeira etapa de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e unha Asemblea Extraordinaria en dúas sesións o 24 de Xaneiro e 5 de Febreiro de 2013, coa temática sobre "A situación da Comarca: diagnose e alternativas".

Pretendía-se a constitución dun Encontro Social (de persoas e organizacións), que debatera, reflexionara e organizara unha resposta unitaria ás políticas neoliberais, de recortes sociais e perda de dereitos, cunha acción en positivo: tecendo unha rede de apoio mutuo.

Foron moitas as xuntanzas, iniciativas, comisións, xornadas, análises e  propostas. Das iniciativas, unhas están en transición, outras callaron e outras non: Arméria Soc. Coop. Galega, Banco de Tempo, Peto Solidario, Tenda de Troco, Viaxes Educativos e  Solidarios, STOP-Desafiuzamentos, Centro Media Información, Alimentos Solidarios, Xustiza Social, Recursos Compartidos, Asemblea Sen Papeis, Axenda Aberta, Finanzas e Seguros Éticos, Hortas Comunitarias, Eventos, Economía Social e Solidaria, ... Trataba-se de poñer os alicerces da construción social, da construción dos contrapoderes que nos axudaran a saír do Capitalismo, unha construción social alternativa real e pedagóxica.

Perante este tempo de actividade, practicamos a asemblea como construción colectiva, aprendemos practicas e conceptos como: horizontalidade, solidariedade, autoxestión, cooperación, asemblea, complementariedade, reciprocidade, portas abertas, democracia, axuda mutua, ..., mais tamén houbo   confrontación e actuacións que axudaron a fraccionar e paralizar. Intereses particulares, individualistas e de facción, alienación social e actitudes destrutivas ... criaron un conflito que freou o proceso de construción do Encontro Social e da Rede de Apoio Mutuo, nun momento de relentización, relaxación e cansazo d@s activistas sociais.

Agora nesta primeira Asemblea plenaria do 2014, teremos que deliberar, analizar erros e acertos, e buscar resposta ás seguintes preguntas:

Que entendíamos cada quen que era o Encontro e a Rede?
Que foi o Encontro e a Rede neste período?
Que aprendemos deste período?
Que deberá ser o Encontro e a Rede de aquí en diante?
Que teremos que facer para conseguir-lo?

En Ferrol Terra, a 10 de Xaneiro de 2013

Enlace para acceder ou baixar a convocatoria en formato -pdf.

Notas.-
[1] Todo sobre o movemento 15M na '15Mpedia'  que é unha enciclopedia libre sobre o 15M
http://wiki.15m.cc/wiki/Portada
[2] Blogue sobre o Foro Social de Ferrol Terra 2011
http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
[3] Web do Foro Social Mundial -FSM.
http://www.forumsocialmundial.org.br/
[4] Sobre o Foro Social Galego
http://www.altermundo.org/tag/foro-social-galego/
[5] Propostas deseñadas no I Encontro Social Galego
http://facendoredes.wordpress.com/2011/11/07/asi-foi-o-i-encontro-social-galego/
[6] Imaxe do esquema xeral da proposta inicial: Podemos cambiar a cor ?
http://3.bp.blogspot.com/-zvlzg4blcR4/TzjSe9sYtpI/AAAAAAAAAsE/_GVM7ndY49Y/s1600/1-rede+de+apoio.jpg

O próximo lúns día 20 de xaneiro ás 20 h.: PERSOEIROS DE GALICIA

 
Portada da nosa publicación "Cadernos do Ateneo: Biografía de Xaime Quintanilla Martínez". Editado polo Ateneo Ferrolán no ano 1998. 
Na nosa Biblioteca-Hemeroteca.
 
 
 
O próximo lúns día 20 de xaneiro ás 20 h. 
no salón de actos do Ateneo Ferrolán:
 
PERSOEIROS DE GALICIA
* Conferencia sobre XAIME QUINTANILLA MARTINEZ por JESÚS MATESANZ (escritor)
* Recital de POESÍA GALEGA por XAIME MARÍ (actor) 
 
 
Lectura Poesía
A GALICIA..........................................FRANCISCO AÑON
O MAIO...............................................M. CURROS ENRIQUEZ
A ROSALÍA........................................M: CURROS ENRIQUEZ
CANTIGA.............................................M. CURROS ENRIQUEZ
DOS CELTAS ANTIGOS....................EDUARDO PONDAL
SOBRE O SOL.................................... R.del VALLE INCLAN
CAMIÑO LONGO................................RAMON CABANILLAS
A ROSA QUE SANGRA....................RAMON CABANILLAS
O HORREO...........................................C. EMILIO FERREIRO
LONGA NOITE DE PEDRA..............C. EMILIO FERREIRO
A CASTELAO.......................................C. EMILIO FERREIRO
NEGRA SOMBRA................................ROSALÍA DE CASTRO
CASTELLANOS DE CASTILLA.......ROSALÍA DE CASTRO
ADIOS RIOS, ADIOS FONTES..........ROSALÍA DE CASTRO
HIMNO GALLEGO..............................EDUARDO PONDAL
Entrada de balde. Vos esperamos a tod@s!

Exposición Fotográfica de Ricardo Gómez Freire

Exposición Fotográfica "Introducción á Paisaxe" 

de RICARDO GÓMEZ FREIRE

do 17 de xaneiro ate o 12 de febreiro de 2014


Inauguración venres día 17 de xaneiro ás 20 h. no Ateneo. Entrada libre.

Son 11 fotografías de paisaxes desta zona: Meiras, Valdoviño, Fraga do Eume, ...........      dende o Pieiro a Frouxeira.

Presentación da curtametraxe "PERCEPCIÓN" de José Antonio Jiménez

Presentación no Ateneo Ferrolán da curtametraxe "PERCEPCIÓN" de José Antonio Jiménez 
o próximo venres día 31 de xaneiro ás 20 h. no salón de actos desta entidade seguido dun MASTER CLASS co director e actores. Entrada libre e de balde.

A un escritor, carente de ideas, chégalle a inspiración escribindo ¿Ou, tal vez, non?
(Unha premisa de percepción di que unha intelixencia sensible, perceptiva, pode dar vida interior ós obxectos do seu mundo exterior)

¿Realmente estamos capacitados para discernir a realidade da mentira que observamos ó noso arredor?

Escrita e dirixida por José Antonio Jiménez cunha duración de quince minutos, sen ningunha subvención de organismo público e producida por S.C. VISUAIS, a curta foi rodada en Suevos lugar do concello de Arteixo na Coruña.

Interpretada polos actores José Leis e Miguel Abalo acompañados de Kike Vales e Emilio del Rio. A música foi creada para a curta por David Hadom e os subtítulos correspóndenlle a Roberto Reboiro.

Presentación-Debate: "Para que nos serve Galiza?" de Xaime Subiela

 
 
Presentación-Debate en Ferrol arredor do libro 
"Para que nos serve Galiza?" de Xaime Subiela

O vindeiro xoves 16 de xaneiro ás 20:00 horas Ateneo Ferrolán acollerrá un debate arredor da reflexión formulada no libro 'Para que nos serve Galiza?', no que intervirán:
  • O autor Xaime Subiela @XSubiela
  • Yolanda Díaz (Parlamentaria e Viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerdas) @Yolanda_Diaz_
  • Carlos Neira Cortizas (Economista e investigador social) @calidonia
  • e Bernardo Lorenzo Cuetara (Consultor e coordinador do Espazo ecosocialista en Ferrolterra).
Organizan Editorial Galaxia e Ateneo Ferrolán.
O acto terá lugar na sede do Ateneo na Rúa Magdalena, 202-204 Ferrol.

O libro foi merecente do XII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio e nel o xurado -integrado por Luís Alonso Girgado, Miguel Barros Puente, Encarna Otero Cepeda, Carme Vidal Lage e Carlos Lema- valorou de xeito especial a modernidade da análise da situación actual de Galiza e o novidoso da formulación dos retos da sociedade galega de hoxe, así como a visión optimista de futuro que reflite o ensaio.
Nota sobre o libro aquí.
Blog do autor arredor do libro: A nación aberta

Exposición Fotográfica de Rita Gutiérrez


Exposición Fotográfica de Rita Gutiérrez

Do 3 ao 31 de xaneiro de 2014
Inauguración o venres día 3 de xaneiro ás 20,30 h.

Related Posts with Thumbnails