Club de Lectura: "El callejón de los milagros". Martes día 11 ás 19,30 h.




Club de Lectura - Martes día 11 de marzo ás 19,30 h.
 
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo. Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE. 
 
Estamos a ler:
"El callejón de los milagros" é unha novela do escritor e premio nobel exipcio Naguib Mahfuz, escrita orixinalmente en árabe e publicada en 1947. É unha das novelas máis coñecidas e importantes deste autor exipcio.

Mahfuz retrata no libro "El callejón de los milagros" unha sociedade pechada, frustrada e chea de desexos imposibles a través dunha galería de personaxes inesquecibles. Os personaxes maduros prefiren permanecer illados no seu mísero barrio, mantendo unha aparencia de normalidade e unha falsa atmosfera do pasado, en lugar de adaptarse aos tempos cambiantes. Pola súa banda, os mozos soñan con aventuras, riquezas e praceres e sobre todo con saír do barrio.E unha representación atemporal do conflito entre a tradición e a modernidade, entre o pasado e o presente.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails