Rubén Artabe en concerto "Canciones de pan". Sábado día 28 ás 21,30 h.


Sábado día 28 de xuño ás 21,30 h.
Rubén Artabe en concerto "Canciones de pan" 
con Soray Aura e Andrea Gómez
Entrada 4 € / 8 € con CD


Representación Teatral "La Farmacia de A. Chejov". Venres día 20 ás 20,30 h.


Representación Teatral "La Farmacia de A. Chejov". 
Unha interpretación de textos do mestre ruso por Ángel Simón

Venres día 20 de xuño ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Entradas Soci@s: 4 € - Non Soci@s: 6 €




Presentación Libro de Blanca Quintanilla "Beatriz y Leonardo". Xoves 19 de xuño ás 20 h.

Foto de César Toimil


Presentación Libro de Blanca Quintanilla "Beatriz y Leonardo"
 Xoves día 19 de xuño ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán

Libro sobre Leonardo Da Vinci e a súa etapa como cociñeiro na corte do señor de Milán: Ludovico Saforza. Escrito por Blanca Quintanilla

Leonardo foi sobre todo un gran cociñeiro. Rexentou sen éxito un restaurante en Florencia a medias co seu amigo Sandro Botichelli. Alí trataron de facer "nouvelle cousine" e foilles hora. Pois nunha época en que a xente comía pata de carneiro por persoa, sacar as lindezas gastronómicas dun cogombro tallado e unha flor de cabaciña r ebozada, non resultaba nada edificante.

Leonardo inventou o pano da mesa, a máquina de facer espaguetis e o garfo de tres ganchos, ademais de todos os outros inventos que IBM reproduciu segundo os seus planos e que se encontran no pazo de Amboisse, onde pasou os seus últimos días, servindo na corte do Rei Francisco I. Alí está a bicicleta, o coche, o parapente, o tanque, o paracaídas... etc.

Charla-Coloquio: "Repensar a anarquía" con Carlos Taibo. Mércores día 18 ás 20 h.



Unión Libertaria organiza o vindeiro mércores 18 ás 20:00 h no salón de actos do Ateneo Ferrolán  na R/ Magdalena 202-204 unha charla coloquio coa presenza de Carlos Taibo e que leva o título 

“Repensar a anarquía”
Entrada libre 

 http://unionlibertaria.org/ul/2014/06/repensando-o-anarquismo


 

Cesión de fondos de Jaime López Fernández á Hemeroteca do Ateneo Ferrolán. Luns 16 ás 20,30 h,

 Ateneo Ferrolán
Cesión de fondos de Jaime López Fernández á Hemeroteca do Ateneo Ferrolán
O Ateneo Ferrolán está promovendo unha campaña de donación de fondos bibliográficos e hemerográficos con destino á recuperación da actividade da súa biblioteca e hemeroteca, no entanto o Concello non asuma os gastos derivados da obra de rehabilitación que promoveu, permitindo o retorno dos fondos propios do Ateneo.
Aos chamamentos do Ateneo respondeu o bibliófilo e investigador Jaime López Fernández cunha importantísima cesión de fondos hemerográficos históricos e contemporáneos, entre os que están as seguintes cabeceiras:
  • "El Practicante Galaico" (publicación editada en Ferrol entre 1926 e 1930)
  • "Diario de Ferrol" (de xuño 1999 a actualidade, de xuño 1999 a xaneiro 2005, encadernados)
  • "La Voz de Galicia" (de 1999 a xuño 2003)
  • "El Correo Gallego" (de 1946 a 1968, faltan anos 1950/1953 e 1954).
  • "Galicia en el mundo" (de 1999 a 2001)
  • "Nuevo Mundo" (1909)
  • "El Mundo Ilustrado" (28 de xuño de 1908)
  • "Por esos Mundos" (1905)
  • "Revista de la Sanidad de la Armada" (marzo de 1928)
  • "Galicia hoxe" (de maio 2003 a xaneiro 2005)
  • "Vida Marítima" (de 1904 a 1925, faltan 1906, 1907 e 1919)
  • "Diario Oficial de Marina" (de 1900 a 1985)
  • "Revista General de Marina" (de 1895 a 1999)
  • La Ilustración Artística" (de 1884 a 1916, faltan 1889 a 1908, 1910, 1911, 1912 e 1914)

Esta donación completouse cunha Enciclopedia Espasa de inicios do século XX. Cumpre salientar ademáis que boa parte das publicacións periódicas están encadernadas e, en xeral, en moi bó estado de conservación.
A incorporación destes fondos á Hemeroteca do Ateneo Ferrolán permite volver a ofrecer un completo servizo de hemeroteca, coa consulta en sala das edicións impresas destas publicacións e a consulta en ordenador das coleccións propias do Ateneo Ferrolán, dixitalizadas grazas a un convenio coa Fundación Barrie. Nun futuro non moi lonxano, contamos con poñer en marcha unha hemeroteca dixital na que se poidan consultar as coleccións dixitalizadas desde calqueira lugar do mundo.
Para a xunta directiva do Ateneo Ferrolán é unha enorme satisfacción poder ofrecer ao público en xeral este servicio de hemeroteca, que consideramos indispensable tanto para calquera traballo de investigación histórica como para a consulta puntual de datos de carácter histórico, xenealóxico ou para facer a crónica do noso pasado máis recente.
Queremos agracecer públicamente a Jaime López Fernández a donación destes fondos ao Ateneo Ferrolán, por varios motivos: en primeiro lugar, queremos salientar a importancia da súa preocupación por conservar, tratar e organizar toda esta colección de fondos hemerográficos, salvándoos do deterioro e a destrucción que afecta a boa parte do noso patrimonio bibliográfico e hemerográfico; en segundo lugar, pola súa xenerosidade ao poñelo á disposición do público en xeral mediante a cesión ao Ateneo; e en terceiro lugar, por confiar no Ateneo Ferrolán como lugar axeitado para a conservación e posta en servicio destas importantísimas coleccións.
Por todo elo imos facer patente o noso recoñecemento e agradecemento a Jaime López Fernandez, coa celebración dun acto solemne de entrega dos fondos hemerográficos, o vindeiro luns 16 de xuño de 2014, na Biblioteca do Ateneo Ferrolán, ás 20:30 horas.
Non queremos esquecer aos tres centenares de socias e socios do Ateneo que coas suas cotas permiten a continuidade deste servicio para todo o público, e que como colectividade está facendo un enorme esforzo de realización de actividades neste ano 2014. Tamén desexamos lembrar que a biblioteca do Ateneo Ferrolán está tamén en funcionamento hai xa algún meses, grazas ás donacións que autores e editores teñen feito nos últimos tempos, e moi especialmente, pola xenerosidade dun grupo de traballadores do Banco Pastor, que donaron a biblioteca que mantiñan na sede desta institución financieira ao Ateneo Ferrolán.
Para nós é unha grandísima alegría que o Ateneo Ferrolán continúe mantendo a tradición de ser un espazo que sirva para concitar as iniciativas xenerosas e altruistas, como a de Jaime López Fernández. E pola nosa parte, agardamos volver a converter o Ateneo nun referente nas tarefas de conservar, construir, lembrar, comunicar e crear cultura en todas as súas formas de expresión.
Somos cultura!!!
A xunta directiva do Ateneo Ferrolán
Ferrol, 12 de xuño de 2014



Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!

https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl

http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html







Presentación do libro "Perdemos o tren. As claves políticas do atraso", Xoves 12 ás 19,30 h.


 

Presentación do libro 
"Perdemos o tren. As claves políticas do atraso"
o xoves 12 de xuño ás 19,30 horas no Ateneo Ferrolán.

Galiza perde o tren –teremos un tren de alta velocidade de conexión coa Meseta case trinta anos despois de que o AVE chegase a Sevilla– porque así o decidiron os sucesivos gobernos do estado e non pola nosa climatoloxía, orografía, dispersión da poboación ou dificultades técnicas. As liñas Ourense-Vigo e A Coruña-Ferrol quedan para despois de 2021 e non temos tren de proximidade.
Non se pode entender este atraso sen analizar as súas raíces: a decisión política que toma o Goberno de Felipe González en 1993 coa aprobación do PDI, que deixa Galiza fóra da alta velocidade e as decisións que toma o Goberno de Aznar desde 1996 proxectando para Galiza un tren de terceira categoría. Esa vontade política reflíctese nos Orzamentos do Estado onde as partidas para o tren galego son practicamente inexistentes até o ano 2002. Foron as concorridas e exemplares mobilizacións cívicas que protagonizou a sociedade galega despois da catástrofe do “Prestige” as que cambiaron o rumbo e forzaron a aprobación do chamado Plan Galicia, que cambiou radicalmente os proxectos ferroviarios.
O libro recolle a pouca credibilidade dalgúns gobernantes que durante anos mantiveron o ano 2006 como referencia para a chegada da alta velocidade, despois o 2010, despois 2012, despois 2015, e despois...nin se sabe, enganando á cidadanía galega co único obxectivo de conseguir máis votos.
Soportamos durante anos numerosas promesas e mentiras apoiadas en campañas de propaganda pagadas pola Xunta e o goberno. Os acordos do Parlamento de Galicia e do Congreso dos Deputados foron sistematicamente incumpridos ou boicoteados. Hai que acabar con esta farsa.

ÍNDICE

Limiar

1. O TREN EN GALIZA
1.1. A chegada da primeira locomotora

1.2. Dos carrilanos aos traballadores portugueses

1.3. Do Talgo ao tren que “voa”

1.4. O tren como aposta de futuro

2. AS RAÍCES DO ATRASO

2.1. Plan Director de Infraestruturas (PDI) 1993-2007

2.2. Plan de Infraestruturas 2000-2007

2.3. Os Fondos Estruturais e de Cohesión da Comunidade Europea e as
Infraestruturas galegas

2.4. PDR (1994-1999), PEDEGA e PDIG

2.5. Convenios e máis convenios. A opinión de especialistas e técnicos
2.6. Francisco Vázquez e a alta velocidade

2.7. Debate sobre o Tren de Alta Velocidade en Galiza

2.7.1. Que entendemos por tren de alta velocidade?

2.7.2. A entrada en Galiza do TAV e o enfrontamento das “tribos” galegas

2.7.3. Tráfico mixto ou só de pasaxeiros?

3. O “PRESTIGE” E O CAMBIO DE RUMBO

3.1. O Plan Galicia

3.2. E chegou Magdalena Álvarez

3.3. Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte (PEIT) 2005-2020

4. AS LIÑAS FERROVIARIAS GALEGAS

4.1. Eixo Atlántico: “Rapidiño Galego”

4.1.1. A Coruña-Ferrol

4.1.2. A Coruña-Santiago

4.1.3. Santiago-Vilagarcía

4.1.4. Vilagarcía-Pontevedra

4.1.5. Pontevedra-Vigo

4.1.6. A conexión con Portugal: Vigo-Porto

4.2. O tren de alta velocidade (TAV) en Galiza

4.2.1. Lubián-Ourense. A chegada á cidade de Ourense

4.2.2. Ourense-Santiago.

4.2.3. Ourense-Vigo

4.2.4. A conexión con Madrid: Lubián-Olmedo

4.3. O nó ferroviario de Monforte

4.3.1. O acceso León-Monforte

4.3.2. Ourense-Monforte

4.3.3. O porto seco de Monforte
5. O AVE NO ESTADO ESPAÑOL

5.1. Madrid-Sevilla

5.2. Madrid-Barcelona

5.3. Madrid-Valencia

5.4. “Y” vasco

5.5. Madrid-Xixón. A variante de Pajares
6. A MOBILIZACIÓN CÍVICA

6.1. O abandono do tren de proximidade

6.1.1. Compañía Ferroviaria Galega

6.1.2. Recorte de servizos e peche de estacións

6.2. As plataformas galegas en defensa do ferrocarril

7. QUEN DEFENDE A GALIZA?

7.1. Debate sobre el estado de la nación

7.2. Comparecencia da ministra Magdalena Álvarez na comisión de Fomento do Congreso

7.3. A subcomisión de seguimento das infraestruturas

8. PARA CANDO A FINALIZACIÓN DAS OBRAS?

8.1. O “horizonte” de Touriño e Zapatero

8.2. Os Orzamentos Xerais do Estado e o peso político de Galiza

8.3. A confirmación da farsa

8.4. Despois do cambio na Xunta. O Pacto do Obradoiro

8.5. O PP chega á Moncloa: o TAV para o 2018

9. O ACCIDENTE DE ANGROIS: A ALTA VELOCIDADE NON FUNCIONA

9.1. Por que se produce o accidente?
9.2. Os dous últimos minutos da viaxe segundo a caixa negra
9.3. Funcionou a coordinación?
9.4. Comparecencias da ministra e dos responsábeis de RENFE e ADIF
9.5. Medidas preventivas despois do accidente
9.6. Opinións e valoracións
9.7. Esixir responsabilidades. O informe do xefe de maquinistas de Ourense

10. OPINIÓNS SOBRE O TREN DE ALTA VELOCIDADE

11. ALGUNHAS CONCLUSIÓNS

12. APÉNDICE

12.1. Promesas e propaganda

12.2. Accidentes, desprendementos, descarrilamentos...

12.3. Protagonistas e frases para a lembranza

12.4. Cronoloxía

12.5. Titulares

12.6. Siglas

12.7. Índice onomástico

12.8. Relación de artigos de opinión do autor sobre o tren e as infraestruturas

 
Dados biográficos
Manuel Monge González (Valladolid, 1947) é mestre e sociólogo. Foi concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico.
En 1999 publica o libro Autovías galegas. Crónica dunha farsa; en 2003 A Coruña de Paco Vázquez; en 2007 Outra Coruña é posíbel; en 2010 A historia secuestrada polo franquismo e en 2013 O “camarada Fraga” e as vítimas da represión franquista.
Colaborador con artigos de opinión en diversos medios de comunicación onde publicou máis de vinte traballos sobre as infraestruturas galegas, un deles Perdemos o tren en 1999.

Presentación da edición facsimil do “Conto galego” de Rosalía de Castro



Presentación da edición facsimil do “Conto galego” de Rosalía de Castro

no salón de actos do Ateneo Ferrolán

o mércores 11 de xuño de 2014 ás 19:30 horas

Participarán:

Xosé María Dobarro, catedrático de língua e literatura galega

Xesús Torres Regueiro, da Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos, responsable da edición


Presenta:

Eliseo Fernández (presidente do Ateneo Ferrolán)


O “Conto galego” de Rosalía de Castro é un traballo singular entre as obras de Rosalía de Castro. En primeiro lugar porque foi unha das poucas obras en prosa editadas en língua galega por Rosalía.

Ademáis, durante moito tempo a súa autoría estivo en dúbida e mesmo se chegou a pensar que fora unha obra póstuma da poetisa de Padrón. A aparición dunha edición orixinal do conto, editada en 1864 no xornal coruñés El Avisador, desfixo as dúbidas sobre a época na que foi escrito, mais as dúbidas continuaron canto á autoría pois esa primeira edición orixinal só viña asinada coas iniciais R.C.

A aparición da segunda edición do conto, que fora publicada como folletín no xornal El Eco Ferrolano aclarou a súa autoría, pois viña asinado por Rosalía de Castro. Estas dúas edicións foran publicadas baixo o título de “Contos da miña terra”, o que puidera indicar que formaba parte dunha serie de contos que, ou ben non se chegaron a publicar, ou ben están hoxe desaparecidos.

A Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos ven de publicar unha edición facsimilar desta obra de Rosalía publicada hai máis dun século por un xornal ferrolán e do que até hai ben pouco non existía ningunha noticia.


Xesús Torres Regueiro
http://galegos.galiciadigital.com/es/xesus-torres-regueiro



Xosé María Dobarro
http://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_Dobarro

Charla-Debate: AS ELECCIÓNS EUROPEAS E A ABDICACIÓN DO REI. ¿UN NOVO ESPAZO POLÍTICO E SOCIAL?


Charla-Debate: 
AS ELECCIÓNS EUROPEAS E A ABDICACIÓN DO REI. 
¿UN NOVO ESPAZO POLÍTICO E SOCIAL? 
 
O luns día 9 de xuño ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán. 
Con: Xosé Leira López (sociólogo) e Santiago Míguez González (politólogo). 
Presenta Eliseo Fernández Fernández
Entrada libre. 

Xosé Leira López, sociólogo.
Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Na actualidade é profesor titular de Socioloxía da Universidade da Coruña, coordinador de Mestrado en Xestión e Patrimonio Cultural e director, desde 1995, do proxecto cultural e de investigación Aulas no Camiño.
Os seus traballos de investigación sociolóxica están recollidos en máis de cincuenta publicacións: monografías,capítulos de libros e revistas científicas. Como escritor de literatura foi membro fundador na década dos 70 do Grupo de Comunicación Poética Rompente. Ten tamén artigos publicados en prensa e pronunciou conferencias en diversas universidades europeas.


Santiago Miguez González, politólogo
Profesor Titular de Ciencia Política e da Administración. Doctor en Derecho por la Universidad de Zaragoza y licenciado en Ciencias Políticas y Sociología por la Universidad Complutense de Madrid. Realizó estudios de máster en Ciencia Política en la Universidad de Carolina del Norte (EE.UU).
Vinculación con la universidad
En la UDC ha ocupado los cargos de Vicedecano de la Facultad de Sociología y coordinador del Máster Oficial en Metodología de la Investigación en Ciencias Sociales. Actualmente es Director del Departamento de Sociología y Ciencia Política.

“III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia. Pobreza e violencia estrutural”. Venres 6 e sábado 7


A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) organiza as “III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia. Pobreza e violencia estrutural”, nas que contrastados investigadores e profesionais analizarán de qué maneira a actual política de recortes en servizos públicos está a afectar aos dereitos básicos da infancia. As charlas terán lugar no salón de actos do Ateneo Ferrolán venres 6 de xuño de 17.00h a 21.00h e o sábado 7 de xuño de 10.00h a 14.00h.

Como cada ano, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), celebra as súas Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia que, dende unha perspectiva ampla e multidisciplinar, analizan aqueles problemas sociais afectan aos dereitos dos nenos e as nenas no noso país. Estas terceiras xornadas levan por título “Pobreza e violencia estrutural” e nelas profundizarase na perda de dereitos da infancia que o actual panorama socioeconómico está a causar, levando a un terzo dos nenos e nenas do Estado español aos lindes da exclusión social, tal e como recentes informes publicados veñen de constatar.

Deste xeito, a primeira cita das Xornadas, o venres 6 de xuño, componse dunha serie de relatorios que ofrecerán unha radiografía do actual contexto económico, político e social. As palestras darán inicio, ás 17.15h coa intervención de Diego Costoya, do xornal marxista El Militante, que ofrecerá unha análise da actual situación económico-política que nos leve a saber algo máis do que se agocha tras a tan nomeada “crise”. Ás 18.00h. o profesor David Álvarez, da Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía de Portugal, afondará dende un punto de vista da epidemioloxía social as distintas tipoloxías deviolencia que se están a dar na sociedade contemporánea. Xa ás 19.15h chegaralle a quenda a Fernando Blanco, membro de Esculca. Observatorio Galego dos Dereitos Humanos, que nos falará dos centros de menores en Galiza, baixo o título “Centros ou cárceres de menores?”. Para rematar esta primeira parte das xornadas, Santiago González Avión, sociólogo e membro da Asociación Diversidades falaranos da transmisión xeracional da pobreza en Galiza.

A segunda parte das xornadas, desenvolverase na mañá do sábado 7 de xuño, e analizará os efectos que a actual política de austeridade e recortes en servizos públicos está a provocar en nenos, nenas e adolescentes. Para comezar, ás 10h, celebrarase unha mesa redonda sobre educación, na que participarán Guillermo Díaz, do Sindicato de Estudantes, Xabier Sánchez, da Federación ANPAs de Ferrolterra, e Lupe Ces do CEIP M. Masdías de Ferrol. A seguir, ás 11h, analizaranse os principais problemas que deben afrontar os nenos e nenas discapacitados, nun relatorio que correrá a cargo de Lidia Martín, traballadora da Asociación Sociocultural “ASCM” de Persoas con Discapacidade. Ás 11.20h tócalle a quenda a Beatriz Dorrío, psicóloga do Patronato Concepción Arenal, que nos falará dos nenos inmigrantes, da perda de dereitos legais e das afeccións psicolóxicas que experimentan as crianzas que teñen que deixar o seu país de orixe. Xa ás 11.40h, da man de Inacio Martínez, de STOP-Desafiuzamentos afondaremos na perda do fundamental dereito á vivenda.

Logo dunha pausa para o café, afrontaremos a recta final das III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia. Pobreza e violencia estrutural. Ás 12.30h Raúl Asegurado, educador nun centro de menores, falaranos de protección de menoresÁs 12.50hInés Fernández, da ONG Médicos del Mundo, analizará as dificultades para o acceso á cobertura sanitaria dos máis pequenos no Estado español. Por último, ás 13.10hCristina Martínez, de Mulleres Xuristas Themis, afondará en cómo a actual política de recortes afecta á defensa legal das crianzas. Ao remate desta última intervención, abrirase un debate co público asistente, no que participarán todos os profesionais e especialistas que interveñen nesta xornada do sábado.

"As noites do Ateneo" con "BANG 74" en directo. Venres 6 ás 21 h. Entrada de balde.

 
O próximo venres día 6 de xuño a partir das 21 h. en "As noites do Ateneo"
 Bang Setentaycuatro no Ateneo Ferrolán. Entrada de balde. 

Somos Música. Somos Cultura. Salvemos o Ateneo
 

Cine Mudo en directo co pianista Fran Rei o xoves 5 ás 20,30 h.



O xoves día 5 de xuño ás 20,30 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán 
terá lugar unha sesión de cine mudo. 
Nesta ocasión da man do pianista Fran Rei a xente poderá disfrutar remontando a súa imaxinación aos tempos do cine mudo vendo a proxeción do filme "Chico", de Charles Chaplin, o inesquecible Charlot.
 



Presentación do Libro: “GUIA PARA O DESCENSO ENERXÉTICO”


PRESENTACIÓN DO LIBRO: “GUIA PARA O DESCENSO ENERXÉTICO”

http://galiza.pospetroleo.com/2014/05/29/sementando-a-revolucion-pospetroleo-no-ateneo-ferrolan-4-de-xuno/

Todo o que nos rodea está impregnado de petróleo: desde os alimentos que comemos ata os medicamentos que nos sanan. Mais o consumo inxente que practicamos desde hai décadas levounos a alcanzar o teito do petróleo, estancar a súa extracción e alcanzar unha máxima inevitable: 
cada vez temos menos cru e o pagamos máis caro.
As consecuencias son palpables: vivimos un colapso financeiro e dos mercados, conflitos políticos e sociais, colapso do sistema sanitario e crise cultural e de valores. A rebelión preséntase como única vía para transformación a realidade, apostando polo decremento e o consumo sustentable. Así o cree o colectivo Véspera de nada, que vén de publicar esta Guía para o descenso enerxético, con consellos para que as galegas e galegos comecemos a construír unha Galiza sen petróleo.
Pero, estamos preparados para dispoñer de menos enerxía? Son as renovables un substituto real do petróleo? Está a sociedade industrial e de consumo actual condenada á desaparición? Estamos listos para liderar unha transformación socieconómica e cultural? É posible unha Galiza post-petróleo?


O mércores día 4 de xuño no salón de actos do Ateneo Ferrolán ás 20 h.

PRESENTA: Bernardo Maiz (Historiador)

INTERVEÑEN:

Manuel Rei (Mecenas da guia).

Begoña de Bernardo (Enxeñeira Agrónoma e membro de Vespera de Nada)

Xoan Doldan (Economista e Presidente de Vespera de Nada)

Related Posts with Thumbnails