"A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) a debate". Venres día 10 ás 19 h.





As Marchas da Dignidade Ferrolterra invitanvos a asistir á conferencia

A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) a debate 
o vindeiro venres 10 de Outubro ás 19:00 no Ateneo Ferrolán 
Entrada libre
  
Ten como fin informar sobre o denominado Tratado de Libre Comercio entre EEUU e a UE que se está a negociar de costas á cidadanía e sen intención de solicitar a súa aprobación. 
Un tratado que, de firmarse segundo as directrices das corporacións que dirixen dende a sombra a negociación, pode supoñer unha catástrofe para o noso país en materias como a saúde, a alimentación, o medioambiente e a economía.

Contaremos coa destacada intervención de Isabel Vilalva, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, e Manuel Martín, médico e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública.

Rógase a súa difusión

Un saúdo,

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolte
rra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails