Ciclo de Conferencias: "Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".

Ciclo de Conferencias:
"Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".

 
O venres día 28 de novembro e 12 de decembro ás 19,30 h. 
no salón de actos do Ateneo Ferrolán.  
Entrada libre.

Inscríbete no Congreso Hildegart. A celebrar os días 5, 6, 7 e 8 de decembro en Ferrol



Inscríbete no Congreso: http://congresohildegart.blogspot.com.es/

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2014/07/centenario-de-hildegart-congreso-e.html

O Congreso sobre a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira que promove o Ateneo Ferrolán na cidade para os días 5 a 8 de decembro terá eco tamén na Coruña e Madrid a través de dous actos públicos nos que Hildegart será a protagonista.
Na Coruña, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do congreso o día 4 de decembro ás 20.00 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras da cita, e de algún dos investigadores especializados na figura de Hildegart.
Posteriormente, no Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe á pensadora e feminista  o día 9 de decembro, ás 19.30 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Na capital española falarán representantes destas tres entidades así como a popular feminista Lidia Falcón. O acto quere lembrar que o día 9 do mes de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde foi asasinada o 9 de xuño de 1933.


http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/coruna-madrid-acolleran-presentacions-do-congreso-do-ateneo-hildegart/20141124223052107821.html

Presentación do libro:"De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika (2012-2014)"


Presentación do libro: 
"De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika (2012-2014)"

 O próximo xoves, día 27 de novembro ás 20 h. no salón de actos do Ateneo

Intervirán: 
Anxo Lugilde, Manuel M. Barreiro, Rodrigo Ramos Ardá e Ismael González Bouza.

Entrada libre.

XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES”. Prazo ate o 5 de decembro.



Participa e Difunde!

XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” 
A celebrar os días 17, 18 e 19 de decembro do 2014

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 5 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Os días 17, 18 e 19 de decembro de 2014, levaranse a cabo ás XIV XORNADAS MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes catorce anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2014/09/xiv-xornadas-mostra-de-curtametraxes-17.html


Sesion Vermú no Ateneo Ferrolán. Sábado día 15 a partir das 12 da mañá.


Sesion Vermú no Ateneo Ferrolán 
o sábado día 15 de novembro a partir das 12 da mañá. 

Actuación en directo do grupo REFUGALHOS en apoio ao Ateneo. 

Haberá petiscos, cervexas, zumes, ... e sobre todo vermú.
Entrada libre.

Presentación do libro: "Del Amor" de Ricardo Mella. Xoves día 13 ás 19 h.



 













O xoves día 13 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán presentación do libro:
 "Del Amor" de Ricardo Mella. 

Organiza Unión Libertaria. Entrada libre.
 

Tal e como anunciaramos en abril...ESTA SEMANA...ACCIÓN LIBERTARIA II presenta o libro 
DEL AMOR, RICARDO MELLA.

O 10 de novembro de 1889 celebrabase en Barcelona o "Segundo Certamen Socialista". O 15 de novembro de 1899 nacía en Pontevedra, Urania Mella Serrano. De aí que entre o 12 e o 15 de novembro deste 2014 demos en presentar en terras galegas Del Amor, libro que compendia os ensaios "Breves apuntes sobre las pasiones humanas" e "Del Amor: modo de acción y finalidad social", textos do topógrafo e pensador libertario Ricardo Mella imprentados en Madrid este mesmo ano e que chegan agora a nosa terra da man dos seus editores, La Rosa Negra.

Catro xornadas, catro puntos xeográficos distintos para coñecermos as razóns que motivaron á editorial madrileña a dar ao prelo estes textos do pensador vigués, ao tempo que afondamos na actualidade e utilidade do ideario do "Século de Ouro" do anarquismo español. Así, a través da pluma áxil e sinxela de Ricardo Mella recordaremos un claro, honesto e harmónico xeito de encarar a vida e a realidade social.

Desta sorte, a primeira parada destes parrafeos será o mércores 12 en Betanzos na Libraría Biblos, continuamos a viaxe e o xoves 13 xunto con Unión Libertaria apeámonos en Ferrol para visitar o lendario Ateneo Ferrolán. O venres 14 a parada terá lugar en Vigo na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios, onde entre moitas outras mulleres e homes estudaron as irmáns Alianza, Esperanza, Urania e Luz. Finalmente, o peche deste traxecto será na emblemática Taberna Marrucho en Baiona para podermos celebrar o 15 de novembro o aniversario de Urania a carón da súa familia e coas actuacións da banda folk A Bagunda e do home máquina do ragga galego, Xenderal.

"Sen o amor non habería artistas. Sen a curiosidade, non habería ciencia.
 

Sen as necesidades da vida, non habería traballo, non habería sociedade, non habería persoa. Sen o desexo de pracer, o mundo converteríase nun inmenso cemiterio" Ricardo Mella

"Defendámonos, logo, caladamente, con furia, ou con humor tibetano, pero non transixamos cunha soia agresión máis, porque os ataques están sendo máis sutís, máis cheos de argumentos, de falsa erudición, en nome do Progreso ou dunha incerta Irmandade Universal que só avanza cara á uniformidade tecnolóxica. Está en xogo a nosa supervivencia, e non só como Pobo, senón como seres humanos"
Lois Pereiro, "Modesta Proposición"


Gallaecia, novembro 2014

Acto de entrega da cesión da biblioteca de José María López Dafonte ao Ateneo Ferrolán



 Acto de entrega da cesión da biblioteca de José María López Dafonte ao Ateneo Ferrolán
 

O vindeiro luns, 10 de novembro, ás 20:30 horas terá lugar na biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán, o acto de entrega da biblioteca de José María López Dafonte ao Ateneo Ferrolán.
Con este acto, o Ateneo Ferrolán quere agradecer a José María López Dafonte a súa xenerosidade e cooperación na tarefa de recuperar o noso patrimonio cultural e poñelo a disposición de todo o público. Pola súa parte, e malia os atrancos, o Ateneo continúa mantendo o seu compromiso coa defensa da nosa cultura e do noso patrimonio cultural.
A cesión de José María López Dafonte está composta por numerosas publicacións editadas en Ferrol e documentación orixinal de diversas institucións escolares que existiron na nosa cidade, nas que tiña participado o seu antepasado Andrés López Otero.
En concreto trátase de documentos e libros pertencentes aos séculos XIX,XX e XXI, cuxo eixo vertebrador é a educación e a cultura, destacando pola súa variedade: "O barco-peixe", de Monturiol ata guías turísticas en torno a Galicia pertencentes á ditadura de Primo de Rivera do mesmo xeito que un exemplar da época da Constitución española de 1931 e prensa en torno á II República e ao Franquismo, diferentes catálogos de Institutos Técnicos de Galicia; régimines internos de Centros de Galicia, nas que destaca o Colexio "Dequidt" da Coruña; estudos realizados en torno a Galicia de diferentes universidades españolas.
En canto a Ferrol, documentación da Sociedade Española de Construción Naval e de xeito especial as súas escolas (diurnas e nocturnas), viaxe de estudos a ParIs en 1930 de Carmen Castrillón, do mesmo xeito das viaxes realizadas polo seu director e concelleiro republicano Andrés López Otero a Barcelona,Madrid y Tarrasa. Documentación en torno ao seu fillo, Andrés López Dafonte, tamén director das Escolas da S.E de Construción Naval, profesor da Escola Elemental do Traballo, socio da Liga Racionalista e fundador da "Academia "Dafonte". Documentación exhaustiva relacionada coa Escola de Artes E Oficios e da Escola Elemental do Traballo de Ferrol y Reglamentos do Corpo de Máquinas da Armada do ano 1915.
Esta cesión é un conxunto documental de grande interese que está xa a disposición do público e que enriquece o fondo local da nosa biblioteca-hemeroteca.


















Xa temos o disco recompilatorio de SONS DE FERROLTERRA gravado no Ateneo


Xa temos o disco recompilatorio de SONS DE FERROLTERRA
 

O outono musical inaugúrase co lanzamento deste recompilatorio, onde se reúnen as agrupacións máis representativas da bisbarra.
 

Microrec Producciones, discográfica musical da Coruña, é a produtora encargada da organización deste proxecto; un disco recompilatorio, que se edita co propósito de dinamizar o sector do canto coral, clásico, moderno e tradicional, da Bisbarra de Ferrolterra.
 

O obxectivo é promover este xénero musical, fortalecer o sector creando sinerxías e poñer en valor o aspecto cultural, social e etnográfico deste tipo de agrupacións. No disco participan 17 agrupacións, máis de 400 persoas entre músicos e directores, interpretando as pezas máis representativas da Bisbarra de Ferrolterra: habaneiras, boleros, pezas clásicas e tradicionais, como "Niña de Fene" ou "Ferrol, donde yo nací".
 

Durante dous fins de semana intensivos, todas as agrupacións gozaron dunha sesión de gravación individual, ofrecida de forma gratuíta por Microrec Producciones. As gravacións tiveron lugar no Auditorio do Ateneo Ferrolan e na Casa da Cultura de Neda, institucións que colaboraron no proxecto a través da cesión gratuíta das súas instalacións. Pola súa banda, a Banda Militar do Tercio Norte de Infantería, realizou a súa gravación no Auditorio da Escola de Especialidades "Antonio de Escaño".
 

Poderán gozar dun avance deste traballo, e ao mesmo tempo descubrir como se levaron a cabo as xornadas de gravación, no making of que encontrarán neste enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=jEqyez2sMz0





Conferencia de Xesús Alonso Montero "Santiago Montero Díaz, do marxismo ó fascismo e, de novo, ó esquerdismo”


O Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, estará o vindeiro martes 11 de novembro no Ateneo Ferrolán para pronunciar unha conferencia sobre Santiago Montero Díaz.
O martes 11 de novembro, ás 20 horas, o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero pronunciará unha conferencia no salón de actos do Ateneo Ferrolán baixo o título
 “Santiago Montero Díaz, do marxismo ó fascismo e, de novo, ó esquerdismo”
A conferencia será presentada polo catedrático Xosé María Dobarro, e analizará a controvertida figura do historiador e profesor universitario Santiago Montero Díaz (Ferrol, 1911 – Madrid, 1985), pioneiro do marxismo na Galiza e despois militante das JONS. Nos anos do franquismo, Santiago Montero Díaz adoptou unha postura crítica co réxime e apoiou as mobilizacións estudiantís nos anos 60, motivo polo que foi suspendido por dous anos da súa cátedra universitaria.
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é catedrático de lingua galega, ensaista e foi nomeado presidente da Real Academia Galega en abril do pasado ano 2013. Ten unha extensa obra nos campos da poesía, teatro e ensaio, destacando os seus escritos sobre a situación da lingua galega.
Para o Ateneo é unha grande satisfacción presentar esta conferencia na nosa entidade do presidente da Real Academia Galega, quen manifestou ademáis o seu interese en coñecer de primeira man os problemas polos que atravesa o Ateneo Ferrolán.

Comezamos as aulas de DEBUXO E PINTURA no Ateneo.


Comezamos as aulas de DEBUXO E PINTURA no Ateneo 
todos os mércores de 18 a 20 h.
-Imparte: Miguel-Anxo Varela Díaz, licenciado en Belas Artes.

-Todos os temas e técnicas.
-Preparación para Belas Artes, Selectividade, Artes e Oficios, etc...

APUNTÁDEVOS. Matrícula aberta.
 45 € mensuais para Soci@s e 50 € mensuais para Non Soci@s

Related Posts with Thumbnails