Feirón Cultural no Ateneo. Domingo 21 a partir das 11,30 h.


 
O domingo 21 de decembro, coincidindo coa feira de Ferrol, haberá un Feirón Cultural no Ateneo Ferrolán, dende as 11:30 da mañá, coa participación de diversas entidades culturais e sociais da bisbarra, e amenizada polo grupo “Kozmic Blues” que tocarán a partir das 13 h..
A idea deste feirón cultural é que as entidades sociais e culturais da bisbarra poidan ofrecer ao público os seus traballos e as súas inquedanzas, fornecendo ademáis un ámbito de convivencia e colaboración que sirva de complemento á tradicional feira da cidade.
Calqueira colectivo ou organización que queira tomar parte neste feirón pode facelo poñéndose en contacto co Ateneo.
Ao tempo convidamos a toda a xente da bisbarra a desfrutar dunha mañá alegre de cultura, convivencia e feira nos locais do Ateneo. Agardamos a vosa presencia.
O Ateneo Ferrolán

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails