Exposición Fotográfica "SENTIMENTOS" de PABLO PRADOS

Exposición Fotográfica "SENTIMENTOS" de PABLO PRADOS
Do 2 ao 30 de setembro de 2014

Salas de Exposicións do Ateneo Ferrolán
Inauguración o martes día 2 de setembro ás 20,30 h.

http://pablopradoss.com

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria. O 15 de setembro.


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA


Benquerido socio /socia:


Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o luns día 15 de setembro ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, no salón de actos do Ateneo coa seguinte

ORDE DO DÍA

- Informe de situación.
- Demanda Mudanzas Félix
- Rogos e preguntas



Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,

Ferrol 29 de agosto de 2014





Asdo.- Eliseo Fernández Fernández
Presidente


 

Presentación do libro "La ficción democrática". Venres 22 de agosto ás 20,30 h.

Presentación do libro
 "La ficción democrática" 
coa presenza do prologuista Rafael Cid
venres día 22 de agosto ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo. 
Organiza Unión Libertaria.






Rafael Cid periodista e escritor de longa traxectoria. Activista libertario desde a súa mocidade, foi adxunto ao Comité Nacional de CNT ao inicio da Transición e un dos responsables de Comunicación de CNT neses anos.
Director de ‘Castilla Libre’, despois de Eduardo de Guzmán; fundador e director de ‘Historia Libertaria’ a finais da década de 1970, en cuxa publicación rescataron a moitas figuras do movemento libertario; tamén
foi director da colección Anatema da editorial Aguilar. Actualmente colabora activamente como periodista de opinión en Radio Klara, Kaos en la Red e outros medios alternativos, é tamén asiduo colaborador de La Linterna Sorda.

Concerto "A Escola da Vaca Blues Band". Mércores día 20 de agosto ás 20,30 h.


Concerto "A Escola da Vaca Blues Band" 

en directo no salón de actos do Ateneo 
o próximo mércores día 20 de agosto ás 20,30 h. 

Entrada de balde.


Related Posts with Thumbnails