Exposición de Pintura de ALEJOS. Do 4 ao 28 de febreiro.

 Exposición de Pintura de ALEJOS "DERRADEIROS TRABALLOS" no Ateneo
Do 4 ao 28 de febreiro

Horario de visitas: 
luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h.
sábados de 10,30 a 13,30 h.
                               
O pintor ferrolán Alejos, que vén de presentar a súa obra máis recente en Barcelona o pasado mes de outubro, expoñerá as súas últimas obras no ATENEO FERROLAN a partir do mércores día 4 de febreiro.
Posteriormente, o día 19 do mesmo mes inaugurará exposición na madrileña GALERÍA HERRAIZ, así como tamén será un dos poucos pintores europeos en expoñer na prestixiosa feira chinesa ART BEIJING, xa no mes de abril.

"De formación autodidacta, na pintura de Alejos podemos ver influencias de diversas correntes estilísticas, como son o pop art, a arte naif ou o xaponés ukiyo-e, aínda que el prefire denominar o seu estilo como "un novo impresionismo". Manchas de cores puras, ben definidas, xogan entre si harmoniosamente creando sutís paisaxes que impregnan as nosas retinas e que quedarán fixadas na nosa memoria, probablemente para sempre. Tráennos recordos de mestres de tempos pasados...del xaponés Hokusai, de Matisse e as súas cartolinas recortadas, tamén de Van Gogh e os seus coloridos paisaxes e mesmo, das xa máis recentes, pinturas americanas de Hockney. É, ante todo, unha pintura lírica, imaxinativa, alegre, suxestiva e especialmente rechamante, coa que este artista nos recorda que a arte é ante todo creación, interpretación, non simple copia da realidade, facendo fincapé en que o mundo debe representarse, non só como é, senón tamén, como se sente. Hai obra de Alejos en EUA, China, Reino Unido, Portugal, España, etc,".

Memoria Actividades Realizadas no ano 2014 no Ateneo Ferrolán


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Memoria Actividades Realizadas no ano 2014 no Ateneo Ferrolán

AUDIOVISUAIS
 - Martes de Cine. (Todo o ano)
  
 Ciclos:
  “Eisenstein”
  “O embarazo e o dereito a decidir”
  “Novos Medos”
  “Berlanga eterno”
  “A conquista dos dereitos”
  
 - Proxección Curtametraxe “Percepción” de José A. Jiménez
 - Proxección Documental “Arde Madrid” de Antón Caeiro.
 - Presentación Curtametraxe “Naufraxios” de Angel Ferreira
 - Proxección “Chico” de Charles Chaplina con Fran Rey ao piano.
 - Presentación Documental “Yo Decido. El tren de la libertad”
 - Proxección da película “El tiempo de Plácido Meana” de Kike Narcea
 - Presentación da Curtametraxe “ADSL” de Manuel G. Bonome
 - XIV Xornadas “Mostra de Curtametraxes”

BIBLIOTECA – HEMEROTECA

Dende o ano 1989 está considerada “BIBLIOTECA DE TITULARIDADE PRIVADA DE ESPECIAL INTERESE PARA GALICIA”.
E dende o ano 1996 (Orde do 21.10.1996) está “INTEGRADA NA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA”.

Os FONDOS increméntanse, como non podía ser doutra maneira, mes a mes, o que supón un esforzo económico e persoal para a conservación e difusión de dito patrimonio.

O Ateneo Ferrolán mantén aberta libre e gratuítamente a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca. Facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura.

A destacar neste ano 2014:

 - Cesión fondos Biblioteca-Hemeroteca – Jaime López Fernández
 - Cesión fondos Biblioteca-Hemeroteca – José Mª Dafonte
 - Publicación do libro “Hildegart en La Tierra” 


CIRPEN GRUPO FILOSÓFICO. Todos os primeiros mércores de cada mes.

CLUB DE LECTURA do Ateneo. Todos os primeiros martes de cada mes

CONFERENCIAS – DEBATES

 - Recital Poético sobre “Xaime Quintanilla Martínez”
 - Conferencia sobre “A Fronte Popular”
 - Conferencia: “Base popular do independentismo catalán” por José Mª Roselló.
 - Presentación do Grupo Surrealista Galego e proxección do filme de poesía visual “Xalundes” por Xoan Abeleira
 - Palestra sobre “O 10 de marzo”
 - Presentación – Revista LUZES - “Aquí facemos barcos”.Debate sobre o naval
 - Charla arredor de “A noite branca” con Francisco Fernández Naval.
  - Mesa Redonda: “O dereito a decidir”
 - Charla “Polo dereito a unha morte digna”
 - Conmemoración Día da República
 - Semana do Abril Portugués
 - Presentación Actas “Xornadas sobre saneamento”. Federación Veciñal “Roi Xordo” - Colexio Arquitectos.
 - Charla sobre “O maltrato infantil”
 - Semana Letras Galegas
 - Charla: “A escola Zapatista” por Fernando Marcelín
 - Xornadas AGAMME Asociación Galega contra o maltrato na infancia e na adolescencia”
 - Debate: “As eleccións europeas e a abdicación do Rei. ¿Un novo espazo político e social?”
 - Comisión Coordenadora “Galiza pola república e o dereito a decidir”
 - Conferencia de Juan Torres
 - Conferencia “Repensar a anarquía” por Carlos Taibo. Organiza: Unión Libertaria.
 - Conferencia”Chernibyl” por César Toimil.
 - Asemblea informativa: “Tratado Libre Comercio”
 - Asemblea Aberta “Contra a represión sindical”
 - Xornadas sobre Medio Ambiente
 - Conferencia de Xesús Alonso Montero
 - Xornadas “Urbanismo e Cidade”
 - Conferencia de Ana Romero Masía

CONGRESO CENTENARIO HILDEGART

CELEBRACIÓN ANIVERSARIO DO ATENEO FERROLÁN: “135 ANOS NA CIDADE DE FERROL (1879-2014)” 

ESCENA / TEATRO / POESÍA

 - Teatro “La farmacia de Chejov”
 - Representación “Experimento Marcos” - UDC
 - Teatro Radiofónico “Crónicas Republicanas”
 - Representación Teatral “Falando Claro” de Pepe Sendón
 - Radioteatro “A guerra dos mundos 2012”
 - Espectáculo de MARIONETAS “El gato con botas”
 - RECITAL POÉTICO “SOMOS POESÍA – SALVEMOS O ATENEO”

EXPOSICIÓNS

 Fotografías de Rita Gutiérrez
 Fotografías de Ricardo Gómez
 Fotografías de Ana Gil
 Pinturas de Paloma Jaén
 Fotografías de José Luis Pérez
 Fotografías de José Dopico Cereijo
 Pinturas – Esculturas – Gravados. Solidaria Ateneo
 Pinturas de Delio Sánchez
 Fotografías de Pablo Prados
 Fotografías “12 ollos 24 miradas” . Varios Autores
 Fotografías do “Outono Fotográfico”
 Centenario Hildegart

FEIRÓN CULTURAL no ATENEO.KOZMIC BLUES en directo.

MÚSICA EN DIRECTO / CONCERTOS 

 - Concerto de Airan Beltrán, Xurxo G. Climent e Lucía Cortiñas
   - Concerto de Piano - Alumn@s Montalbo
 - Sesión Vermú con música en directo de Jorge Mirancos
 - Concerto X.M. Lago e Oscar Martínez
 - Concerto Fer Patiño
 - Gravación do CD “SONS DE FERROLTERRA”
 - Concerto Violén – A Escola da Vaca
 - Concerto Rubén Artabe
 - Sesión Vermú con música en directo de Oscar Fojo
 - Sesión Vermú con música en directo de La Mandanga
 - Sesión Vermú con música en directo de Roger de Flor
 - Sesión Vermú con música en directo de Refugalhos
 - Concerto “As noites do Ateneo” con “Bang 74”
 - Concerto Soprano Cecilia Rie Franchi – Piano José M. Yáñez Carballeira
 - Concerto de Marcos Mella
 - Concerto “A Escola da Vaca Blues Band”
 - Concerto Miguel Alonso
 - Concerto Silvia Penide
 - Concerto Tato López
 - Concerto Recital Xosé Constela

OBRADOIROS – TALLERES

 Obradoiro de Danza Contemporánea
 Curso Guión para Cine
 Curso Fotografía Nocturna
 Curso Audiovisual
 Curso Interpretación para Cine
 Curso Debuxo e Pintura
 Curso Iniciación á Fotografía
 Curso Creación de Guións para Cine e TV

PRESENTACIÓNS PUBLICACIÓNS

 Para que nos sirve Galiza?” de Xaime Subiela
 Caderno Republicano nº3 “O camarada Fraga e as vítimas da represión franquista”
 “Perlío no pasado” de Mª Xesús Arias e Henrique Sanfiz
 “Revista Estudios”. Unión Libertaria
 “Horas Polares” de Natalio Gómez
 “Emigrantes, exiliados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)” de Dionísio Pereira
 Poemario “Rio Alzheimer” de Carlos Pereira
 “Guía para o descenso enerxético” de Begoña de Bernardo e Xoan Doldan
 Revista “Razón Socialista” – Fuco Buxán
 Acto Rosalía de Castro – Presentación dun conto recuperado de Rosalía “Conto en galego” de Xesús Torres Regueiro
 “Perdemos o tren As claves políticas do atraso” de Manuel Monge
 Presentación libro de Blanca Quintanilla
 Presentación libro Poemas “A distancia do tambor” de Eva Veiga
 Presentación libro “La ficción democrática” de Rafael Cid
 Presentación libro “De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da Troika (2012-2014) de Anxo Lugilde.
 Presentación libro “Del Amor” de Ricardo Mella
 Presentación libro poemario “Remontar o río”
 Presentación libro “De vida ou morte” de Mª José Castelo

PROGRAMACIÓN ESPECIAL NADAL – A ESCOLA DA VACA

Imaxes: 
https://picasaweb.google.com/110482366806784127628/ACTIVIDADESCULTURAIS




Espectáculo de MARIONETAS: "La gallina de los huevos de oro". Sábado día 31 ás 12 h.

Un espectáculo de MARIONETAS para publico infantil e familiar
"La gallina de los huevos de oro"

Posta en escena e dirección - Plamen Dipchikov
Escenografía, marionetas e vestuario - Ani Petrova
 
Sábado 31 de xaneiro ás 12 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolan
Entrada: Infantil 3€ / Adultos 5€
Soci@s: 3€

Exposición de Pinturas de Pedro Castro. Do 2 ao 30 de xaneiro.

 
"As Cantigas de Alfonso X: A súa música, historia e pintura"
Exposición de Pinturas de Pedro Castro
 
do 2 ao 30 de xaneiro no Ateneo Ferrolán

Obradoiro-Taller de Coaching. Venres 9 de xaneiro de 18:00 a 20:30 no Ateneo Ferrolán

Obradoiro-Taller de Coaching
o venres 9 de xaneiro de 18:00 a 20:30 no Ateneo Ferrolán.
Imparte: Sabela Naranjo

"Pasa a ITV a túa vida e ponte a punto para o 2015"
Neste taller pecharemos o ano e nos adentraremos a outro con novas ilusións.

¿Qué traballaremos?
- Faremos un balance para extraer todo o positivo do 2014 e, dos “erros”, os
seus arprendizaxes. Deixaremos todo aquilo que xa non queremos para o 2015
por medio dunha actividade de escritura terapéutica chamada “La carta de
despedida”.
- Ensinareivos a utilizar unha ferramenta clave no Coaching, “La rueda de la
vida”. Onde descubriremos o noso estado presente e cada unha das áreas da
nosa vida e cal de ellas necesita que poñamos máis atención.
- A través do “Modelo Smart” coñecereis os punto claves para deseñar un
obxectivo eficaz e, deste xeito, alacanzalo máis sinxelamente.
- Planificaremos o novos propósitos por medio dunha “Batería de preguntas
poderosas”:

¿Qué queremos?... ¿Para qué o queremos?... ¿Cómo o conseguiremos?...
¿Cándo?...
- E nos cargaremos de motivación e ledicia para comenzalo ano con bo pé.

As prazas son limitadas e o grupo será reducido.
O prezo: Soci@s 22 € e Non Soci@s 25 €

Related Posts with Thumbnails