Actividades Culturais no Ateneo do 16 ao 21 de marzo.

 

ACTIVIDADES CULTURAIS no Ateneo 
Semana do 16 ao 21 de marzo de 2015


EXPOSICIÓN
Exposición de FOTOGRAFÍAS "Mondas de Luz" de PEPE POSSE, cuxa materia prima é 
A SEMANA DE POESÍA SALVAXE. 

A Exposición aberta ao publico do 6 ao 30 de marzo.

OBRADOIROS:

ESCOLA DE TEATRO: Martes e xoves de 19 a 21 h. 
Taller “LOOKS da cidade” de Dulce Anca. Luns ás 17,30 h.
DEBUXO e PINTURA de Miguel Anxo Varela. Mércores de 18 a 20 h.
FOTOGRAFÍA (Nivel perfeccionamento) de Fran Nieto. Mércores de 19 a 21 h.
GUITARRA de Gabriel de Guerramayor. Sábados de 11 a 13 h.


MARTES DE CINE. CICLO DE CINE
Ciclo de audiovisuais sobre a radio.Actos do décimo aniversario das emisións de Rádio FilisipiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol):
Marzo 2015. Ateneo Ferrolán, salón de actos, ás 19 h. entrada de balde.
Organiza: Colectivo Opaii!! - Rádio FilispiM.
Colaboran: Ateneo Ferrolán, E.O.I de Ferrol.

Martes 17 de marzo ás 19 h.
- Mucho más que ruido.
Unha documentario que amosa que é posíbel crear un medio de comunicación, que nace dun sono case utópico en base ao intercambio coas organizacións sociais, para construir unha experiencia única no país...(Argentina, 2011, 50’, ATP)



Mércores 18 ás 19,30 h.
A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra organiza a presentación:

IV ACCIÓN INTERNACIONAL, baixo o lema: “CORPO E TERRITORIO”
Esta acción consistirá nunha Caravana Feminista Europea que nos servirá para visibilizar e conectar movementos, loitas e resistencias de mulleres. Comezou no Kurdistán Turco o día 8 de Marzo e cruzará Europa de leste a oeste e de norte a sur, para finalizar en Portugal o 17 de Outubro deste ano 2015, e que pasará por Galiza do 5 ao 11 de outubro.
Convidámosvos a que coñezades o proxecto e que participedes del en calquera parte do seu percorrido. Convidámosvos especialmente a que vos unades a esta Caravana no seu paso por Galiza
Actuarán para nos SARAVÁ CRIOLO e teremos bebida e algúns petiscos
XOVES día 19 de marzo ás 19,30 h.
Presentación do libro "Informes diversos de los Sucesos de Ferrol: 10 de marzo de 1972" de Rosa Cal (Liber Factory, 2015) e mesa redonda sobre o tema  
Participantes na presentación do libro:
Antón Mesejo, Celso Domínguez, Francisco Rodríguez, Eliseo Fernández, Rafael Pillado, Beatriz Sestayo, Enrique Barrera e Rosa Cal

BIBLIOTECA HEMEROTECA. Aberta ao público. Entrada libre.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2005/10/biblioteca-hemeroteca.html

Horario do Ateneo
Oficina: De luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h.
Biblioteca: de martes a venres de 17 a 21 h. Sábados de 10,30 a 13,30 h.

Máis info: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails