Proxección "Angrois no esquecemento" e posterior Debate. Venres 13 ás 19 h.

Venres día 13 de marzo ás 19 h. 
no salón de actos do Ateneo
Entrada de balde
 Proxección do documental "Angrois no esquecemento" e Debate

ANGROIS NO ESQUECEMENTO 

Sinopse: Máis dun ano despois da traxedia do Alvia 04155 en Angrois, as vivencias persoais e as interrogantes sobre por que descarrilou o tren aquel 24 de xullo seguen no pensamento dos que lles tocou estar alí.
Vítimas, familiares, profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate son a única voz deste documental de testemuñas. Intentan ir superando aquela data, recordando os seus, mentres acusan as institucións de facer todo o posible para deixar Angrois no esquecemento sen esclarecer a verdade.
 

Idioma: Galego e castelán
Ficha técnica:
Guión e Dirección: Emilio Carral e Susana S. Recouso
Imaxe: Marcos Budiño e Fran Piñeiro
Música: Kevin MacLeod
Produción: Colectivo audiovisual Lentes Diverxentes
www.lentesdiverxentes.com www.facebook.com/angroisnoesquecemento 

Organiza: Marchas da Dignidade Ferrolterra

 

 

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails