Presentación do libro Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”. Xoves 16 de abril ás 19,30 h.


Presentación do libro
Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”: a depuración franquista do corpo bibliotecario republicano. O caso galego.
co seu autor, Francisco Xavier Redondo Abal
presentado por Eliseo Fernández, bibliotecario e presidente do Ateneo
Xoves, 16 de abril, ás 19:30 horas
Ateneo Ferrolán
R/Magdalena, 202-204
15402 Ferrol (A Coruña)
 O vindeiro xoves 16 de abril, Francisco Xavier Redondo Abal vai presentarnos o seu libro “Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”: a depuración franquista do corpo bibliotecario republicano. O caso galego” (Santiago: Laiovento, 2014), un traballo dedicado á investigación da represión contra aquela xeración de mulleres e homes que na Galiza e no período previo á guerra civil protagonizaran un progreso sen precedentes no eido bibliotecario.
Francisco Xavier Redondo Abal é licenciado en xeografía e historia, e traballa como bibliotecario na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado diversos libros arredor da historia contemporánea de Galiza, e especialmente sobre a historia das bibliotecas no país. Entre as súas obras destacan: Botarse ao monte (2006), O fulgor e as tebras: as bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a guerra civil (2009), e pescudou no paradoiro da bibliotecas de persoaxes da altura de Santiago Casares Quiroga ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Este é un libro de historia, sí. Ben feito. Impecábel. Mais tamén un libro que fai historia: un acto de verdade, xustiza e reparación. Bibliotecarias e bibliotecarios “infames” semella escrito coa perseverancia luminosa do guizo, ese pao resistente onde a lingua de lume faise lapis, nun movemento ben sutil”
(Do limiar de Manuel Rivas)

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails