Presentación do libro "Realidades Cercanas" de Gabriel Tizón. Xoves 23 de xullo ás 20 h.




Presentación do libro "Realidades Cercanas" de Gabriel Tizón

 presentado por Manolo González

O xoves 23 de xullo, ás 20 horas no salón de actos do Ateneo.


Este libro é o resultado de fotografías realizadas polo autor en países de catro continentes. Fotografías de persoas pertencentes a culturas moi variadas que están unidas a través da mirada do autor basado en imaxes cotidianas, intentando amosar que a pesar das nosas diferencias culturais as persoas e os seus comportamentos son iguais en todo o mundo.

O libro consta de 131 fotografías acompañadas con textos que Gabriel Tizón tamén escribiu o longo destes últimos anos. Os prólogos están escritos por Manolo Gonzalez (Profesor de Historia no Instituto Concepción Arenal de Ferrol) e Rubén Ruibal (Premio Nacional de Literatura Dramática).


Gabriel Tizón
www.gabrieltizon.com
https://www.facebook.com/gabrieltizonfotografo

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails