Martes de Cine: Ciclo "Mellor baixo un ceo irlandés" ás 19 h.


Martes de Cine: Ciclo "Mellor baixo un ceo irlandés" 

ás 19 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Entrada de balde.


Martes día 22 de setembro: “La hija de Ryan”

Ano 1970 Duración 206 min. País Reino Unido
Director David Lean
Reparto
Sarah Miles, Robert Mitchum, Christopher Jones, Trevor Howard, John Mills, Leo McKern, Barry Foster, Marie Kean, Arthur O'Sullivan, Gerald Sim

Sinopse
    Irlanda, 1916. Cando Charles (Mitchum), un mestre rural viúvo, volve de Dublín á súa aldea natal, Rosy (Sarah Miles), unha rapariga moi impulsiva, se encapricha con el e non parará ata levalo ao altar. Pero o matrimonio fracasa: Charles é un home maduro e sosegado mentres que a súa esposa é unha moza moi apaixonada e romántica que acaba namorándose dun oficial inglés co que se ve en segredo.

Martes día 29 de setembro: “El viento que agita la cebada”

Ano 2006 Duración 127 min. País Irlanda
Director Ken Loach
Reparto
Cillian Murphy, Padraic Delaney, Liam Cunningham, William Ruane, Gerard Kearney

Sinopse
    Irlanda, 1920. Dous irmáns alístanse na guerrilla para combater contra as tropas británicas que tentan impedir a independencia de Irlanda. O amor polo seu país fai que Damien (Cillian Murphy) abandone a súa prometedora carreira de médico e únase ao seu irmán Teddy (Liam Cunningham) na loita pola liberdade. Tras sufrir varias derrotas e un arrepiante número de baixas, o Goberno Británico decide pactar cos rebeldes. Pero o acordo alcanzado provoca divisións dentro do IRA e desemboca nun novo e fratricida conflito armado.


Martes día 13 de outubro: “Michael Collins”
 

Ano 1996 Duración 132 min. País  Estados Unidos
Director Neil Jordan
Reparto
Liam Neeson, Aidan Quinn, Stephen Rea, Alan Rickman, Julia Roberts, Ian Hart, Brendan Gleeson, Sean McGinley, Charles Dance, Gerard McSorley, Owen Roe, Frank O'Sullivan, Stuart Graham, Jonathan Rhys-Meyers

Sinopse
Michael Collins (1890-1922) foi un líder revolucionario irlandés que loitou encarnizadamente contra a ocupación inglesa da súa patria. Cos seus mozos pistoleros levou a cabo unha serie de sanguinarios atentados que xeraron unha non menos cruel represión.

 

Martes día 20 de outubro: “En el nombre del hijo”

Ano 1996 Duración 115 min. País Irlanda
Director Terry George
Reparto
Helen Mirren, Aidan Gillen, Fionnula Flanagan, David O'Hara, John Lynch

Sinopse
Irlanda, 1979. Frank e Gerard, dous mozos terroristas, son detidos e xulgados Frank é condenado a cadea perpetua, e Gerard a doce anos. Eles e trescentos compañeiros, néganse a vestir o uniforme reglamentario, porque se consideran prisioneiros de guerra. Logo dalgúns enfrontamentos, chégase a un acordo: os terroristas, tal e como pedían, poderán vestir roupa de rúa, pero o Goberno concede tamén ese privilexio aos presos comúns; así que renace o conflito. Fóra do cárcere, a nai de Gerard, antes contraria a calquera tipo de violencia, vaise achegando cada vez máis á posición da súa nova amiga, a nai de Frank, que é unha nacionalista radical. Baseada nunha historia real.

Martes día 27 de outubro: “Omagh”

Ano 2004 Duración 106 min. País Irlanda
Director Pete Travis
Reparto
Gerard McSorley, Michèle Forbes, Stuart Graham, Peter Balance, Pauline Hutton, Brenda Fricker

Sinopse
Mentres toda Irlanda preparábase en xuño de 1998 para votar en referendo o Acordo de Paz de Venres Santo, un grupo de disidentes do IRA Provisional levou a cabo un atentado co fin de provocar a ruptura entre Londres e Dublín e o consiguiente abandono do proceso de paz. Este grupo, que se autodenominó IRA Auténtico, elixiu para o atentado Omagh, unha pequena localidade na que católicos e protestantes conviviran pacíficamente ao longo dos 30 anos do conflito de Irlanda do Norte.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails