Acto Inaugural do Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns". Venres día 13 ás 19,30 h.


Acto Inaugural do Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"
O venres día 13 de novembro ás 19,30 h. 
no salón de actos do Ateneo no que intervirán:
Jorge Juan Suárez Fernández  
(Alcalde do Concello de Ferrol)
José Antonio Solana Fernández  
(Cónsul Xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria)
Conferencia inaugural a cargo do escritor Xosé Neira Vilas

Obradoiros / Talleres / Cursos. Aberto o prazo de inscrición.




Obradoiros / Talleres / Cursos
Ateneo Ferrolán

Aberto o prazo de inscrición.
Máis info: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es

  • Escola de Teatro do Ateneo Ferrolán. Imparte: Plamen Dipchikov. 
    Martes e Xoves de 19 a 21 h.

  • Club de Lectura do Ateneo. Imparte: Anxeles Seoane.
    Todos os primeiros martes de mes de 19,30 a 21 h.

  • IOGA Integral. Imparte Guillermo García. 
    Luns e Mércores de 11,30 a 13 h. e de 17,30 a 19 h.

  • Danza Contemporánea para Nen@s. Imparte: Cristina Montero. 
    Venres de 17 a 18,30 h.

  • Taller Felicidade. Imparte: Sabela Naranjo.  
    Mércores de 18 a 19,30 h.

  • Pintura “Louca”'para Nen@s. Imparte: Carmen Martín.
    Sábados de 11,30 a 13 h.

Curso de Debuxo e Pintura. Martes e Xoves de 11 a 13 h.



Curso de Debuxo e Pintura impartido por Miguel Anxo Varela 
nas aulas do Ateneo Ferrolán

Os martes e xoves de 11 a 13 h.
Comezo: 3 de novembro

Prezos mensuais segundo a modalidade escollida:
- 2 días 75 € Non Soci@s e 60 € Soci@s
- 1 día 55 € Non Soci@s e 44 € Soci@s

Conferencia: "Historia da caligrafía: de Trajano a Frodo Bolsón". Venres 6 novembro ás 19,30 h.


Conferencia: "Historia da caligrafía: de Trajano a Frodo Bolsón"
Imparte: Miguel Anxo Varela (Lcdo. en Belas Artes)

O venres día 6 de novembro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo.

Entrada libre.
 

“COÑECE A TÚA FACTURA DE ELECTRICIDADE E APRENDE A REDUCILA”. Luns 26 ás 18 h.


INVITACIÓN ADICAE PARA AULA FORMATIVA

    “COÑECE A TÚA FACTURA DE ELECTRICIDADE E APRENDE A REDUCILA”

ADICAE, Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, desenvolve esta aula co apoio da
Consellería de Economía e Industria e o Instituto Galego de Consumo.

O taller ten como obxectivo informar os cidadáns acerca dos abusos na súa factura eléctrica e
as posibilidades de reclamación e resarcimiento de que dispoñen, pero ademais, informarase
sobre as últimas novidades no sector tras a reforma eléctrica.

DIA: Luns, 26 de outubro de 2015
HORA: 18:00
LUGAR: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena, 202-204, Ferrol - 15402, A Coruña

Esperámosvos a tod@s!!

XV MOSTRA DE CURTAMETRAXES. 17 e 18 de decembro do 2015

Participa e Difunde!
XV MOSTRA DE CURTAMETRAXES do Ateneo

A celebrar os días 17 e 18 de decembro do 2015 no salón de actos da entidade

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañados dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 4 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano, ao seguinte enderezo:

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 - Ferrol (Galiza)
981.357.970

Os días 17 e 18 de decembro de 2015, levarase a cabo a XV MOSTRA DE CURTAMETRAXES do Ateneo, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes quince anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Bases:
 https://drive.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36Rend2R2pTNy03YTA/view?usp=sharing

Presentación do libro "Málaga: base naval accidental" de Luis Miguel Cerdera Jiménez



A asociación Memoria Histórica Democrática 

convídavos á presentación do libro "Málaga: base naval accidental" 
de Luis Miguel Cerdera Jiménez 

o día 23 outubro ás 19.30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán

O acto será introducido e presentado por Enrique Barrera Beitia, a continuación o autor disertará sobre o libro. Cerdera naceu en El Palo (Málaga) en 1962 e na actualidade exerce como funcionario do Concello de Logroño, é un apaixoado investigador da guerra civil, especialmente da guerra no mar. Precisamente a temática do libro desenvolve os acontecementos dos primeiros meses da guerra civil en Málaga, convertida nunha base provisional da Escuadra republicana.

O libro ten especial relación con Ferrol, debido á presenza de numerosos ferroláns nos buques da flota leal ao Goberno lexítimo. 

Máis info: http://www.malagabasenavalaccidental.com/
 http://www.memoriahistoricademocratica.org/

Presentación de Iniciativa pola Union (IpU) en Ferrol. Mércores 21 ás 19,30 h.

 
Presentación de Iniciativa pola Union (IpU) en Ferrol
Mércores, 21 de outubro, ás 19:30 horas no salón de actos do Ateneo

Por unha candidatura galega de unidade popular! O vindeiro mércores 21 de
outubro vai ter lugar no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (19:30 h.) un
encontro aberto da Inicicativa pola Unión en Ferrol, unha asemblea aberta
na que se presentará o proceso de candidatura galega de unidade para as
eleccións xerais do estado.
 
Falarán para explicar o proceso:

Fernando Souto Suárez
Suso Díaz
Xosé Luis Rivas Cruz "Mini"

http://polaunion.gal/

Avance do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” do 13 ao 15 de novembro de 2015



Avance do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, a celebrar en Ferrol nos días 13 a 15 de novembro de 2015

O Ateneo Ferrolán continúa avanzando na programación do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, que se vai celebrar nos locais do Ateneo nos días 13 a 15 de novembro de 2015, e que contará co apoio do Concello de Ferrol.
 

Até a data, a organización do Congreso recibiu e aceptou as seguintes propostas:
 

Juan A. Carneiro Rey e Miguel A. Rodríguez Vázquez.  A sociedade “Unión Mugardesa de Instrucción”
 

Xavier Brisset Martín. O chalán de Regoela. Influencia cubana na pequena Rusia
 

Manuel Souto López. A colectividade pontesa na Habana. Organización social, ideal educativo e plasmación práctica
 

Xosé María Dobarro. Severino T. Solloso e a sociedade “Pila Ancha de Cerdido”
 

Uxia Bolaño Amigo. Representación da infancia e da súa educación a traves da revista ilustrada “Eco de Galicia” (1917-1936) de La Habana
 

Javier Colodrón Valbuena. A integracioón dos emigrados nunha nova sociedade: a identidade galega na emigración
 

Fernando Ocampo Montesinos. Bartolomé Crespo Borbón, un ferrolán dramaturgo en Cuba
 

Juan J. Burgoa. Ramón Pla y Monge, un emigrante ferrolán en Cuba
 

Manuela Santalla López. Os corrreos marítimos en Ferrol: a emigración ferrolá a La Habana.
 

Bernardo Máiz Vázquez. Prófugos, Desertores, Rebeldes, Combatientes
 

Sixto Gómez Echemendia. Historia presente e futuro das asociacións de emigrantes galegos en Cuba: o caso de Ferrol y su comarca
 

Raúl Soutelo Vazquez e Mª Xosé Vázquez Lojo. Mulleres e migracións na Galicia contemporánea. Perspectivas de análise e recursos didácticos para tratar a emigración transoceánica nas aulas de ensino secundario.
 

Lorena Cuevas Buján. Un novo ensino para un novo século: contribución da emigración de Ferrolterra a Cuba á difusión de novas formas pedagóxicas a través das Sociedades
 

Uxío Breogán Diéguez. Galiza en Cuba, ou o deseño no caribe da terra soñada (1917-1961)
 

Henrique Sanfiz Raposo. Sociedade Naturais de Fene, pioneiros na innovación pedagóxica
 

Xurxo Martiz Crespo. O primeiro exilio galego a Cuba
 

Xoán Porto. Ferrol-Habana, dúas fotografías
 

Ernesto López Naveiras. Renovación da Escola Galega, polos emigrantes galegos en América
 

Esperanza Piñerio de San Miguel. Retornados de Cuba a Ferrolterra: o papel esencial da muller
 

Enviou un traballo dende Cuba a investigadora Carmen Barral, e aínda que non poderá estar presente no Congreso a súa investigación vai incorporarse ás actas, que se van publicar con posterioridade á celebración do Congreso:
 

Carmen Barral: Francisco Barral Vázquez: gallego, carpintero, contador, anarquista, naturista, vegetariano, sindicalista, periodista, amigos, esposo padre y abuelo.
 

Fora de programa de presentación de traballos de investigación haberá diversas actividades musicais, audiovisuais e outras actividades paralelas. Cando se vaia pechando o programa destas actividades farase público o programa definitivo do Congreso, coa distribución horaria de todas as presentacións.
 

A comisión organizadora do Congreso quere manifestar a súa satisfacción pola resposta ao seu chamamento para a presentación de traballos e pola diversidade e calidade das contribucións propostas. Temos a seguridade de que a presentación pública destas investigacións e a súa publicación posterior nas actas do Congreso contribuirán a un mellor coñecemento público dunha parte importante da nosa historia, que por circunstancias se desenvolveu en parte fora do ámbito xeográfico das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal.
 

De xeito paralelo ao Congreso o Ateneo Ferrolán está preparando dúas exposicións sobre a emigración a Cuba. Unha delas será unha exposición en paneis que fará un relato cronolóxico e xeográfico sobre a historia da emigración a Cuba e a súa pegada tanto na sociedade cubana como na sociedade galega. A outra será unha exposición de obxectos singulares que amosen a relación entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal con Cuba; dende o Ateneo facemos un chamamento ás persoas que posúan algún documento, libro, revista, fotografía ou obxecto relacionado coa nosa presencia en Cuba para propoñerlles a cesión temporal dalgún deses materiais para a exposición. Calquera persoa pode achegarse á secretaría do Ateneo Ferrolán para xestionar a posiblidade de ceder algún obxecto que considere de interese para que forme parte dunha exposición colectiva da pegada da emigración cubana nas nosas bisbarras.

Ferrol, 16 e outubro de 2015
A Comisión Organizadora do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias común”


Presentación do libro "Indecencias e corruptelas". Luns 19 ás 19,30 h.

 
Presentación do libro "Indecencias e corruptelas" 
de Manuel Monge (publicado por Corsarias)

Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

Luns 19 de outubro, ás 19:30 horas 

Manuel Monge González (Valladolid, 1947) mestre, sociólogo e ensaísta galego. Concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña até 2011. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico. Colabora con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.
   É autor de Autovías galegas. Crónica dunha farsa (1999); A Coruña de Paco Vázquez (2003); Outra Coruña é posíbel (2007); A historia secuestrada polo franquismo (2010); O “camarada Fraga” e as vítimas da represión franquista (2014); Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (2014); O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira (2015).


Contacto: 665.998.574
                                                             ---------------

   Unha das causas da derrota electoral da esquerda é o seu desarme ideolóxico. Non soubo ou non puido difundir os argumentos e ideas para desmontar o discurso reaccionario da dereita que, por outra parte, ten unha importante cobertura en moitos medios de comunicación. Este é un libro de combate, unha modesta contribución a ese rearme ideolóxico e político, unha ferramenta para aumentar a indignación e potenciar a organización e a mobilización cívica. Non podemos quedarnos na indignación, hai que pasar á acción, presentar alternativas, organizarse, mobilizarse e ocupar as rúas.

   Estas son algunhas reflexións que inspiran a mensaxe  de ruptura coa situación económica, política e social actual e coas ideas dominantes que quero transmitir con este libro: “Os responsábeis políticos, económicos, intelectuais e o conxunto da sociedade non pode claudicar, nin deixarse impresionar pola ditadura actual dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia” (Stéphane Hessel). “Vivimos nunha orde mundial criminal e caníbal, onde as pequenas oligarquías do capital financeiro deciden de forma legal quen vai morrer de fame e quen non. Estes especuladores financeiros deben ser xulgados e condenados, reeditando unha especie de Tribunal de Núremberg” (Jean Ziegler, profesor emérito na Universidade de Xenebra). “Es una falacia hablar de crisis financiera únicamente. La crisis es política. La crisis es del sistema occidental. En nuestro sistema quien manda es el capital. La democracia sólo lo es nominalmente. En realidad el poder lo ejercen los grupos dominantes” (José Luis Sampedro). “Tenemos un sistema donde a los banqueros se los rescató y a sus víctimas se las abandonó para que se las arrreglen como puedan” (Joseph E. Stiglitz, Premio Nobel de Economía). “O capitalismo é incompatíbel coa democracia e a xustiza social” (Thomas Piketty, economista francés). “O capitalismo de hoxe en día ten as mans sucias: é a corrupción cotiá, a fraude sistemática, o crime internacionalmente organizado” (Michael R. Krätke, economista e analista político alemán). “Es injusto en su raiz; tiranía invisibe, mercado divinizado donde imperan la especulación financiera, una corrupción ramificada y una evasión fiscal egoista. No a una economía de la exclusión y la inequidad. Esa economía mata” (Papa Francisco, A Alegría do Evanxeo, exhortación sobre o actual sistema económico).

   A pesar das políticas neoliberais e dos recortes sociais. A pesar do reforzamento do centralismo, dos triunfos electorais de Rajoy e Feijóo, aquí estamos; nin desanimados, nin dobregados, nin domesticados, nin derrotados. Hai moitos motivos para a esperanza e a loita continúa.

Temos lotería de nadal nº 89949


 
TEMOS LOTERÍA DE NADAL
 
Participacións de: 2,50 € + 0,50 € (colaboración)= 3 €

Nº 89949

Colabora e participa!


Síguenos:

No facebook
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/

No Twitter
@ateneoferrolan

Actividades Culturais do 13 ao 17 de outubro no Ateneo Ferrolán



ACTIVIDADES CULTURAIS do 13 ao 17 de outubro 2015

* “28x40x11” Exposición colectiva nas salas do Ateneo Ferrolán.
Do 2 ao 31 outubro, 2015
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/10/28x40x11-exposicion-colectiva-do-2-ao.html

* Martes de Cine: Ciclo "Mellor baixo un ceo irlandés" ás 19 h. no salón de actos do Ateneo
Martes día 13 de outubro: “Michael Collins”

Ano 1996 Duración 132 min. País  Estados Unidos
Director Neil Jordan
Reparto
Liam Neeson, Aidan Quinn, Stephen Rea, Alan Rickman, Julia Roberts, Ian Hart, Brendan Gleeson, Sean McGinley, Charles Dance, Gerard McSorley, Owen Roe, Frank O'Sullivan, Stuart Graham, Jonathan Rhys-Meyers
Sinopse
Michael Collins (1890-1922) foi un líder revolucionario irlandés que loitou encarnizadamente contra a ocupación inglesa da súa patria. Cos seus mozos pistoleros levou a cabo unha serie de sanguinarios atentados que xeraron unha non menos cruel represión.

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/martes-de-cine-ciclo-mellor-baixo-un.html

* Club de Lectura martes día 13 ás 19,30 h.
Estamos a ler: “Los pazos de Ulloa” de Emilia PardoBazán
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo todos os primeiros MARTES DE CADA MES.
Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.

* ESCOLA DE TEATRO do Ateneo. Dirixida por Plamen Dipchikov (doutor en ciencia e arte teatral).
Martes e Xoves de 19 a 21 h.

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/escola-de-teatro-do-ateneo-martes-e.html

* Clases de IOGA Integral no Ateneo. Luns e Mércores de 11:30 a 13:00 e de 17,30 a 19 h.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/clases-de-ioga-integral-luns-e-mercores.html


* Acto “Outros exilios: as nenas de Rusia” mércores 14 de outubro, ás 19:30 horas
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/10/acto-outros-exilios-as-nenas-de-rusia.html

Nos anos 1937 e 1938, no contexto da guerra civil, varios millares de nenos e nenas foron evacuados dende a zona republicana cara a Unión Soviética, para evitarlles os rigores da guerra nas zonas máis afectadas polos combates. Moitos daqueles nenons e nenas exiliados non puideron voltar ás súas zonas de orixe polas vicisitudes da II Guerra Mundial, a dictadura franquista e a dinámica da guerra fría.

Araceli Ruiz (Palencia, 1924) e Libertad Fernández (Sama de Langreo, 1927) son dúas daquelas nenas, e Alejandra “Sura” Marcova é unha moscovita que viviu sempre no ambiente dos nenos de Rusia e casou cun deles, Manolo Fernández. Estas tres mulleres falarán da súa experiencia vital nun exilio que aínda é moi descoñecido para moita xente. E a narración da súa experiencia en primeira persoa irá seguida dun coloquio co público asistente.

Organizan: Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán

* II Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán. Arquivos para a cidadaní​a. Arquivos da cidadanía. Xoves 15 de outubro de 2015 ás 17.00 horas,
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/10/ii-xornadas-de-documentacion-do-ateneo.html

http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org
    • O papel dos arquivos da administración pública e das institucións privadas no servizo á cidadanía.

    • Experiencias na creación de arquivos e centros de documentación baseados na aportación e colaboración colectivas.

* Taller Infantil de "Pintura loca" con Carmen Martín. Sábados de 11,30 a 13 h.
Enfoncado para nen@s a partir de 3 anos
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/taller-infantil-de-pintura-loca-con.html







Acto “Outros exilios: as nenas de Rusia”. Mércores 14 de outubro, ás 19:30 horas















Acto “Outros exilios: as nenas de Rusia”

Ateneo Ferrolán, mércores 14 de outubro, ás 19:30 horas


Nos anos 1937 e 1938, no contexto da guerra civil, varios millares de nenos e nenas foron evacuados dende a zona republicana cara a Unión Soviética, para evitarlles os rigores da guerra nas zonas máis afectadas polos combates. Moitos daqueles nenons e nenas exiliados non puideron voltar ás súas zonas de orixe polas vicisitudes da II Guerra Mundial, a dictadura franquista e a dinámica da guerra fría.

Araceli Ruiz (Palencia, 1924) e Libertad Fernández (Sama de Langreo, 1927) son dúas daquelas nenas, e Alejandra “Sura” Marcova é unha moscovita que viviu sempre no ambiente dos nenos de Rusia e casou cun deles, Manolo Fernández. Estas tres mulleres falarán da súa experiencia vital nun exilio que aínda é moi descoñecido para moita xente. E a narración da súa experiencia en primeira persoa irá seguida dun coloquio co público asistente.

Organizan: Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán


Máis información nas seguintes ligazóns:


Documental nenos da guerra do país vasco



Reportaxe da ETB sobre nenos en Francia e entrevista actual

Los niños de la guerra” (sobre nenos en Rusia) de Jaime Camino


Comentario á película “Los niños de la guerra” de Jaime Camino


Nenos exiliados ( 5 minutos)

Exilio en Francia ( 10 minutos)


ARACELI RUIZ

Reportaxe en PUBLICO

Reportaxe  da cadena SER

Exilio en Rusia ( Araceli Ruiz) (feito por alumnado do IES Virgen del Castillo de Lebrija)

Reportaje  da cadena Ser ( do sábado) sobre Araceli 

reportaxe de Araceli en El bierzo digital



LIBERTAD FERNANDEZ

II Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán. 15 de outubro ás 17,15 h.


Ferrol, 15 de outubro de 2015

II Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

Arquivos para a cidadanía. Arquivos da cidadanía
http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org

    • O papel dos arquivos da administración pública e das institucións privadas no servizo á cidadanía.

    • Experiencias na creación de arquivos e centros de documentación baseados na aportación e colaboración colectivas.

Lugar e data de celebración

Xoves 15 de outubro de 2015 ás 17.00 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán, rúa Magdalena 202-204.

Programa

17.15 Inauguración

Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura de Ferrol.
Eliseo Fernández, presidente do Ateneo Ferrolán.
Xoán Porto, coordinador das xornadas.

17.30 Conferencia

Os arquivos e os cidadáns: algúns problemas do noso tempo
Por Pedro López Gómez, profesor honorario da Universidade da Coruña e presidente do padroado da Fundación Olga Gallego
Nun mundo globalizado e dixital, e referíndonos aos estados democráticos, os arquivos experimentaron unha transformación, debido á evolución do propio concepto de arquivo, e sobre todo ao uso das novas tecnoloxías, que inciden tanto na súa propia natureza como no acceso dos cidadáns aos seus documentos, que faise máis aberto, sinxelo e transparente.
Pero este proceso convive con situacións e prácticas que o dificultan, como a carencia de arquivos ou de sistemas arquivísticos debidamente conformados en moitas entidades públicas, a separación de grandes masas documentais ao uso público, ao amparo das leis de segredos oficiais, ou a dificultade de acceder a determinados documentos administrativos, pola existencia dunha normativa un tanto confusa e restritiva, como as denominadas leis de transparencia ou de procedemento administrativo. E por suposto, a carencia de recursos, léase persoal, locais ou medios económicos, para organizar e describir adecuadamente os documentos, o que tradúcese moitas veces en destrucións arbitrarias, das que con frecuencia temos noticias na prensa periódica.
Os cidadáns e os medios de comunicación deberían ser conscientes de que unha boa organización arquivística defende os seus dereitos á información, contribúe á boa xestión administrativa, e garante a reconstrución da historia e a conformación das identidades nacionais, de clase ou de xénero, de xeito fidedigno.

18.30 Ponencias

Arquivo e dominio: repensando os arquivos para a cidadanía
Por Gaspar Domínguez, @SCQlab
A invención e o melloramento técnico dos documentos e das distintas fórmulas de arquivo confúndense co nacemento e co perfeccionamento do dominio social desde a mesma orixe da civilización. O obxectivo deste relatorio é indagar de xeito crítico na posibilidade de conquistarmos os arquivos para a cidadanía, como suxire o lema destas II Xornadas.
Arquivos da cidadanía: Fálame de San Sadurniño
Por Manolo González e Carmen Suárez, responsables do proxecto Fálame de San Sadurniño
«Unha Historia cada día» Fálame de San Sadurniño xurde dunha actividade desenvolvida na Aula CeMIT do Concello de San Sadurniño para conmemorar o 17 de maio do 2013, día das Letras Galegas e tamén día de Internet, conxugando na mesma actividade a defensa da lingua galega e o emprego das TIC.
Basicamente a actividade consiste na realización de obradoiros colaborativos no que @s participantes aprenden a dixitalizar e xeolocalizar fotografías; posteriormente gravan un audio explicativo de cada imaxe, para subir logo o resultado final á web www.falamedesansadurnino.org: un espazo na rede no que simples fotos faladas cargan de sentido colectivo a pequenas vivencias individuais que, so en aparencia, semellan desconectadas.
Mais o proxecto non só pretende reflectir os tempos pasados de San Sadurniño, senón tamén o seu presente a través de imaxes, sons, vídeos ou documentos que nos “falen de SanSa” na actualidade, para convertérense nun espazo vivo e integral da memoria que sostén o devalar cotián das xentes, empresas, asociacións ou creador@s das terras de San Sadurniño.

20.00 Coloquio

Modera Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo Ferrolán.

Inscrición

Non é precisa inscrición. A asistencia é libre e gratuita, até completar o aforo do salón de actos.

Diploma

As persoas interesadas en obter o diploma de asistencia ás xornadas teñen que escribir a biblioteca@ateneoferrolan.org indicando nome completo e apelidos, e número de documento de identidade antes do día 15 de outubro. A emisión do diploma ten un custe de 5 euros en concepto de gastos de xestión, que se aboan no momento da entrega ao termo das xornadas na Secretaría do Ateneo Ferrolán. É imprescindíbel asinar as follas de control ao comezo das sesións para verificar a asistencia efectiva do/a interesado/a.



I Ciclo de Jazz. "Os Bregadiers". Sábado día 10 ás 21 h.



I Ciclo de Jazz

Os Bregadiers” organizado por ARTERIOLA traerán a súa música ata o ATENEO FERROLÁN o sábado 10 de outubro ás 21:00 horas.

Tivemos todo un mes por diante para gozar, e tamén aprender, sobre o Jazz. E é que a Asociación de Hostelería Arteriola organiza o I Ciclo de Jazz cunha programación variada composta por concertos, cine e unha mesa redonda. Suso Eiroá, membro da entidade, indica que «facía tempo que en Ferrol non había concertos de jazz» e por iso decidiron poñer en marcha esta iniciativa.
Os encargados de pechar o ciclo son Os Bregadiers
que traerán a súa música ata o ATENEO FERROLÁN 
o sábado 10 de outubro ás 21:00 horas.
Eiroá asegura que «tentamos compaxinar grupos locais e de fora» para compoñer o programa. Unha fórmula que manterán nas vindeiras actividades que organicen porque a súa intención é ofertar unha programación continua.
«Interésanos facer unha aposta polo mundo da cultura»

Presentación: "Manual de fotografía macro e de aproximación" de Fran Nieto. Xoves 8 ás 20 h.


Presentación do libro:
 "Manual de fotografía macro e de aproximación" de Fran Nieto
O xoves 8 de outubro ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

"Fran Nieto é profesor de fotografía e especialista en macrofotografía e paisaxe. Forma parte do profesorado do primeiro posgrao universitario de fotografía de España. Imparte docencia sobre diferentes temas e polos seus cursos pasaron miles de fotógrafos afeccionados e profesionais.

Organiza congresos de divulgación de fotografía e participou en gran cantidade deles como ponente.

O seu libro "Manual de Fotografía macro e de aproximación" axudarache a acceder a todos os coñecementos que son necesarios para obter tomas de calidade, sen esquecer a faceta artística. Tamén terá interese para as persoas que xa se penetraron neste campo e desexen profundar máis.
A redacción levou varios anos e se complementa con enlaces a videotutoriales e información complementaria que sería imposible introducir nun libro de consulta ou que é máis sinxelo transmitir con imaxes en movemento."


Máis info:

Ampliación do prazo de presentación de traballos para o Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”


Ampliación do prazo de presentación de traballos 
para o Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” Ateneo Ferrolán

Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”
13 a 15 de novembro de 2015

Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, dictaduras e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de 1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de emigrantes como o Centro Gallego e Hijas de Galicia ou en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe, interviron na Galiza mediante as sociedades de instrucción e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para o nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais. Ao cabo, a nosa cultura local estivo inzada de referencias cubanas achegadas pola xente que vivía en Cuba e aquela que con mellor ou peor sorte retornou á terra.

Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.

O Congreso vai desenvolverse entre os días 13 e 15 de novembro nos locais do Ateneo Ferrolán,  e irá acompañado de diferentes actividades complementarias:

· Unha exposición bibliográfica, hemerográfica, fotográfica e de outros obxectos sobre as relación entre Cuba e Ferrol, Eume e Ortegal.

· Unha exposición en paneis sobre as relación entre a emigración a Cuba e o desenvolvemento das reivindicacións da lingua e a cultura galega.

· Unha publicación central sobre a relación entre Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba, e afondando no protagonismo de xente das nosas bisbaras na adopción dos símbolos de Galiza.

· Outras actividades culturais e de lecer relacionadas coa emigración e as relacións entre Ferrol, Eume, Ortegal e Cuba.

O calendario sería o seguinte:

10 de outubro de 2015

Peche do prazo de admisión de traballos ao Congreso

Nesta data todolas investigadoras e investigadores terían que ter presentado un resumo dos traballos que desexen presentar ao Congreso. Na primeira semán de outubro comunicarase a todalas persoas que enviaran propostas a decisión da comisión organizadora do Congreso sobre a súa admisión. A valoración dos traballos para a súa admisión terá en conta criterios de orixinalidade, rigor e encaixe nos obxectivos do Congreso.

13 a 15 de novembro de 2015

Celebración do Congreso


Nesta semán levarianse adiante todolos actos do Congreso, tanto os principais como outros que poidan celebrarse de xeito paralelo. 


Entrevista ao presidente do Ateneo Eliseo Fernández Fernández sobre o Congreso:
http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=17985

Concerto Multidisciplinar: A música de Grus Art xunto Alfonso Costa e Eva Veiga



CONCERTO MULTIDISCIPLINAR no ATENEO FERROLÁN

A música de Grus Art  xunto á intervención
do artista plástico Alfonso Costa e a poeta Eva Veiga


Unha experiencia plenamente artística e multidisciplinar está resultando a presentación do disco GRUS ART do grupo musical do mesmo nome. Un espectáculo que chega agora a Ferrol, acollido polo Ateneo Ferrolán, o martes 6 de outubro deste ano 2015.
 
O concerto conta coa actuación-improvisación musical dos compoñentes de Grus Art -Bernardo Martínez (clarinete e percusión) e Fito Ares (frauta e clarinete). E na mesma liña improvisatoria e de liberdade creativa participan o recoñecido artista plástico, Alfonso Costa, coa realización dunha obra pictórica en directo e a poeta Eva Veiga co dicir da súa palabra.

Fito Ares e Bernardo Martínez son dous músicos de longa e fecunda  traxectoria profesional e amplo rexistro musical. Foron cofundadores de grupos tan emblemáticos como Jazz Filloa ou Doa. Na actualidade, ben por separado ou xuntos, partecen a distintas formacións musicais con predominio do Free Jazz. Do mesmo modo, adoito compoñen música para cine, teatro, etc.


 

Doazón de Juan J. Burgoa incrementa o patrimonio cultural do Ateneo Ferrolán











Nota de prensa: 
Doazón de Juan J. Burgoa incrementa o patrimonio cultural do Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán ven de recibir do seu socio Juan J. Burgoa unha nova doazón dunha colección de máis de 180 CD's e 15 publicacións relativas ao tango, que inclúen máis de 4.000 títulos de interpretacións de cantantes e orquestas, editadas en diversos países do mundo.

Con estes fondos o Ateneo ve moi enriquecida as súas coleccións fonográficas e bibliográficas, contribuindo dese xeito a aumentar e dignificar o patrimonio cultural da cidade.  O Ateneo Ferrolán quere expresar todo o seu agradecemento a Juan J. Burgoa por esta xenerosa doazón, que poñeremos a disposición de todo o público que queira consultalo. Ao tempo, non podemos deixar de chamar a todas as persoas preocupadas pola recuperación do noso patrimonio e da nosa vida cultural a facer novas doazóns que permitan poñer en común unha cultura tan rica como a da nosa cidade e das súas xentes.

“28x40x11” Exposición colectiva. Do 2 ao 31 de outubro.


 “28x40x11”

Exposición colectiva nas salas do Ateneo Ferrolán
Do 2 ao 31 outubro, 2015
 
Inauguración 2 de outubro ás 20 h

Horario: de luns a venres de 11 a 13:30 // 17 a 21 h. 
Sábados de 10:30 a 13:30 h

A exposición “28x40x11” xorde dunha colaboración entre a sala de exposicións "Piso dos" (Pontevedra) e “Latente" colectivo atlántico para a promoción da arte (Vigo). Ambos axentes invitan para este proxecto expositivo a 13 autores de diferentes disciplinas e con diversas traxectorias artísticas -entre eles tamén dous escritores- a intervir unha caixa de madeira de fabricación industrial que foi entregada por "Piso dos" e cuxas dimensións dan título á exposición. O resultado son un conxunto de pezas moi diferentes entre sí que van desde a instalación, a escultura, a fotografía ou a pintura, todas elas cun único rasgo común; a caixa.


Datos participantes na Exposición:

Agradecemos Difusión

Related Posts with Thumbnails