XV MOSTRA DE CURTAMETRAXES. 17 e 18 de decembro do 2015

Participa e Difunde!
XV MOSTRA DE CURTAMETRAXES do Ateneo

A celebrar os días 17 e 18 de decembro do 2015 no salón de actos da entidade

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañados dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 4 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano, ao seguinte enderezo:

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 - Ferrol (Galiza)
981.357.970

Os días 17 e 18 de decembro de 2015, levarase a cabo a XV MOSTRA DE CURTAMETRAXES do Ateneo, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes quince anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Bases:
 https://drive.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36Rend2R2pTNy03YTA/view?usp=sharing

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails