Inscrición no Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns" 13, 14 e 15 de novembro

 
Formulario de inscrición no Congreso
 "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"
13, 14 e 15 de novembro 2015 no Ateneo Ferrolán
 
Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, dictaduras e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de 1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de emigrantes como o Centro Gallego e Hijas de Galicia ou en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe, interviron na Galiza mediante as sociedades de instrucción e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para o nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais. Ao cabo, a nosa cultura local estivo inzada de referencias cubanas achegadas pola xente que vivía en Cuba e aquela que con mellor ou peor sorte retornou á terra.

Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.

Desenvolvemento do Congreso

Durante todo o mes de novembro
Exposición “Luces de Alén Mar” do Consello de Cultura Galega
Exposición “A emigración de Ferrol, Eume e Ortegal en Cuba”, do Ateneo Ferrolán
Exposición de obxectos “Recordos da emigración en Cuba”

Do 13 ao 15 de novembro. Celebración do Congreso.
Nestas datas faranse todas as actividades do Congreso, tanto a actividade de presentación de traballos de investigación, como os actos paralelos

Actividades
- Presentación de traballos de investigación
- Debates e mesas redondas
- Recitais musicais e poéticos, exposicións

Distribución das sesións

Venres, 13 de novembro, tarde-noite
Acto solemne de inauguración Conferencia inaugural

Sábado, 14 de novembro, mañán
1ª Sesión – 1ª Parte

Sábado, 14 de novembro, tarde
1ª Sesión – 2ª Parte

Domingo, 15 de novembro, mañán
2ª Sesión – 1ª Parte
Clausura

Para inscribirte no Congreso envíanos un correo cos seguintes datos ou enche o díptico á túa disposición nos locais do Ateneo Ferrolán:

Nome:
Apelidos:
Enderezo:
Correo Electrónico
Teléfono
 
Tipo de inscrición

- 12 euros para as persoas socias do Ateneo
- 15 euros para as persoas non socias do Ateneo


Coa inscrición recibiras un lote co material do Congreso (un libro editado para a ocasión, un disco do Premio Constantino Bellón celebrado no Ateneo, unha chapa e outro material diverso), e terás dereito a un desconto na tenda do Congreso.

A inscrición realizarase mediante transferencia bancaria ou o pago en man nos locais do Ateneo.
Para trasnferencia bancaria será necesario poñer no concepto o nome da persoa inscrita, e realizarase a transferencia á seguinte conta:

CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa
Titular Ateneo Ferrolán
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviar estes datos a secretaria@ateneoferrolan.org ou entregar/enviar no local do Ateneo:

Ateneo Ferrolán
R/Magdalena, 202-204
15402 Ferrol (A Coruña)
981-357970

Para asistir ao Congreso non é necesaria a inscrición, pois a entrada é, coma sempre, libre e gratuita. A inscrición ao Congreso é unha forma de apoio ás actividades que se realizan e de colaboración co Ateneo, e a cambio dela entregamosvos o material oficial do Congreso.
Enlace ao díptico de inscrición:

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails