Presentación do Libro: "Inventario do prohibido" de Luz Campello García. Xoves día 2 ás 20,30 h.



Presentación do Libro:
"Inventario do prohibido" de Luz Campello García
xoves día 2 de xullo ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo

Participarán:
Eva Veiga (poeta), 
Luz Campello García (autora) 
e Miguel Anxo Fernán Vello (Director Edicións Espiral Maior)

Última hora do Festival Solidario co Ateneo no Seixo e primeira reunión oficial co Concello de Ferrol.

Última hora do Festival Solidario co Ateneo no Seixo 
e primeira reunión oficial co Concello de Ferrol
  
Os preparativos da xornada festiva e cultural que vai ter lugar no Seixo o vindeiro sábado 27 de xuño continúan avanzando. No Ateneo Ferrolán e na Sociedade Amigos da Paisaxe do Seixo xa están á venta as entradas para a Gala Solidaria, ao módico prezo de 5 euros; próximamente estarán á venta noutros lugares da bisbarra. Ademáis, ao longo da xornada de festa poñeranse á venda boletos para a rifa de dous cadros donados polos seus autores, Delio Sánchez e Miguel Navarro Salinas , e dunha cesta de productos do país, que se sortearán ás 19 horas no Souto de Beiramar (a obra “Resquicio violeta” de Delio Sánchez), e despois na Gala Solidaria ás 22 horas (a obra “Conspirando” de Miguel Navarro Salinas) e ás 23 horas (a cesta de productos do país). O boleto para o sorteo dos dous cadros é único e o seu prezo é de 3 euros, sortearase unha única vez e as persoas gañadoras poderán recoller as obras de arte no festival ou posteriormente no Ateneo Ferrolán (o número gañador darase a coñecer no festival e publicitarase despois no blog do Ateneo). Pola contra, a cesta de productos do país sortearase na propia gala cantas veces sexa necesario até que apareza un gañador ou gañadora.

A Feira Cultural comezará ás 14 horas no Souto de Beiramar do Seixo cunha comida popular na que as persoas que acudan poderán levar a súa propia comida ou degustar a paella que terá á venta a organización así como chourizos asados.

Por outra banda, onte á noite o concelleiro Suso Basterrechea, despois da rolda de prensa na que se oficializou a conformación do grupo de goberno municipal, reuniuse coa directiva do Ateneo Ferrolán para tratar das medidas que vai adoptar o Concello de Ferrol con respecto á entidade. A xuntanza desenvolveuse na maior cordialidade e o que será responsable da área de cultura no goberno municipal manifestou a vontade de exectuar á maior brevidade posible os compromisos asumidos no pacto de goberno entre Ferrol en Común e o PSOE, arredor da devolución do patrimonio do Ateneo, a ampliación de espazo na sede do Ateneo e o cambio de nome do edificio. As devanditas medidas ficarían pendentes dos trámites administrativos correspondentes e das conversas coas asociacións implicadas.

Concerto de Sergio Sleiman. Presentación do Álbum "Si supieras". Xoves 25 ás 20 h.


Concerto de Sergio Sleiman
Presentación do Álbum "Si supieras"

Xoves día 25 de xuño ás 20 h. no salón de actos do Ateneo
Entrada: Soci@s 3€ e Non Soci@s 5 € 

Canción de autor con alma de tango, jazz e pop

O canto e a guitarra de concerto trouxérono a España en 1995. Aqui compuxo a maior parte das súas cancións impregnadas de Tango, Brasil, Miguel Hernández, Nova Troba, Antonio Vega, Rapaz Buarque, Police,....


EN MI CIUDAD
 
INJURIADO
 
CARDO O CENIZA
 
REPORTAJE DE UN CONCIERTO (2 minutos)

ALFONSINA Y EL MAR (Versión instrumental) https://soundcloud.com/sergiosleiman/alfonsina-y-el-m

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán – O Seixo. Sábado 27 de xuño


Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán – O Seixo
sábado 27 de xuño de 2015

“Nunca choveu que non escampara”
A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e o Ateneo Ferrolán organizan unha festa de arte e cultura no Seixo o vindeiro sábado 27 de xuño. A actividade quere ser unha xornada de confraternización do mundo cultural da bisbarra, convocados en solidariedade co Ateneo Ferrolán. Aínda que o problema do patrimonio do Ateneo parece en vías de solución, a entidade padece aínda problemas económicos derivados das débedas contraídas nos últimos tempos por mor das obras de rehabilitación da súa sede e da falta de calquera axuda por parte do Concello de Ferrol nos últimos catro anos. É por iso que o beneficio económico dos actos destinarase ao Ateneo Ferrolán, para o reflotamento económico dunha entidade de vocación cultural aberta e plural que sempre traballou en estreita colaboración co tecido cultural da cidade. É por iso que o festival conta coa colaboración e participación de entidades sociais e culturais da bisbarra nunha listaxe que crece día a día, e na que até o momento figuran a Asociación Cultural Fuco Buxán, a Fundaçom Artábria, a Asociación Cultural Muiño do Vento, A Revolta de Trasancos, o Colectivo Opaii Radio Filispim, a Asociación Conxeito, o Club do Mar de Mugardos, e a Sociedade O Pote de Maniños.

O Festival ten dúas actividades diferenciadas: unha Feira Cultural que terá lugar no Souto de Beiramar (O Seixo), entre as 14 e as 19 horas, e unha Gala Solidaria, a partir das 20 horas, na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.

A Feira Cultural contará con actividades como poesía, roteiros, música tradicional, xogos populares, exposicións e diversas actividades, organizadas polas entidades participantes na Festa. Iniciarase cunha comida no fermoso paraxe do Souto de Beiramar ás 14 horas. En caso de choiva a Feira terá lugar nos locais da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.

A Gala Solidaria será un festival artístico e musical que se vai desenvolver na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, e na que participarán o Mago Fiz, Lenda Ártabra, Faraway, Trío Blues, Alumnos da Escola da Vaca, Óscar Fojo, Saravá Criôlo, Eugenia Sanmartím, Bitxo Bola, Os Derradeiros e DJ Miguel López.

En breves datas o Ateneo porá á venta as entradas para a Gala Solidaria (5 euros) no seu local e noutros pontos de venta.

Avance Programación Cultural no Ateneo. Semana do 15 ao 19 de xuño.


Avance Programación Cultural no Ateneo Ferrolán

Semana do 15 ao 19 de xuño de 2015

Luns día 15 -

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira
BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 11 a 14 h.
ás 19 h.: DEBATE CULTURA - PODEMOS

Martes día 16 -

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira
BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 11 a 14 h.
ás 19,30 h. na 3ª planta (sala 1): Escola Teatro do Ateneo
 
ás 19,30 h. MARTES DE CINE. CICLO DE CINE: Aleg(o)ria de vivir”
"La fortuna de vivir" (Les enfants du marais; Jean Becker, 1998)

Ano 1999 Duración 110 min. País Francia Director Jean Becker Xénero Comedia.
Reparto: Jacques Villeret, Jacques Gamblin, André Dussollier, Michel Serrault, Isabelle Carré, Eric Cantona, Suzanne Flon, Jacques Dufilho, Gisèle Casadesus
Sinopse: Francia, anos 30. Garris e Riton viven nas marismas, a beiras do río Loira, traballan xuntos e comparten a súa vida con dous amigos máis: Tane, condutor de tren, e Amedée, soñador e devorador de clásicos literarios. Os catro coñecen a Pépé, un ancián millonario que provén tamén das marismas, pero que non renega do seu humilde pasado. Garris namórase en segredo de Marie. Pola súa banda, Riton provoca a ira de Jo Sardi, un boxeador que remata no cárcere, onde urdirá un plan de vinganza que trastornará a tranquila existencia do grupo de amigos.

Mércores día 17

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira
BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 11 a 14 h.

Xoves día 18

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira
BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 11 a 14 h.
ás 19,30 h. na 3ª planta (sala 1) Escola Teatro do Ateneo

Venres día 19

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira
BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 17 a 21 h.

Concerto do músico arxentino Gabriel Guerramayor. Venres 12 ás 20 h.


Concerto do músico arxentino Gabriel Guerramayor
Bolero / Tango / Jazz / Latino

Venres día 12 de xuño ás 20 h. no salón de actos do Ateneo.
 
Entrada: 5€ en solidariedade co Ateneo

Palestra – Debate: “A revolución de ROJAVA e a loita do pobo kurdo”. Mércores día 10 ás 19,30 h.


Palestra – Debate: 
“A revolución de ROJAVA e a loita do pobo kurdo”

Mércores día 10 de xuño ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo

Acto organizado por Union Libertaria
 http://unionlibertaria.org/ul/

 Rojava Azadi somos un grupo de persoas interesadas en visibilizar e apoiar a revolución social que se está a levar a cabo en Rojava.

Creamos esta plataforma para fomentar a reflexión colectiva e o debate sobre a loita do pobo kurdo, relacionándoa cos distintos procesos de rebelión que se viven en Oriente Medio e Magreb. Formulamos reforzar a solidariedade, a comunicación e a difusión internacional nos procesos revolucionarios, tecendo redes de apoio, colaboración e distribución de información, para así achegar distintas dinámicas emancipadoras de transformación social que se están a vivir e desenvolve na actualidade.

Buscamos dar a coñecer o Confederalismo Democrático dende unha perspectiva antiautoritaria, crítica e construtiva. Queremos afondar nos principais eixes que formula este paradigma político: feminismo, ecoloxismo, e colectivismo.

Tamén queremos ampliar o debate sobre temas como a diversidade cultural, étnica e relixiosa dos pobos; a solidariedade máis ala das fronteiras dos estados-nación, as aprendizaxes sobre estrutura e organización dos movementos de resistencia e autodefensa do mundo, etc.

Promovemos debate, análise, estudo e divulgación dos procesos e realidades que se xeren na revolución Kurda, e tambien nas distintas loitas emancipadoras de Medio Oriente e o Magreb. Non queremos quedar só na teoría, buscamos servir como catalizador para potenciar a mobilización e o apoio con Rojava e con demais loitas de transformación social.

Estamos a traballar en difusión mediante charlas, actos e proxeccións; tamén a través das redes sociais mediante artigos, noticias e traducións, distribución e intercambio de libros e textos - tanto en papel coma en formato dixital -, así como unha coordinación e apoio en proxectos de solidariedade internacional.

Azadi: Significa liberdade diversas linguas, como kurdo, iraniano, persa, baluchi, hindi, urdú, caxemira, pastún, Lori...
Rojava: Significa "oeste" en Kurdo. É tamén o nome con que se designa o territorio de mayoria kurda dentro das fronteiras do estado de Sirya

https://rojavaazadimadrid.wordpress.com/2015/05/31/tour-de-charlas-por-galicia-9-12-junio/

Avance Programación Cultural no Ateneo. Semana do 8 ao 13 de xuño.


Avance Programación Cultural no Ateneo Ferrolán

Semana do 8 ao 13 de xuño de 2015

Martes día 9 -

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira
 
BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 17 a 21 h.
 
ás 19 h. na 3ª planta (sala 1): Escola Teatro do Ateneo
 
ás 19,30 h. MARTES DE CINE. CICLO DE CINE: Aleg(o)ria de vivir”
 
"Capitanes intrépidos" (Captains Courageous; Victor Fleming, 1937) Sinopse: Harvey Cheyne é un caprichoso e malcriado neno rico que está a facer un cruceiro co seu pai. Inesperadamente, cae pola borda do iate e é rescatado por un barco de pesca ao mando dun intrépido capitán. O pesqueiro ten que rematar a longa campaña de pesca antes de levar o rapaz a terra firme. Harvey, ao principio de mala gana, conseguirá adaptarse á dura vida en alta mar grazas á súa íntima relación con Manuel, un bondadoso mariñeiro portugués que exercerá sobre o neno unha benéfica influencia.

Mércores día 10

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira

BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 17 a 21 h.

ás 19,30 h. - Palestra – Debate: 
“A revolución de ROJAVA e a loita do pobo kurdo”.
Acto organizado por Union Libertaria.

Xoves día 11

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira

BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 17 a 21 h.
 
ás 19 h. na 3ª planta (sala 1) Escola Teatro do Ateneo
 
ás 18 h. Concerto de Piano alumn@s de A Escola da Vaca.

ás 20 h. Charla – Coloquio. Organiza Fuco Buxán

Venres día 12

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira
 
BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 17 a 21 h.
 
ás 20 h. Concerto “Tangos” co músico Gabriel Guerramayor


Sábado día 13 –

BIBLIOTECA – HEMEROTECA de 10,30 a 13,30 h.

Exposición de Pinturas de Esther Sanchez Espiñeira












 

Exposición Pinturas de Esther Sánchez Espiñeira. Venres día 5 ás 19,30 h.


Exposición Pinturas de Esther Sánchez Espiñeira 
do 5 ao 26 de xuño nas salas de exposicións do Ateneo


Inauguración venres día 5 ás 19,30 h.




Related Posts with Thumbnails