"Apaga la tele, enciende tu vida". Venres 2 de outubro ás 20,30 h.



Ciclo Itinerante
"Apaga la tele, enciende tu vida"

Un show de Rubén Artabe, Erika Road e Luix Kaf

Venres día 2 de outubro ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo
Entrada: 5 €
Renovación do vello. 
Transformar o que non vale a través da destrución creadora 
dos símbolos que nos manipulan, adormentan e uniformizan



https://www.facebook.com/apagalateleenciendetuvida

Danza Contemporánea da mán de Cristina Montero. Venres 25 ás 17 h.

Foto de Ovidio Aldegunde http://ovidioaldegunde.blogspot.com.es


A bailarina e profesora ferrolá Cristina Montero 
imparte este venres día 25 ás 17.00 h. no Ateneo Ferrolán
unha aula gratuíta de Danza Contemporánea para nen@s e xente nova.

Taller Infantil de "Pintura loca" con Carmen Martín. Sábados de 11,30 a 13 h.


Taller Infantil de "Pintura loca" con Carmen Martín
 Os sábados de 11,30 a 13 h.

Enfoncado para nen@s a partir de 3 anos

Prezos:
40 € Soci@s
50 € Non soci@s


ESCOLA de TEATRO do ATENEO. Martes e Xoves de 19 a 21 h.


ABERTA a INSCRICIÓN. APÚNTATE!

ESCOLA DE TEATRO do Ateneo.
Dirixida por Plamen Dipchikov (doutor en ciencia e arte teatral)
Comezo da tempada o martes día 6 de outubro. 

Martes e Xoves de 19 a 21 h.
Duración permanente.
 
Prezo Mensual:
40 € Soci@s
47 € Non Soci@s. 

Martes de Cine: Ciclo "Mellor baixo un ceo irlandés" ás 19 h.


Martes de Cine: Ciclo "Mellor baixo un ceo irlandés" 

ás 19 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Entrada de balde.


Martes día 22 de setembro: “La hija de Ryan”

Ano 1970 Duración 206 min. País Reino Unido
Director David Lean
Reparto
Sarah Miles, Robert Mitchum, Christopher Jones, Trevor Howard, John Mills, Leo McKern, Barry Foster, Marie Kean, Arthur O'Sullivan, Gerald Sim

Sinopse
    Irlanda, 1916. Cando Charles (Mitchum), un mestre rural viúvo, volve de Dublín á súa aldea natal, Rosy (Sarah Miles), unha rapariga moi impulsiva, se encapricha con el e non parará ata levalo ao altar. Pero o matrimonio fracasa: Charles é un home maduro e sosegado mentres que a súa esposa é unha moza moi apaixonada e romántica que acaba namorándose dun oficial inglés co que se ve en segredo.

Martes día 29 de setembro: “El viento que agita la cebada”

Ano 2006 Duración 127 min. País Irlanda
Director Ken Loach
Reparto
Cillian Murphy, Padraic Delaney, Liam Cunningham, William Ruane, Gerard Kearney

Sinopse
    Irlanda, 1920. Dous irmáns alístanse na guerrilla para combater contra as tropas británicas que tentan impedir a independencia de Irlanda. O amor polo seu país fai que Damien (Cillian Murphy) abandone a súa prometedora carreira de médico e únase ao seu irmán Teddy (Liam Cunningham) na loita pola liberdade. Tras sufrir varias derrotas e un arrepiante número de baixas, o Goberno Británico decide pactar cos rebeldes. Pero o acordo alcanzado provoca divisións dentro do IRA e desemboca nun novo e fratricida conflito armado.


Martes día 13 de outubro: “Michael Collins”
 

Ano 1996 Duración 132 min. País  Estados Unidos
Director Neil Jordan
Reparto
Liam Neeson, Aidan Quinn, Stephen Rea, Alan Rickman, Julia Roberts, Ian Hart, Brendan Gleeson, Sean McGinley, Charles Dance, Gerard McSorley, Owen Roe, Frank O'Sullivan, Stuart Graham, Jonathan Rhys-Meyers

Sinopse
Michael Collins (1890-1922) foi un líder revolucionario irlandés que loitou encarnizadamente contra a ocupación inglesa da súa patria. Cos seus mozos pistoleros levou a cabo unha serie de sanguinarios atentados que xeraron unha non menos cruel represión.

 

Martes día 20 de outubro: “En el nombre del hijo”

Ano 1996 Duración 115 min. País Irlanda
Director Terry George
Reparto
Helen Mirren, Aidan Gillen, Fionnula Flanagan, David O'Hara, John Lynch

Sinopse
Irlanda, 1979. Frank e Gerard, dous mozos terroristas, son detidos e xulgados Frank é condenado a cadea perpetua, e Gerard a doce anos. Eles e trescentos compañeiros, néganse a vestir o uniforme reglamentario, porque se consideran prisioneiros de guerra. Logo dalgúns enfrontamentos, chégase a un acordo: os terroristas, tal e como pedían, poderán vestir roupa de rúa, pero o Goberno concede tamén ese privilexio aos presos comúns; así que renace o conflito. Fóra do cárcere, a nai de Gerard, antes contraria a calquera tipo de violencia, vaise achegando cada vez máis á posición da súa nova amiga, a nai de Frank, que é unha nacionalista radical. Baseada nunha historia real.

Martes día 27 de outubro: “Omagh”

Ano 2004 Duración 106 min. País Irlanda
Director Pete Travis
Reparto
Gerard McSorley, Michèle Forbes, Stuart Graham, Peter Balance, Pauline Hutton, Brenda Fricker

Sinopse
Mentres toda Irlanda preparábase en xuño de 1998 para votar en referendo o Acordo de Paz de Venres Santo, un grupo de disidentes do IRA Provisional levou a cabo un atentado co fin de provocar a ruptura entre Londres e Dublín e o consiguiente abandono do proceso de paz. Este grupo, que se autodenominó IRA Auténtico, elixiu para o atentado Omagh, unha pequena localidade na que católicos e protestantes conviviran pacíficamente ao longo dos 30 anos do conflito de Irlanda do Norte.

Convite participación no Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”



Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)  





   
Solicitude de participación no Congreso

Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”
Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, dictaduras e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de 1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de emigrantes como o Centro Gallego e Hijas de Galicia ou en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe, interviron na Galiza mediante as sociedades de instrucción e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para o nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais. Ao cabo, a nosa cultura local estivo inzada de referencias cubanas achegadas pola xente que vivía en Cuba e aquela que con mellor ou peor sorte retornou á terra.
Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.
A organización do Congreso está aberta a todas as propostas que suxiran as investigadoras e investigadores mais considera necesario sinalar como aspectos de especial interese o papel da muller na emigración a Cuba, a participación da emigración na vida política e social de Cuba (en épocas como a independencia ou a revolución cubana e en áreas significativas como o sindicalismo ou o xornalismo), as transferencias culturais entre Galiza e Cuba (arredor da música, a arquitectura ou a gastronomía, por exemplo), a influencia da emigración en Cuba na formación da identidade nacional galega, a tarefa desenvolta na Galiza polas sociedades de instrucción dos emigrantes ou a repercusión económica e social dos investimentos e remesas dos emigrantes na súa terra de orixe.
Para participar no Congreso é preciso encher esta folla de inscrición cos datos da persoa ou persoas que desexen presentar algún traballo de investigación ao Congreso, e un breve resumo ou explicación do contido do traballo e envialo á secretaría do Ateneo Ferrolán antes do 10 de outubro de 2015.

A nova no Diario de Ferrol:
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/ateneo-ferrolan-organiza-congreso-novembro-analizar-vinculos-cuba/20150919213912134363.html

Taller de fotografía a cargo do fotógrafo Fuco Reyes. Sábado día 19 de setembro


Taller de fotografía a cargo do fotógrafo Fuco Reyes
Teórico e Práctico 

Sábado día 19 de setembro
10.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.00 h. no Ateneo e 
saíndo a facer prácticas a partir das 13 h e das 19 h 

 Organiza: EXPOFOTO
 Prezos: 45 € público en xeral
36 € soci@s do Ateneo e de Expofoto. 

 

Clases de IOGA Integral. Luns e mércores.


Clases de IOGA Integral no Ateneo

Xornadas de Portas Abertas [Entrada de balde]:
Mércores 23/09 de 11:30 a 13:00 e de 17:30 a 19:00.


Clases regulares a partires do Xoves 1 de Outubro 2015.

Luns e Mércores de 11:30 a 13:00 e de 17,30 a 19 h.

Prazas limitadas. Tarifas:
40 € mensuais Non Soci@s.
34 € mensuais Soci@s.

Convocatoria Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”. Do 13 ao 15 de novembro de 2015




Convocatoria Congreso

“Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”

Do 13 ao 15 de novembro de 2015
Ateneo Ferrolán



Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, dictaduras e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de 1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de emigrantes como o Centro Gallego e Hijas de Galicia ou en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe, interviron na Galiza mediante as sociedades de instrucción e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para o nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais. Ao cabo, a nosa cultura local estivo inzada de referencias cubanas achegadas pola xente que vivía en Cuba e aquela que con mellor ou peor sorte retornou á terra.



Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.



O Congreso vai desenvolverse entre os días 13 e 15 de novembro nos locais do Ateneo Ferrolán,  e irá acompañado de diferentes actividades complementarias:



·        Unha exposición bibliográfica, hemerográfica, fotográfica e de outros obxectos sobre as relación entre Cuba e Ferrol, Eume e Ortegal.



·        Unha exposición en paneis sobre as relación entre a emigración a Cuba e o desenvolvemento das reivindicacións da lingua e a cultura galega.



·        Unha publicación central sobre a relación entre Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba, e afondando no protagonismo de xente das nosas bisbaras na adopción dos símbolos de Galiza.


·        Outras actividades culturais e de lecer relacionadas coa emigración e as relacións entre Ferrol, Eume, Ortegal e Cuba.

Avance Programación Cultural no Ateneo do 1 ao 4 de setembro de 2015







Avance Programación Cultural no Ateneo
Semana do 1 ao 4 de setembro de 2015



 

Martes día 1 -



Inauguración Exposición de Acuarelas de José Fernández (Ferrol). Ate o 30 de setembro.

Inauguración Exposición-Solidaria de Debuxos de Carlos Calvo. Ate o 30 de setembro.

De 19 a 21 h. na 3ª planta (sala 1): Escola Teatro do Ateneo




Mércores día 2



De 11 h. a 13 h. Taller de Debuxo e Pintura. Imparte Miguel Anxo Varela

Exposición de Acuarelas de José Fernández (Ferrol). Ate o 30 de setembro.

Exposición-Solidaria de Debuxos de Carlos Calvo. Ate o 30 de setembro.




Xoves día 3



Exposición de Acuarelas de José Fernández (Ferrol). Ate o 30 de setembro.

Exposición-Solidaria de Debuxos de Carlos Calvo. Ate o 30 de setembro.

De 19 h. a 21 h. na 3ª planta (sala 1) Escola Teatro do Ateneo

Ás 20 h. Presentación Poemario “Mundo Frío” de Miguel Melero



Venres día 4



De 11 h. a 13 h. Taller de Debuxo e Pintura. Imparte Miguel Anxo Varela

Exposición de Acuarelas de José Fernández (Ferrol). Ate o 30 de setembro.

Exposición-Solidaria de Debuxos de Carlos Calvo. Ate o 30 de setembro.

Presentación do poemario "Mundo frío" de Miguel Melero. Xoves día 3 ás 20 h.

 Presentación do poemario "Mundo frío" de Miguel Melero 
xoves día 3 de setembro ás 20 h.
salón de actos do Ateneo Ferrolán

Trátase dun poemario titulado MUNDO FRÍO do autor e pintor pontevedrés Miguel Melero. Contén, ademáis,  algúns microrrelatos e mesmo un relato breve ó final do mesmo. Reflexións todas elas sobre o mundo novo (Mundo frío, segundo o autor) que a onda da crise, non só económica, que escomezou o verán do 2007 deixou. Retroceso, volta atrás no tempo..., novo status das persoas que se fán máis egoístas, se cadra. O poeta escreve sobre o mundo, sobre feitos, sobre as xentes que o rodean e sobre sí mesmo, sensible á nova situación, onde os "de abaixo" xá non controlan a súa vida.  O poder amosa, de novo, que a vida non vale nada. Liberdade en perigo. Realidade amosada con as tecnoloxías baleiras de contidos éticos, humanisticos.

Related Posts with Thumbnails