[Actividade para socios e socias] O Ateneo en ruta ... Ferrol Rebelde



[Actividade para socios e socias] 
O Ateneo en ruta ... Ferrol Rebelde

Presentámosvos unha nova actividade para os socios e socias do Ateneo Ferrolán:
 "O Ateneo en ruta". 
Esta actividade consistirá na realización de visitas guiadas a distintas actividades culturais fora da nosa entidade. Axuntámosvos as normas da actividade así como o cartel da primeira actividade convocada.

Esta primeira actividade vai consistir na participación no roteiro organizado polo Concello de Ferrol "Ferrol Rebelde". Os datos da actividade son os seguintes:

Actividade: Roteiro guiado "Ferrol Rebelde"
Colabora: Concello de Ferrol

Data de realización da actividade: Mércores, 20 de abril de 2016
Hora de inicio da actividade: 18:00
Duración (previsible): 90 minutos

Lugar de encontro: Palco da música do Cantón de Molíns (Ferrol)
Prezo: De balde

Número mínimo de participantes: 10
Número máximo de participantes: 25

Día comezo inscrición: 24 de marzo de 2016
Día remate inscrición: 10 de abril de 2016
Formulario de inscrición: https://goo.gl/WJ4fPA

Normas completas de “O Ateneo en ruta”: https://goo.gl/vuUlkv

Para participar na actividade é obrigatorio cubrir o formulario de inscrición (​https://goo.gl/WJ4fPA).

Agardamos que desfrutedes desta nova actividade e participedes dela.

Un saúdo,
Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán.​

Info da proposta de actividades para socios e socias do Ateneo.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails