Concerto do cantautor Víctor Bueno. Venres día 4 de novembro ás 20 h.


Concerto do cantautor Víctor Bueno

Venres día 4 de novembro ás 20 h. no Ateneo

Entrada de balde.

Víctor Bueno, de pais ferroláns, nace un martes de setembro do 96, na cidade de Guadalaxara (España).

Desde moi pequeno deixa ver o seu interese pola música e dedícase a experimentar con gran cantidade de instrumentos.

O espectáculo está sempre presente na súa nenez e organiza, de maneira caseira e familiar, numerosas pezas teatrais e artísticas.

Desde estes anos ata a adolescencia trata de integrarse nalgún grupo musical (banda, conservatorio...etc) pero finalmente ata os 13 anos non é cando tenta formar unha banda cos compañeiros do colexio. Banda abocada ao fracaso en pouco tempo.

Tras varios intentos con distintas bandas, Víctor decide empezar a compoñer as súas cancións en setembro de 2012. É ese mesmo ano no que se traslada a vivir a Madrid. Tras escribir varias cancións, preparalas...etc ofrece o seu primeiro concerto en maio do 2013,na súa cidade natal.

Ese mesmo ano ofrece varios concertos, algúns acompañado de banda, nos que a parte das súas cancións tamén había versións doutros artistas no seu repertorio.


Actualmente está en proceso de gravación do seu primeiro disco, realizando concertos, escribindo, compoñendo....etc

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails