Presentación do libro "A DÚBIDA" de María Reimóndez. Venres día 16 ás 20 h.


Presentación do libro "A DÚBIDA" de María Reimóndez
Venres día 16 de decembro de 2017 ás 20 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán

Contaremos coa autora María Reimóndez para que nos fale da súa novela.

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/344872525885522/

2ª Edición - XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia

Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En “A dúbida” a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.


0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails