Charla: "Fotografía de arquitectura". Venres día 29 ás 19,30 h.

Charla divulgativa sobre "Fotografía de arquitectura"
o venres día 29 de abril ás 19,30 h.
a cargo de Roi Alonso, arquitecto e fotógrafo compostelá

Roi Alonso fotógrafo centrado na arquitectura con mais de 20 exposicións nos últimos catro anos, e arquitecto do estudio A-Cero dende 2004. Roi explicaranos o seu traballo partindo dunha breve introducción á fotografía arquitectónica, aclarando aspectos como a utilización da xeometría, a composición e a abstracción en fotografía.

Presentaranos os seus proxectos fotográficos:

-Composición Asfáltica: Búsqueda da abstracción a partir das formas e texturas nas medianeiras das cidades

-Fragmentos: Fotografías de arquitectura contemporánea nas distintas cidades galegas centrándose nos detalles, as texturas, a luz, etc

-LA: Proxecto en elaboración onde se traspasan as dúas dimensións da fotografía.
 

http://roialonso.com/

Organiza: EXPOFOTO. Entrada libre

Festival Musical co Ateneo. Venres día 29 ás 21,30 h. na Sala Super8

Festival 40 Anos da refundación do ATENEO FERROLÁN na cidade
  Sala SUPER 8 Ferrol o venres 29 de abril ás 21:30 h. 

Presenta: CRISTINA MOREIRA

Actuacións:

JAMIE FIFTHRING / ADÓBRIGA / OS DERRADEIROS
+ Pinchada DISQUETOCA DJ'S de Radio Filispim e SORTEOS.

Entrada Solidaria con participación dos sorteos 5€ 

Proxección Documentario "As armas e o povo". Luns 25 de abril ás 19 h.



En conmemoración da Revolução dos Cravos, o Ateneo Ferrolán proxectará o filme en versión orixinal "As armas e o povo".

A proxección terá lugar o vindeiro luns 25 de abril ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán .

"Este filme retrata o período entre os dias 25 de Abril de 1974 e o Primeiro de Maio. Mostra o movimento militar e a agitação popular nas ruas, tendentes ao desmantelamento do «aparelho social e político do fascismo».

A história faz-nos recuar ao golpe do 28 de Maio de 1926, dando-nos a ver os movimentos que, desde então, contribuíram para que se tornasse possível a Revolução dos Cravos

As Armas e o Povo é um documentário português de longa-metragem, um filme colectivo realizado e produzido pelo Colectivo de Trabalhadores da Actividade Cinematográfica, que levaria à renovação do respectivo sindicato. São ilustrados os primeiros seis dias da Revolução dos Cravos.

O filme estreia no Teatro Rosa Damasceno, em Santarém, em Novembro de 1977."

Exposición "NAUFRAXIO" de Neira Brochs. Do 21 de abril ao 28 de maio.

 
Exposición "NAUFRAXIO" de Neira Brochs
Do 21 de abril ao 28 de maio de 2016
 
 
Inauguración o xoves día 21 de abril ás 19,30 h. 
 
 
Na madrugada do 2 o 3 de Novembro de 1810, as penas e rochas da enseada da praia de Covas, en Viveiro, foron testemuñas dunha das traxedias humanas máis abraiantes que poden atoparse na contorna marítima da península Ibérica.
A dimensión da mesma parece quedar agochada na amnesia popular, sen saber moi ben o motivo, como non fose o tremendo “shock” producido por ter diante dos ollos máis cadáveres que seres vivos polos areais de Covas e Sacido, según citan as fontes.
 
A Arte plástica correspóndelle sempre, dende a conciencia libre dende onde se crea, rastrear nas sensibilidades, tanto individuais como colectivas, os restos dos naufraxios emocionais que nin o oral, nin o escrito, son capaces de dimensionar.
 
O artista plástico é sensible á traxedia por solidarizade emocional. O xénero das paisaxes marinas, que nace das entrañas das verbas clásicas percorre a historia para se instalar como cénit no romanticismo, e rematar na actualidade entre avulgar maraña informativa sen poder distinguir entre a “transcendencia” dotráxico do que non o é. Esta transcendencia do tráxico necesita ser rescatadapola pegada sensitiva que o silencio enxordecedor queda nas entrañas de seres
humanos como José Luis Neira Brochs.

 Info:



Exposicións polo 40 aniversario refundación do Ateneo na cidade


Exposicións polo 40 aniversario refundación do Ateneo na cidade


Exposición Paneis Fotografías

Esta primeira exposición está composta por sete paneis fotográficos que pretenden reflexar o día a día do Ateneo Ferrolán. Os paneis que temos percorren as Instalacións, as actividades varias, a Música, o teatro, as distintas Publicacións, o Constantino Bellón e un panel que pretende facer un pequeno percorrido histórico. Non están todas actividades nin están todos os colectivos simplemente por que necesitaríamos outros oito paneis como mínimo para que entrara todo. Ademais temos unha montaxe con moitas das persoas solidarias que colaboraron na campaña Salvemos o Ateneo.











Feirón do Libro Usado e Cartaces antigos
 
No patio interior temos un pequeno feirón do libro usado con libros expurgados da nosa biblioteca e tamén con cartelería de diversas actividades realizadas nestes últimos 40 anos. Podedes colaborar solidariamente co Ateneo Ferrolán e levarvos un libro ou un cartel por unha doazón mínima dun euro.


  
Estas dúas actividades estarán abertas ao público ate o 29 de abril de 2016.

Exposición Solidaria - Poxa Cadros

Na terceira planta do edificio, na sala de exposicións, inauguramos unha exposición de cadros cedidos por diversos artistas, entre eles Alfredo Erias, Emilio Celeiro, Teresa Candal, Fátima Fernández, José Leira ou Xaquín Marín entre outros. Esta exposición, ademais, funcionará como poxa de cadros, así pois, quen queira poderá poxar por algún cadro e levalo para a súa casa. 

Esta exposición-poxa estará aberta ao público ate o 15 de abril.


 











Do 17 de marzo ao 29 de abril:

- Exposición e poxa de cadros (Ver cartel da poxa)
- Exposición fotográfica do Ateneo
- Feirón do Libro Usado
- See more at: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/search?updated-max=2016-03-18T00:35:00%2B01:00&max-results=5&start=5&by-date=false#sthash.jthg0yDT.dpuf

Festival Solidario co Ateneo. Sábado 16 de abril ás 18 h. no C.C. Carvalho Calero


Festival Solidario co Ateneo
sábado día 16 de abril ás 18 h. no C.C. Carvalho Calero
Entrada de balde

40 anos da refundación do Ateneo na cidade

Haberá música, teatro, poesía, sorteos, ...
Ven a celebralo con nós!

Presentado por Silvia Casal e Leandro Lamas

Participan:
Maquinarias Teatro
Poesía Salvaxe
Real Coro Toxos e Froles
A Escola da Vaca
Manolo Bacalhau

Festa en conmemoración da proclamación da 2ª república. Lúns 11 e xoves 14 de abril ás 19 h.


Festa en conmemoración da proclamación da segunda república
Actos o luns día 11 e xoves día 14 de abril no Ateneo Ferrolán
* Luns 11 de abril ás 19 h. Proxección Documental: "O segredo da Frouxeira"

* Xoves 14 de abril ás 19 h. Proxección do radioteatro "Crónicas republicanas"
A continuación: Festa da República na 3ª planta do Ateneo.

 
A Plataforma pola República.

Constituída polas asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán e polos partidos políticos Anova, Decide En Común, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Psdeg-Psoe e Terra Galega.

Organiza os seguintes Actos no Ateneo Ferrolán en torno ao 14 de abril, 85º aniversario da proclamación da II República :

- Luns 11 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “O segredo da Frouxeira”.

Documental dirixido por Xosé Abad que narra os efectos da represión sobre catro familias ferrolás a de Alejandro Porto Leis, ultimo alcalde republicano de Serantes “paseado” xunto a tres veciños en 1938. Unha familia dividida pola súa ideoloxía, catro familias rotas por un crimen político e setenta anos de medo (www.osegredodafrouxeira.com)


- Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”.

Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns dende a II República ate hoxe. Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo e de José Torregrosa.

- Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e ExPresidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.

A pola Terceira!!

unha Terceira República en Paz, Xustiza e Progreso.

Organizan:
Plataforma pola República
Asociación Memoria Histórica Democrática
Anova
Decide En Común
Espazo Ecosocialista
Esquerda Unida
Fuco Buxán
PSdeG - PSOE
Terra Galega

IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia. Venres 15 de abril ás 17 h.



O acto terá lugar o venres 15 de abril ás 17 h. no Ateneo Ferrolán 
(Rúa Magdalena, 202-204)

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) organiza as súas IV Xornadas nas que se darán cita unha serie de relatores especializados no novo marco normativo en relación á infancia, cunha análise do seu impacto sobre os dereitos das vítimas menores de idade.
 

 A xornada de AGAMME dará comezo ás cinco da tarde cunha presentación por parte dun membro da asociación do marco xeral no cal se encadran os relatorios. A primeira intervención terá lugar ás 17:15 coa intervención de Sonia Vaccaro, psicóloga experta en vitimoloxía e avaliación do testemuño infantil e autora de influentes libros como "El pretendido síndrome de alienación parental" e artigos como o recente "Violencia vicaria: Los hijos y las hijas víctimas de la violencia contra sus madres".

Ás 18:15 correralle a quenda a José Antonio Ramos Vázquez, profesor de dereito penal da Universidade da Coruña, investigador das modificacións do Código Penal en materia de violencia sexual contra menores de idade.

Logo dunha pausa de 15 minutos terá lugar a terceira e última das intervencións, a partir das 19:30, a cargo de Felisa Balboa, psicóloga clínica que nos falará da súa experiencia como traballadora no Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller do Concello de Vigo, especialmente no relativo aos dereitos da infancia en casos de violencia de xénero.

http://www.agamme.org/?p=1107

Proxección "El último rally" de José Antonio Jiménez. Venres día 8 ás 19,30 h.


Proxección documental de 83 ' sobre o piloto de rallyes Carlos Piñeiro titulado

"El último rally" de José Antonio Jiménez
venres día 8 de abril ás 19,30 h. 
no salón de actos do Ateneo con entrada libre.

Un dos mellores pilotos galegos de todos os tempos, o coruñés Carlos Piñeiro (falecido o 16 de decembro de 2012) recibirá unha merecida homenaxe en forma de documental que narrará a súa historia e traxectoria.
Con testemuños de familiares, compañeiros e rivais daquela época dourada do automobilismo galego, entre eles Beny Fernández, Iván Corral,
e Marc Etchebers, o filme, dirixido por José Antonio Jiménez, estrearase o próximo 8 de abril en Ferrol, a partir das 19,30 horas.
 
Sen dúbida un fantástico recordo a un piloto que cultivou grandes éxitos 
tanto a nivel galego como a nivel estatal.

Related Posts with Thumbnails