Día de Rosalía de Castro. 24 de febreiro ás 20 h. #RosalíaTe


Facémonos partícipes do Día de Rosalía de Castro
que se celebra o 24 de febreiro, día do nacemento da nosa autora. 

No Ateneo Ferrolán celebrarémolo cun acto este venres día 24 ás 20 h. no que participarán Rosa Martínez, Aurora Varela, Antón Cortizas e Rosa Méndez.

Aberto o espazo por se alguén quere sumarse e ler algún 
poema da nosa ilustre autora.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. 
A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails