Proxección Documental "Bom povo português". Martes 25 de abril ás 19 h.



Proxección Documental "Bom povo português". VO
Martes 25 de abril ás 19 h. no salón de actos do Ateneo
Entrada libre

25 de abril, sempre!

Proxección en versión orixinal do documental:

Bom Povo Português 

é um filme português de Rui Simões, um documentário histórico de longa-metragem que descreve a situação social e política de Portugal entre o 25 de Abril de 1974 e o 25 de Novembro de 1975, «tal como ela foi sentida pela equipa que, ao longo deste processo, foi ao mesmo tempo espectador, actor, participante, mas que, sobretudo, se encontrava totalmente comprometida com o processo revolucionário em curso (PREC)».

https://pt.wikipedia.org/wiki/Bom_Povo_Português

Exposición Fotográfica de Paula Iglesias. Do 10 de abril ao 31 de maio.


Exposición Fotográfica de Paula Iglesias

"A miúdo é xente. Retratos recortables"

Inauguración luns día 10 de abril ás 20 h.

Entrada libre 

Do 10 de abril ao 31 de maio nas salas de exposicións do #Ateneo (1ª planta)

Máis info: http://paulaiglesiasfoto.com/

Presentación libro: "Años de guerra y revolución. 1936-1939". Venres día 21 ás 20 h.


Presentación libro: "Años de guerra y revolución. 1936-1939"
Memorias de Antonio Seoane Vázquez 
(Comandante do exército republicano)
Venres día 21 de abril ás 20 h. no salón de actos do Ateneo

Participan:

 Jorge J. Suárez (Alcalde de Ferrol), Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia e autor do limiar), Antonio Couto (editor), Antón Seoane (familiar) e Eliseo Fernández (investigador)

Unha historia real sobre o golpe de estado de1936 e a guerra posterior, así como o exilio e a ruptura co pasado a través dunha reflexión contada en primeira persoa por un protagonista de excepción: o Comandante do exército republicano Antonio Seoane Vázquez.

Doazón Material Bibliográfico do Club de Prensa (Ferrol)











NOTA DE PRENSA


Doazón Material Bibliográfico do Club de Prensa (Ferrol)  
para a nosa Biblioteca - Hemeroteca

Baixo o marco de colaboración institucional do Ateneo Ferrolán, o pasado martes 21, a Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo acolleu unha importante doazón de monografías e revistas do Club de Prensa de Ferrol. Destacan publicacións de institucións culturais locais e comarcais como El Litoral, La Voz de Ortigueira, A Nova Unión, Porta Nova, Non Che Outra, etc.

A súa vez, continua recibindo material bibliográfico da empresa Recinor e colaborando co Centro Público de Educación e Promoción de Adultos de Teixeiro (E.P.A.P.U.); ao cal entregamos unha segunda doazón de libros.

Deste xeito, o Ateneo segue a reafirmar o seu compromiso colaborativo coas diferentes organizacións do tecido cultural e social da nosa comunidade.


En Ferrol, a 3 de abril de 2017.

A Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán

Sesión Vermú con Eugenia Sanmartin. Xoves día 13 a partir das 12 h.




Ven celebrar con nós 
"IX Conspirando por unha radio libre e comunitaria da terra de Trasancos"

Xoves día 13 de abril a partir das 12 h. 

Argallan: Ateneo Ferrolán e Radio Filispim-Colectivo OPAÍI

Este ano Rádio FilispiM e o Ateneo Ferrolán argalharom também umha Sessiom Vermut para celebrar o IX Conspirando por umha rádio livre, nela actuará Eugenia Sanmartín (Músicas do Brasil e outras Terras), vem e participa na autogestom do Ateneo e da Rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos

Haberá petiscos, photocall e sorteio de camisolas

Related Posts with Thumbnails