Doazón Material Bibliográfico do Club de Prensa (Ferrol)











NOTA DE PRENSA


Doazón Material Bibliográfico do Club de Prensa (Ferrol)  
para a nosa Biblioteca - Hemeroteca

Baixo o marco de colaboración institucional do Ateneo Ferrolán, o pasado martes 21, a Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo acolleu unha importante doazón de monografías e revistas do Club de Prensa de Ferrol. Destacan publicacións de institucións culturais locais e comarcais como El Litoral, La Voz de Ortigueira, A Nova Unión, Porta Nova, Non Che Outra, etc.

A súa vez, continua recibindo material bibliográfico da empresa Recinor e colaborando co Centro Público de Educación e Promoción de Adultos de Teixeiro (E.P.A.P.U.); ao cal entregamos unha segunda doazón de libros.

Deste xeito, o Ateneo segue a reafirmar o seu compromiso colaborativo coas diferentes organizacións do tecido cultural e social da nosa comunidade.


En Ferrol, a 3 de abril de 2017.

A Xunta Xestora do Ateneo Ferrolán

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails