Adianto Programación Cultural no Ateneo. Outubro 2017.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.9.17
Adianto
PROGRAMACIÓN CULTURAL no ATENEO FERROLÁN. OUTUBRO
2017
EXPOSICIONS
MES OUTUBRO:
-
FOTOGRAFIAS DE NEREA CORRAL LOPEZ (Sala de Exposicións 1)
-
FOTOGRAFIAS de ESPERANZA VAZQUEZ DOPICO (Sala de Exposicións 2)
-
EXPOSICION BIBLIOGRAFICA: “RECICLANDO CULTURA” (2ª planta)
-
EXPOSICION: SELOS E MOEDAS (3ª planta)
-
CLUB DE LECTURA do Ateneo (Mensual)
Martes
día 3 de outubro ás 19,30 h.
no Ateneo Ferrolán.
Animamos
a tod@s a participar desta emblemática actividade. Estamos
a ler: "La invención de Morel" do arxentino Adolfo Bioy
Casares
-
CHARLA ACOSO ESCOLAR: “A desigualdade no ambito escolar”
Mercores
día 4 de outubro ás 19,30 h.
no Ateneo Ferrolán.
-
COLECTIVO TEATRAL “FERROLUNA” (Semanal). Lectura de textos
teatralizados
Xoves
día 5 de outubro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
-
Grupo Filosófico CIRPÉN (Mensual)
Mércores
día 11 de outubro ás 19,45 h.
no Ateneo Ferrolán.
-
MASTER CLASS GUITARRA – LOCAIS ENSAIO FERROL
Venres
día 13 de outubro ás 18 h. no
Ateneo Ferrolán.
-
Presentacion Libro de Fotografia de Fran Nieto
Venres
día 20 de outubro ás 18 h. no Ateneo Ferrolán.
-
Presentacion Libro "Radio Liberty: La CIA en playa de Pals"
de Rosa Cal
Xoves
día 26 de outubro ás 19,30 h.
no Ateneo Ferrolán.
Contaremos
coa presenza de Xosé Manuel Pereiro, Xulia Díaz e a autora Rosa
Cal.
Os
alicerces da radio eran: a CIA, grandes empresas coas súas achegas
económicas, e os militares. O seu labor era emitir propaganda aos
países da URSS, co obxectivo de conseguir a súa liberación.
Facíano desde España que estaba secuestrada por unha ditadura. Foi
das máis potentes do mundo, co material máis novo no seu momento.
-
Inauguracion Exposicion e Charla sobre Selos e Moedas
Venres
día 27 de outubro ás 18 h.
no
Ateneo Ferrolán.
Martes
de Cine. Ciclo JERRY LEWIS ás 19 h. (Semanal)
Martes
día 3 de outubro: “El terror de las chicas”
Ano
1961 Duración 106 min. País EEUU Director Jerry Lewis
Martes
día 10 de outubro: “El rey de la comedia”
Ano
1982 Duración 109 min. País EEUU Director Martin Scorsese
Martes
día 17 de outubro: “El profesor chiflado”
Ano
1963 Duración 107 min. País EEUU Director Jerry Lewis
Martes
día 24 de outubro: “El botones”
Ano
1960 Duración 72 min. País EEUU Director Jerry Lewis
Martes
día 31 de outubro: “Mi amiga Irma”
Ano
1949 Duración 103 min. País EEUU Director George Marshall
Ter en conta que soamente é un adianto, haberá máis e ademáis .....
Visita
a nosa Biblioteca-Hemeroteca, te esperamos!
De
martes a venres de 17 a 21 h.
Sábados
de 10,30 a 13,30 h.
Club de Lectura do Ateneo. Martes 3 de outubro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 19.9.17
Retomamos o noso CLUB LECTURA do ATENEO FERROLÁN - ¡ APÚNTATE !
Martes día 3 de outubro
ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade.
Estamos a ler:
"La invención de Morel" do arxentino Adolfo Bioy Casares
La invención de Morel es una novela escrita en 1940 por el argentino Adolfo Bioy Casares. La obra, que constituye un ejemplo clásico de la literatura fantástica en idioma español, probablemente sea la más famosa entre las escritas por dicho autor. En el prólogo, Jorge Luis Borges expresa, respecto de su trama, que no le parece «una imprecisión o una hipérbole calificarla de perfecta».
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo todos os primeiros MARTES DE CADA MES.
Etiquetas: Actividades, Club de lectura, Letras, Libros
Tomás Barros: Un novo cadro doado ao Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.9.17
“Bodegón do prato amarelo”
Un novo cadro doado ao Ateneo Ferrolán
Os
fillos do pintor e escritor Tomás Barros Pardo (1922-1986) doan o
óleo “Bodegón do prato amarelo” ao Ateneo Ferrolán para
premiar e agradecer o gran labor e os esforzos realizados por esta
entidade durante toda a súa prolongada existencia en prol da
expansión cultural neste concello e en Galicia en xeral.
Tomás
Barros traballou e investigou en diferentes campos intelectuais e
artísticos existindo discrepancias á hora de inclinarse polos máis
destacados, pero absoluta unanimidade acerca das raíces humanistas
que os caracterizan. Comezou coas súas inquietudes artísticas e
intelectuais desde a súa mocidade polo Ferrol dos anos 40.
Discípulo, con José González Collado e Ricardo Segura Torrella, de
Bello Piñeiro, termina estudando Belas Artes en Madrid. A finais de
1951, xunto con Miguel Carlos Vidal - posteriormente Mario Couceiro -
e inducidos desde tempo atrás por Ricardo Carballo Calero, cofundan
e editan a revista de poesía e crítica literaria “Aturuxo”,
unha das máis carismáticas e apreciadas na España daqueles tempos.
É soamente no campo da filosofía - polo que máis sentía atraído
- onde se quedou inédito todo o seu traballo.
Este
acto súmase a unha serie doutros similares que perseguen depositar
gran parte da obra plástica máis representativa do artista en
entidades públicas e asociacións de relevancia afíns á súa
persoa para que todos aqueles que queiran contemplala ou investigala
poidan acceder a ela.
Acto de entrega ao Ateneo Ferrolán por parte do fillo do pintor Tomas
Pedro Barros Cao o 14 de setembro 2017 e que pasará a formar parte do patrimonio artístico desta entidade.
Na foto membros da Xunta Xestora e Tomás Barros (fillo)
Etiquetas: Patrimonio, Pintura
Xa temos a LOTARÍA de NADAL co nº 65377
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 14.9.17
TEMOS LOTARÍA DE NADAL
Participacións de: 2,50 € + 0,50 € (colaboración)= 3 €
Nº 65377
Colabora e participa!
Síguenos:
No facebook
No Twitter: @ateneoferrolan
Presentación do libro de Angel Cardín: “Le Temps des cerises". Venres 15 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.9.17
Presentación do libro de Angel Cardín :
“ Le Temps des cerises
( a vida na prisión naval de Ferrol do
caudillo 1968- 69-70 ) “
Venres, 15 de setembro de 2017 ás 20 h.
Editado por Fundación 10 de marzo .
O libro leva Prólogo do historiador José Alvarez Junco
(un dos máis respectados de España)
Ademais do autor, que comentará unha ducia de diapositivas
referentes ao tema, contaremos ca presenza de Rafael Pillado,
sindicalista fundamental naqueles difíciles momentos ; de Xan María
Castro, veterano sindicalista e Presidente da Fundación 10 de marzo,
e de Juan Sotres, economista madrileño, que estivo na Prisión de
Caranza na dura época que narra o libro .
O libro non son unhas memorias nin unha novela senón un
relato-testemuño ( baseado en papeis da época) da vida na Prisión
Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, nos finais
do franquismo, repasando os diferentes presos, de onde veñen e como
os xulgan; a dureza da estancia na prisión ( con oito horas de
traballo, vixilancia exterior armada e interior por parte de
sarxentos da Mariña, mala alimentación e castigos durísimos; sen
prensa nin radio, poucas visitas e correo censurado de entrada e
saída ) . Pero en certa medida, os protagonistas son Ferrol e a
Xustiza Militar, pois se fala tamén da Construción Naval e os seus
problemas, da Ría e a súa dedicación á Mariña, dos sucesos do 10
de marzo de 1972 e do papel da Prisión de Caranza nos mesmos; tamén
de presos coñecidos que pasaron despois por alí como Miláns do
Bosch. Un último capítulo, de posta ao día 47 anos despois, tenta
un repaso da traxectoria dalgúns presos e de valorar a evolución
da Xustiza Militar que presenta moitas lagoas, despois de 40 anos de
democracia .
Etiquetas: Actividades, Libros, Memoria Histórica
Presentación do disco “Amandangadamente” de Javi Mandango. Venres 8 de setembro ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 6.9.17
Presentación do disco “Amandangadamente” de Javi Mandango
Entrada 2 €
JAVI MANDANGO - AMANDANGADAMENTE
O disco “Amandangadamente” de Javi Mandango sae á luz tras un longo período de espera. Trátase do primeiro traballo en solitario deste cantante cómico e artista multidisciplinar precario, logo de convertires o antigo dúo “La Mandanga” no seu proxecto persoal actual.
Grabado durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro de 2016 nos estudios 'Mi Puta Casa Records' e 'Ansede Mordor Studios' e autoproducido polo propio artista, conta con colaboracións estelares como a do agropachangueiro 'Xente de Lona', a sedosa voz de Tania Redondo, o baixo eléctrico do seu irmán Sonic, Fernán Varela (cantante de Sandford Music Factory) ou o RnR One Man Band 'O Bo de Vil', que prestou a súa voz e instrumentos, así como tamén a súa sabedoría nas labores de masterización.
O traballo consta de dez temas e unha pista extra, nos que se atopan letras con altas doses de humor satírico e políticamente incorrecto, non apto para mentes fácilmente traumatizables. Drogas, sexo e humor escatolóxico mesturado con guitarras, turutas e moito desenfado.
Está dispoñible en formato físico e tamén en descarga dixital na web lamandanga.bandcamp.com
Máis info:
https://drive.google.com/ file/d/ 0BwOQ0rnaU36ROTV0WkEtcTZ5dV k/view?usp=sharing
O disco “Amandangadamente” de Javi Mandango sae á luz tras un longo período de espera. Trátase do primeiro traballo en solitario deste cantante cómico e artista multidisciplinar precario, logo de convertires o antigo dúo “La Mandanga” no seu proxecto persoal actual.
Grabado durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro de 2016 nos estudios 'Mi Puta Casa Records' e 'Ansede Mordor Studios' e autoproducido polo propio artista, conta con colaboracións estelares como a do agropachangueiro 'Xente de Lona', a sedosa voz de Tania Redondo, o baixo eléctrico do seu irmán Sonic, Fernán Varela (cantante de Sandford Music Factory) ou o RnR One Man Band 'O Bo de Vil', que prestou a súa voz e instrumentos, así como tamén a súa sabedoría nas labores de masterización.
O traballo consta de dez temas e unha pista extra, nos que se atopan letras con altas doses de humor satírico e políticamente incorrecto, non apto para mentes fácilmente traumatizables. Drogas, sexo e humor escatolóxico mesturado con guitarras, turutas e moito desenfado.
Está dispoñible en formato físico e tamén en descarga dixital na web lamandanga.bandcamp.com
Máis info:
https://drive.google.com/
Etiquetas: Actividades, Concertos, Letras, Música en Directo
Presentación do libro: "No silencio dos lapis" de Branca Vilela. Xoves 7 de setembro ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.9.17
Presentación do libro: "No silencio dos lapis" de Branca Vilela
Xoves día 7 de setembro ás 20 h.
Contaremos coa presenza da autora Branca Vilela, Francisco Xosé Castiñeira ( Sub director do Diario de Ferrol, autor dun dos limiares do libro) e Rosa Méndez
A temática xira sobre a problemática do ACOSO ESCOLAR visto dende tres enfoques diferentes. Na primeira parte fala unha nai que despois duns anos enterase de que sua filla sufriu acoso durante moito tempo e aí entende a sua conducta (rebeldía; abandono escolar, drogas etc). Na segunda parte fala dos motivos polos cales un neno pode ser una víctima (obeso, extranxeiro, introvertido etc.) e a última parte trata do suicidio provado por todo isto.
A pretensión última do libro é que poda servir de lectura nos colexios, utilizado como pretexto de talleres, conversas, debates... de modo que incida en tomar conciencia e profundizar no tema co alumnado.
Etiquetas: Actividades, Letras, Libros, Presentacións