XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017. Días 20, 21 e 22 de decembro ás 19 h.

Participa e Difunde!
XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017

20, 21 e 22 de decembro de 2017 ás 19 h. no #AteneoFerrolán



Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.



Os días 20, 21 e 22 de decembro de 2017, levarase a cabo a XVII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.


A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.



E para os cinéfilos, lembrar que temos tódalas curtas de tódalas edicións na filmoteca 📽️ da

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/124500624881854/


Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 - Ferrol (Galiza)

correo electrónico: secretaria@ateneoferrolan.org

GRAZAS POR PARTICIPAR!

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails