Presentación "El libro negro del ejército español". Mércores día 31 de xaneiro ás 19,30 h.


Presentación "El libro negro del ejército español" 

o mércores día 31 de xaneiro de 2018 ás 19,30 h. 
no salón de actos do Ateneo.

Contaremos coa presenza do autor Luis Gonzalo Segura
Exteniente do Exército de Terra.

Organizado por Fuco Buxán

Presentación do Centro de Linguas - Universidade da Coruña. Xoves día 25 ás 20,30 h.

para o Campus de Ferrol Universidade da Coruña

Xoves día 25 de xaneiro ás 20,30 h. no #AteneoFerrolán
Entrada libre e gratuíta


Os cursos que ofrece o Centro de Linguas están abertos non soamente á comunidade universitaria senón tamén ao público en xeral.
Constatando o feito de que se asocia ás veces de forma exclusiva este Centro coa Universidade, propuxémonos que os cursos do Centro de Linguas déanse máis a coñecer entre a poboación de Ferrol e as súas institucións.
Desta maneira, as persoas interesadas na aprendizaxe de idiomas saberán que tamén teñen á súa disposición un Centro onde se imparten clases de calidade en cinco idiomas, ademais de promover un achegamento entre a Universidade e a cidade.

Exposición "Vivo en la carretera" de Pablo Herrero Coira. Do 10 ao 31 de xaneiro.


Exposición "Vivo en la carretera" de Pablo Herrero Coira
Do 10 ao 31 de xaneiro 2018 no #AteneoFerrolán

Inauguración mércores día 10 ás 20 h. 


Pablo Ferreiro Coira nado en Ferrol en 1979 estudou media carreira da diplomatura de empresariais na USC (Lugo) e outra media carreira da diplomatura de relacións laborais na UDC (Ferrol), posúe varios títulos doutras ramas, especialmente no mundo da música por exemplo o de técnico de gravación e traballou dous anos na SGAE como representante de Ferrol e comarca. No mundo da fotografía iniciou estudos nun FP de revelado fotográfico pero a causas dunha enfermidade viuse obrigado a deixala tras uns meses con boas notas. A pertencido seis meses ao Grupo de Fotografía Bazán, traballou como promotor da casa de fotos Olympus na Coruña no 2010 e esta é a súa segunda exposición en papel. 

Realizou no portal/editorial e medio de comunicación www.ratondebiblioteca.es e o seu blogue www.estadepinga.es 34 exposicións de diverso tipo de forma online con miles de visitantes ademais de ser o fundador e director do mesmo desde o 2007 ata hoxe. Actualmente está a realizar un curso no Cifem de técnico superior de Photoshop CS6.
Para máis información déixovos esta ligazón: http://www.ratondebiblioteca.es/fotografiash18. php A exposición é inédita e titúlase "Vivo en la carretera" lema de "Miguel Ríos" sendo unha selección propia de fotos dos máis de 100 concertos cubertos polo portal/editorial e medio de comunicación. Foron concretamente os Festivais máis importantes do Norte da provincia da Coruña no 2012 como o "Festival Celta de Ortigueira", "Festival 13 Muertes" de Ferrol, 
"Brincadeira festival" e "Rock en Cambre", " Beira Rock" en Mugardos e "As festas de Ferrol 2012". Son fotografías individualistas que pretenden achegar os artistas á vista do público onde eles non chegan xa que se realizaron no foso dos escenarios con obxectivos telex. Dentro delas están grupos de Alemaña ou o propio cantante de " Herdeiros dá Cruz".

"Chuvia" peza teatral de Anómico Teatro. Xoves día 4 de xaneiro ás 20 h.

"Chuvia" peza teatral de Anómico Teatro 
o xoves día 4 de xaneiro de 2018 no #AteneoFerrolán
Entrada: 5 euros + libro de regalo

FICHA ARTÍSTICA
Texto e dirección: Julio Fernández Peláez
Con: Roberto Leal, Alberto Rolán e Manu Dosouto
Axudante dirección e Movemento: Eva Alfonso González
Iluminación: Raquel Hernández / Pedro Fresneda
Espazo escénico: Montse Piñeiro e Julio Fernández

Sinopse: Watt e Olf, dous homes cun marcado trazo intelectual, atopan na súa vivenda un home espido e refuxiado baixo unha cadeira, un home do cal descoñecen todo, mesmo como chegou ata alí, e co que non chegarán a ter contacto, agás do visual, mais que espertará neles todo tipo de especulacións. Non é este, con todo, o incidente de maior magnitude que sobrevén na cotidianeidade de Watt e Olf. De súpeto, e coma nun soño, a cidade derrúbase, e os tres homes volven atoparse no medio dous cascallos.


O enlace ao video completo en youtube é:
https://youtu.be/M6HOZbRniV4

Exposición Colectiva Afouzarte Do 15 de decembro de 2017 ao 12 de xaneiro de 2018


Exposición Colectiva Afouzarte
Do 15 de decembro de 2017 ao 12 de xaneiro de 2018

Afouzarte, a partir do 15 de decembro no Ateneo Ferrolán.
Verónica Fachal, Aida López e Samuel González levan a cabo a exposición Afouzarte, que contará coa participación de distintos colectivos como ASPERGA. O vindeiro día 15 de decembro a partir das 20:00 terá lugar a inauguración de Afouzarte nunha das salas de exposicións do Ateneo Ferrolán. 
Afouzarte, é dicir, dispoñer o espírito que nos leva a actuar sen temor ós perigos ou dificultades, facendo referencia á seguridade que alguén ten en mesmo, é un proxecto que pretende integrar a diferentes persoas ou colectivos no mundo da arte, sen ningún tipo de discriminación.

Comporase dun total de 40 pezas de arte abstracta realizadas por alumnos do CPI Castro Baxoi (Miño), o EEI Fernández Varela (Pobra do Caramiñal), ASPERGA e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. 

Confrontaranse obras de diferentes colectivos xeralmente afastados do mundo artístico xunto con pezas de futuros licenciados en Belas Artes, empregando a arte abstracta como medio de expresión, chegando a converter o proceso pictórico en arte-terapia. Afouzarte enlazará tódalas pezas na sala de exposicións sen ficha técnica, de xeito que o espectador debe intuir o/a autor/a de cada unha das pinturas.


A inauguración contará coa presenza do comisariado da exposición, formado por Verónica Fachal Vázquez, Aida López Fernández e Samuel González Soliño (alumnos da facultade de Belas Artes), e os directores dos centros participantes no evento. 

A exposición terá lugar ata o 12 de xaneiro de 2018.



Related Posts with Thumbnails