Presentación Libro "Alma e o mar". Xoves 22 de febreiro ás 19,30 h.

Presentación do Libro "Alma e o mar"

de Francisco X. Fernández Naval



Xoves 22 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do #Ateneo


"Alma e o mar" é unha historia de mulleres que teiman por ser e por vivir nun mundo difícil, cheo de trampas e de violencias múltiples: familiar, social, laboral e, por suposto, tamén sexual. 

Contaremos co autor Francisco X. Fernández Naval e con Malores Villanueva da editorial Galaxia.

Proxección película "El camino inglés" de Manuel G. Bonome. Venres 23 de febreiro ás 20 h.

Proxección película "El camino inglés" 

de Manuel G. Bonome


Venres día 23 de febreiro ás 20 h. no salón de actos do #Ateneo


Título: EL CAMINO INGLÉS

Año: 2017 (Diciembre)
Género: Cortometraje de ficción Duración: 30 min aprox.
Idioma: Castellano País: España

Guión: Allan Smithee
Reparto: Orlando Villasenín, Lucía Guizán Trastoy Fotografía: Manuel G. Bonome
Dirección: Manuel G. Bonome Producción: SONIMA

DATOS TÉCNICOS
Imagen
Resolución: 1920x1080 ppp (FullHD) Formato: 16:9
Tasa de imágenes: 25 fps Exploración: progresiva Códec vídeo: H.264 Sonido
Sonido: estéreo Bits de audio: 24
Frecuencia de muestreo: 48 kHz Códec audio: AAC

velocidad de datos: medio/máx 10/15 Mbps

Enlace tráiler:
https://www.youtube.com/watch?v=c_uYq1MHNIM

Sinpse: Dous peregrinos, un home e unha muller, cada un por diferentes motivos, percorren en solitario o Camiño Inglés. No medio doutros peregrinos a casualidade fará que se crucen e empecen a camiñar xuntos. O Camiño serviralles de catarse pero tamén lles deparará sorpresas.

Exposición Fotográfica sobre Kenia "O sorriso da lúa" de Nuk López. Ate o 28 de febreiro ás 20 h.


Exposición Fotográfica sobre Kenia 

"O sorriso da lúa" de Nuk López

Do 15 ao 28 de febreiro de 2018

A presentación da exposición farase ás 20 h onde haberá unha pequena intruducción sobre o proxecto e o centro Namelok Naretoi para o que irán destinados o 50 % dos beneficios recaudados.

Durante o tempo da exposición haberá, a parte das obras expostas, láminas de diversos tamaños e postais á venda coas que colaborar co proxecto.

Estades tod@s convidad@s!!

http://nuklopez.com/

Presentación revista "Fuco Buxán nº 41" e Charla de Carmen Avendaño. Mércores 14 de febreiro ás 19,30h.

O mércores día 14 de febreiro ás 19,30 h. Fuco Buxán presentará no #AteneoFerrolán 
a súa revista nº 41 e contaremos, tamén, con a charla "Narcotráfico, consumo e represión" que impartirá Carmen Avendaño, Presidenta da Fundacion Erguete-Integracion

 https://www.facebook.com/funderguete/

Presentación novela "Gotas de rocío. Copos de nieve" de Finy Sesmonde. Venres 9 de febreiro ás 19,30 h



Presentación novela "Gotas de rocío. Copos de nieve" de Finy Sesmonde.

Venres día 9 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do #AteneoFerrolán

Organiza: Club de Prensa

Intervirán Julia Díaz Sixto, Xoán Rubia, Xaquín Roca.

Ferrol é o escenario no que transcorre parte da trama desta novela, o seu apoxeo económico e a súa decadencia, os seus costumes e formas de vivir esa época, partindo de mediados do século pasado, ata principios deste, e a través dos seus protagonistas trasládanos a esa cidade que foi o gran motor económico de toda a comarca...

Presentación do libro 'Siro'. Xoves 8 de febreiro ás 19,30 h.

  
Presentación do libro 'Siro'
xoves día 8 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo

Entrada libre

Presentación do libro 'Siro', unha monografía de 383 páxinas en gran formato na que se repasa, a través de textos e ilustracións, a traxectoria biográfica e artista do humorista gráfico Siro López.

Participarán o artista ferrolán Pedro Taboada que encargouse da coordinación do volume, así como o propio Siro , Luis Calvo da Xestora do Ateneo e peche protocolario do Presidente da Deputación Valentín González Formoso.

Boletín de novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca. Xaneiro 2018.



Boletín de novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca
Xaneiro 2018


Enlace a entrevista realizada en El Correo Gallego sobre a nosa biblioteca:

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/fernando-rivera-ateneo-ferrolan-ten-gran-hemeroteca-da-prensa-galega-correo-gallego/idEdicion-2018-01-03/idNoticia-1092245/

Related Posts with Thumbnails