Presentación Documental: "Touro-O Pino: A ameaza do cobre". Mércores 18 de abril ás 19,30 h.


Presentación Documental: "Touro-O Pino: A ameaza do cobre"

Mércores día 18 de abril ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán
Entrada libre.


Nós Televisión e Tingalaranga Audiovisual veñen de presentar ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflito xurdido polo proxecto de reabrir a mina de Touro e O Pino.


Xosé Bocixa (As Encrobas, 1967) dirixe ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario en que se mergulla na resposta veciñal ao macroproxecto que quer reactivar as antigas minas de cobre. 
Dá voz a veciños, alcaldes, científicos… para ofrecer un relato real do que está en xogo non só nesta comarca, senón tamén no país.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails