Conferencia e proxección audiovisual:
"Facendo Historia: Arqueoloxía galega en terras de Palestina"

Falarán: 

Juan Luis Montero (Universidade da Coruña) 
José Pardo (La Voz de Galicia)


Martes 5 de xuño de 2018 ás 19,30 h.

Coa colaboración da Sociedade Luso-Galega de Estudos Mesopotámicos

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. Xoves 21 de xuño ás 19,30 h.




Ferrol 31 de maio de 2018


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerido socio e socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o xoves día 21 de xuño de 2018 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, co seguinte


ORDE DO DÍA


1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión da Xunta Xestora
3.- Informe económico da Xunta Xestora
4.- Revocación ou renovación da Xunta Xestora
5.- Rogos e preguntas


Sen máis e agardando a túa asistencia, sempre imprescindible, recibe un cordial saúdo,




Asdo.- Xunta Xestora














Proxección Curtametraxe "3" de José Antonio Jiménez. Mércores 30 de maio ás 20 h.



Proxección Curtametraxe "3" de José Antonio Jiménez


O mércores día 30 de maio ás 20 h. no #AteneoFerrolán

Curtametraxe "3" escrita e dirixida por José Antonio Jiménez


Reparto: 
Iria Lamas, Miguel Abalo, Covadonga Berdiñas e José Leis


Sinopse: 
Ela pregúntase, ¿canto dura o amor?. 
Pero sabe que só desligándose emotivamente poderá avanzar.


Presentación Libro "Dietética digital para adelgazar al Gran Hermano" de Víctor Sampedro. Venres 25 de maio ás 19,30 h.



Presentación Libro "Dietética digital para adelgazar al Gran Hermano"
de Víctor Sampedro

Venres día 25 de maio ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán

Organiza: Fuco Buxán

La dieta informativa

La peor manera de conectarse a los demás, explica Sampedro, es hiperconectarse a las redes. Del mismo modo, comentamos que el mejor modo de mantenernos en la desinformación es atiborrarnos a todas horas de lo que parecen noticias. La información era, como la comida, un bien escaso, y los periodistas se esforzaban por encontrarla y ofrecer cuanta más, mejor. 

Nuestra misión hoy es la contraria: seleccionar, filtrar y verificarla para ayudar al ciudadano a distinguir entre los ecos –a menudo interesados, narcisistas, banales o simplemente falsos– y las voces que merecen ser atendidas. Pero la mejor manera de frenar las mentiras en la red es dar contexto, es decir educar, mejorar la formación que permite descubrirlas.

Presentación do libro "Castelao na arte europea" de Siro López. Xoves 24 de maio ás 19,30 h.


O xoves día 24 de maio ás 19,30 h. no #Ateneo 
Presentación do libro "Castelao na arte europea" de Siro López.
Edita: Garañón Editora
Siro Lopez Lorenzo leva máis de corenta anos estudando a obra de Castelao.
Neste amplo e documentado traballo ofrécenos o seu punto de vista sobre o rianxeiro desde diferentes enfoques, como debuxante, humorista e caricaturista, no contexto dunha Europa da primeira metade do século XX onde esas manifestacións acadan momentos de grande esplendor, e conclúe que Castelao non estivo á marxe senón no grupo de vangarda dos debuxantes europeos do seu tempo.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/191848918093147/

Presentación Revista OLGa. Revista de Poesía Galega en Madrid. Sábado 19 de maio ás 12,30 h.


Presentación Revista OLGa. Revista de Poesía Galega en Madrid. 
Este último número está dedicado a Carvalho Calero
Sábado día 19 de maio ás 12,30 h. no Ateneo Ferrolán

Intervirán: Vicente Araguas e Xosé María Dobarro


A revista OLGa de poesía galega en Madrid foi un dos últimos soños literarios de Sabino Torres, o editor responsable da primeira colección poética en galego na posguerra. 

A revista está realizada por tres poetas: Vicente Araguas (director), Rafael Yáñez (subdirector) e Manuel Pereira (secretario) e o seu primeiro número dedicouse ao grupo Bilbao, un grupo dunha vintena de poetas galegos que se reunían en Madrid no Café Comercial.

Exposición sobre "Hildegart Rodríguez Carballeira". Martes día 15 de maio ás 20 h. na Casa da Xuventude de Ares




Exposición sobre "Hildegart Rodríguez Carballeira" do Ateneo Ferrolán

Do 15 ao 31 de maio na Casa da Xuventude de Ares

Inauguración martes día 15 de maio ás 20 h. con 
Charla-Coloquio no que intervirán: Eliseo Fernández e Luis Calvo

Organiza Concellaría de Cultura do Concello de Ares

http://www.concellodeares.com/ampliacalen.php?cod=1836




Presentación en Ferrol do libro
  ‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’
o venres 11 de maio, no #Ateneo ás 19:30 horas, coa eurodeputada Lídia Senra.

Lídia Senra chama a rebelarse contra o machismo que campa na xustiza, que castiga ás mulleres e que segue provocando dor e sufrimento.
Despois de ser presentado noutras cidades e vilas da Galiza, chega a ferrolterra a presentación do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa” coordinado pola eurodeputada Lídia Senra. No acto público, que dará comezo ás 19:30 horas, intervirán ademais da propia europarlamentaria e Estrela Gómez Viñas, coordinadora Agamme. Asociación Galega contra o Maltrato a Menores

https://artabra21.blogspot.com.es/2018/05/presentacion-en-ferrolterra-do-libro-o.html?utm_source=feedburner

Presentación do libro "Contra todo isto. Un manifesto rebelde" de Manuel Rivas. Xoves 10 de maio ás 19,30 h.


O xoves 10 de maio, 2018, ás 19,30 horas, no Ateneo Ferrolán 
presentación do libro "Contra todo isto. Un manifesto rebelde" de Manuel Rivas

Organiza Fuco Buxán
O escritor galego Manuel Rivas recompilou en "Contra todo isto: un manifesto rebelde" unha antoloxía de textos escritos "cun sentimento de vergoña" polo actual "tempo de distopía", na que se defende a "importancia das palabras".
"Hoxe en día hai unha maior capacidade de contaminación das palabras, que son vítimas. De feito, están a ser penalizadas, como en España, onde parece que hai unha obsesión por controlar ata as coplas", ironizou nunha entrevista o autor.
Rivas fala desa "penalización" da liberdade de expresión que se está vivindo en España, pero alertando de que se trata dun país "cuxa sociedade foi moi sensible á vergoña historicamente".

Boletin marzo-abril 2018 da nosa Biblioteca-Hemeroteca



Boletin marzo-abril 2018 da nosa Biblioteca-Hemeroteca

DE INTERESE
Dixitalización de “El Litoral Gallego” (28/12/1983 – 18/02/1984), “El Ferrol del Caudillo, guía de la ciudad 1945”, “La ciudad de El Ferrol del Caudillo, año 1951”
Doazón “Luzes” revista inconformista e disidente de Galicia.

Related Posts with Thumbnails