Presentación novela de Xavier Alcalá "The making of". Luns día 1 de outubro ás 19,30 h.


Presentación da novela de Xavier Alcalá "The making of"
Luns día 1 de outubro ás 19,30 h. no #Ateneo

O vindeiro luns día 1 de outubro ás 19, 30 horas vai ter lugar no Ateneo de Ferrol a presentación da novela de Xavier Alcalá “Making of”, unha nova achega deste prolífero escritor que xa ten editadas obras consideradas clásicos contemporáneos coma por exemplo “A Nosa Cinza”. 
Nesta ocasión Alcalá introdúcenos nunha novela na que aparece un proceso de investigación co gallo de aclarar unha morte na Patagonia e as vicisitudes dun emigrante que fracasa na súa arela, amosando unha situación que na emigración galega na Arxentina foi relativamente frecuente: un fracaso que leva ao seu protagonista a se meter de cheo en todo tipo de violencias e negocios clandestinos.
A editora da obra é “Galaxia” e preséntase en Ferrol baixo o patrocinio do Ateneo e do Club de Prensa: convén lembrar que Xavier Alcalá foi e é un colaborador axiduo na prensa. 
Esperamos contar convosco.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails