Proxección "Mali Blues". Venres 28 de setembro ás 20 h.


Proxección "Mali Blues"
Venres día 28 de setembro ás 20 h. no Ateneo

Organiza: Sons Revela2  
Entrada libre

Mali Blues


Director Lutz Gregor

Germany / 94 min. / 2016 / Bambara, Arabic, French

Como cantar nun país sen canto.  Mali, berce do  blues do deserto, ve como os  yihadistas vetan a música “ impura”. Ardua faena, acalar o son dos homes: os músicos resístense a pechar a boca e elevan a súa voz; pola harmonía, polo país, pola música.  Mali  Blues móstranos a diversos músicos analizando o exilio, a conciliación ou a ruptura. Todos eles son bardos do infortunio,  versificado con gozo e esperanza. E algunha guitarra eléctrica. Pero non todos ven a situación do mesmo xeito.  Fatoumata  Diawara e Ahmed Ag  Kaedi comparten o seu queixume, discuten temas de xénero (a terrible ablación), insisten en que “a música non ten nada que ver con Deus” e admiten non recoñecer ao seu propio país.  Master  Soumy, co seu combativo rap maliano, enfróntase de maneira directa á prohibición.  Bassekou  Kouyaté, doutra banda, representante dos  griots (músicos que acougan á poboación coa súa arte) avoga polo pragmatismo e o perdón: “non podemos alimentar o odio se queremos vivir da nosa música”. 
Pero todos comparten a mesma meta: unir ás 300 etnias do país na paz.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails