Palestra "Dereitos e abusos na empregada do fogar". Venres 24 de novembro às 19.30 h.


Palestra "Dereitos e abusos na empregada do fogar" 
venres 24 de novembro às 19.30 h no #AteneoFerrolán

#LoitaContraAsFronteiras #SenNósNonSeMoveOMundo
Organiza: Foro Galego de Inmigración

#NiUnaMenos #25N #Ferrol #Galiza


XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017. Días 20, 21 e 22 de decembro ás 19 h.

Participa e Difunde!
XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017

20, 21 e 22 de decembro de 2017 ás 19 h. no #AteneoFerrolán



Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.



Os días 20, 21 e 22 de decembro de 2017, levarase a cabo a XVII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.



A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.


Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.



E para os cinéfilos, lembrar que temos tódalas curtas de tódalas edicións na filmoteca 📽️ da

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/124500624881854/


Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 - Ferrol (Galiza)

correo electrónico: secretaria@ateneoferrolan.org

GRAZAS POR PARTICIPAR!

MOSTRA “CINEMA E SOCIEDADE 2017”. FALAMOS de: INFANCIA. Novembro 2017










MOSTRA “CINEMA E SOCIEDADE 2017”
DIA de COMADRES. FALAMOS de: INFANCIA
Novembro no #AteneoFerrolán ás 19,30 h. Organiza: Asociación CONXEITO

A Mostra Cinema e Sociedade ten como obxectivo principal contribuir a coñecer a nosa realidade promovendo o debate por medio do uso do mundo da imaxe e render unha homaxe pública a entidades, homes e mulleres que veñen desenvolvendo a súa labor neste eido dun xeito comprometido coa sociedade. Velahí a creación da figura da Mención Especial que pretende recoller esa homaxe.A Mostra “Cinema e Sociedade 2017” realizaráse no espacio físico da comarca de Ferrol. A ubicación da Mostra poderá distribuírse en varias sedes ou localidades e a realización das súas actividades manterá un carácter multidisciplinar e sectorial, así coma rotativo, en función da demanda das entidades sociais interesadas na súa participación.

DÍA de COMADRES, será a vía directa que a Asociación CONXEITO ofrecerá a partir do presente ano coincidíndo coa celebración mundial de eventos da loita social contra as diferentes enfermedades e discapacidades e desenvolveráse en duas modalidades:
a) A primeira aberta e pública con temáticas xerais que se desenvolverán nas sedes oficiais da Mostra
b) Unha segunda vía reservada para aqueles Centros de Ensino ou entidades sociais que soliciten un tema concreto a desenvolver nos seus locais.
“Cinema e Sociedade 2017” tentando chegar a un espectro máis amplo da sociedade invitará á participación directa no Cine Fórum a aqueles colectivos sociais implicados nas diferentes temáticas que se tratarán na mesma.
MOSTRA “CINEMA E SOCIEDADE 2017”. DIA de COMADRES. FALAMOS de: INFANCIA
ATENEO FERROLÁN. Programa. Novembro
Xoves 16 XUSTIZA ADAPTADA Á INFANCIA 
19,30 h. Proxeccións:
AntiBulling. Amigas de Infancia. Fundación
Cine Fórum . Mesa Redonda
AGAMME (Estrela Gómez)
Psicóloga Forense (Beatriz Dorrio)
Luns 20 “Niños y niñas: Adopcións especiales”
19,30 h. Proxeccións:
Cine Fórum: “Fundación MENIÑOS”
Ana González
Olalla Tajes
Venres 24 NENOS HIPERACIVOS. ETIQUETAS 
19,30 h. Proxección:
Como identificar un niño hiperactivo
Diagnóstico y perfil de un niño hiperactivo
Cine Fórum: Mesa Redonda
ASPANEPS
ANHIDA
Luns 27 ACOSO ESCOLAR E NAS REDES 
19,30 h. Proxeccións:
Acoso Escolar (3 min. 57 sgs.)
Bullyng Acoso (5 min. 8 sgs.)
Corto IES Carballo Calero
Cine Fórum: Mesa Redonda
IES Carballo Calero
CEIP Recimil
GALA MENCIÓN ESPECIAL

"Estórias ao pé dum carvalho" com Quico Cadaval. Mércores 15 de novembro ás 20,30 h.



"Estórias ao pé dum carvalho" com Quico Cadaval!!

O mércores día 15 de novembro ás 20,30 h. no #Ateneo 

Entrada 5 €

Actividades polo 30 aniversario da publicación do romance Scórpio de Ricardo Carvalho Calero.

Trinta anos depois da sua apariçom o enigmático e extraordinário romance 'Scórpio', de Ricardo Carvalho Calero, é reeditado pola Através Editora. Para celebrar este regresso do livro às livrarias a AGAL - Associaçom Galega da Língua realiza um lançamento muito especial com um repértorio de histórias de Quico Cadaval sob o nome de “Estórias ao pé dum carvalho” e a exibiçom do booktrailer realizado pola Illa Bufarda.

Também está a nova no Portal Galego da Lingua:

Exposición "Galicia en Foco". Ate o 30 de novembro.


Exposición "Galicia en Foco", cuxo premio, este ano, recaeu nesta 26ª edición no fotoperiodista Felipe Carnotto, coa fotografía que ilustra a invitación.

Do 11 ao 30 de novembro no #Ateneo

Inauguración e entrega dos premios o sábado día 11 de novembro ás 19,30 h. 
na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán.

Organiza: Club de Prensa de Ferrol
https://www.facebook.com/Galicia-en-FocoClub-de-Prensa-de-Ferrol-919947734792834/



O xurado decidiu outorgar o galardón de "Foto do ano" 2017 ao fotógrafo 
Felipe Carnotto
a esta foto publicada no "Diario de Pontevedra" que titula 
"Fuxindo do Lume" 

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1578349635559138/

Exposición de pintura " Anacos da alma" de Montse Pernas. Novembro 2017


Exposición de pintura " Anacos da alma" de Montse Pernas
Do 1 ao 30 de novembro

Convidámoste a Inauguración da exposición o venres día 3 de novembro as 20 h.

Máis info: https://www.facebook.com/mpcambeiro

Exposición e Charlas Numismática Galega. Ate o 10 de novembro 2017



Exposición e Charlas Numismática Galega

Venres día 27 de outubro ás 17,30 h.

Organizada polo Círculo Filatélico e Numismático de Ferrol

Inauguración da Exposición Numismática Galega ás 17,30 h. e que poderá ser visitada ate o 10 de novembro nas salas de exposicións do #AteneoFerrolán

Ás 18,30 h. charla de Aurelia Balseiro "Percorrido pola colección numismática" do Museo de Lugo

Ás 19,15 h. Charla de Antolín Zapiraín e Antón Rey "Catalogación da moeda galega"

No #AteneoFerrolán na rúa Magdalena 202-204 (aparece errónea no cartaz) con entrada libre.

Fotos: https://www.facebook.com/pg/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1927111044211540

Nova publicada: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/10/25/exposicion-sobre-historia-monetaria-galicia/0003_201710F25C11993.htm

Related Posts with Thumbnails